A toponimia do concello de Ribadeo é un reflexo da rica macro e micro historia das poboacións que aquí se asentaron e medraron.
Xa que logo, atopamos desde innúmeros topónimos de orixe prerromana, entre os que temos o río Eo e posiblemente tamén Arante. De aí pasamos aos de orixe romana e seguimos cos ecos de antigas uillae altomedievais como Cinxe, Marelle ou Vilausende. A Graña tamén é de orixe medieval, como puideron ser tamén Os Bestilleiros. Xa máis preto dos nosos tempos, as doenzas d'Os Malatos tamén se achegan á toponimia do concello.
A páxina achega, pois, este percorrido, en orde alfabética, que pretendemos sexa usado como material de consulta para aqueles que tivesen interese polo que hai agochado tras dos nomes dos lugares.
Nota: non reproducimos a lista exhaustiva, excluímos aqueles con significado transparente.
----------
ABAIRA, A (microtopón. de Ove)
ABAIRA, A (microtopón. de Arante)
Comezamos a lista cun topónimo interesante pero cunha interpretación controvertida.
ARREDO, O (microtopón. de Vilaselán)
O termo "arredo", do latín ad retro, refire a unha situación separada ou afastada.
Para o caso deste topónimo, asociado a un farallón costeiro,o topónimo remitiría por tanto á situación relativamente afastada do farallón. Con todo, tratándose dun elemento costeiro, moitas veces os topónimos aluden a termos xocosos non sempre cunha interpretación simple.
ARREXOÁ (microtopón. de Couxela)
Debe de tratarse dun antigo diminutivo arroiola, de arroxa, variante de arroio.
AVIEGA, A (microtopón. de Couxela)
AVIEGA, A (microtopón. de Vilausende)
AVIEGAS, AS (microtopón. de Cedofeita)
AVIEGAS, AS (microtopón. de Covelas)
BISPOS, OS (Couxela -lugar dos Bispos)
Aludirá á pertenza deste lugar á xurisdición episcopal.
Tamén podería interpretarse como o alcume dos antigo posesor. Así, Boullón mencionao na onomástica persoal altomedieval (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
BIXOTEIRAS, AS (microtopón. de Vilaframil)
Alude a un lugar onno que de se xuntan ou aniñan os bexatos, tamén chamados buxatos ou miñatos. A existencia dun topónimo abundancial para estas aves non sería estraña, igual que atopamos (sen sermos exhaustivos): Corveiras, Gralleiras (grallas), Pegueiras, Aguieiras, Azoreiras, Gaveiras (gaivotas). Temos neste concello tamén "As Lavanqueiras" (ver entrada correspondente).
Atopamos tamén en Ribadeo "A Rigueira do Bexato", que nos mostra o uso local da forma "bexato".
BURELAS, AS (microtopón. de Vilaselán)
Topónimo que alude á procedencia da persoa que foi posesora destes predios. A formación posesivo / adxectival "burelas", de "As (terras de) Burela", é frecuente na toponimia galega.
CADARRAMIL (microtopón. da Devesa)
Forma derivada do sintagma "Cas(a) de Ramil", remitindo ao apelido do posesor do predio.
O apelido Ramil ten a maior frecuencia no norte das provincias da Coruña e Lugo (Área Mindoniense), e deriva dun topónimo Ramil, que á súa vez vén de (uilla) Ranimiri, remitindo a unha uilla altomedieval pertencente a Ranimirus, nome de orixe xermánica.
CAENLLA, A (microtopón. de Ove)
CAENLLA, A (microtopón. de Piñeira)
O mesmo que "cale"/canle, tanto no sentido de "canal" como no de "declive, pendente, parte baixa dunha finca ou monte".
É interesante ver que conserva o "n" provinte da nasalidade, tal como ocorre nas variantes "quenlle" e "quenlla". Noutras zonas pasou a "caella", "quella" (con grafía quelha en portugués).
CACHELOS, OS (microtopón. de Ove)
CACHELOS, OS (microtopón. de Cedofeita)
O significado deste topónimo é transparente, diminutivo de cacho "pedazo, peza", co antigo sufixo -elo, remitindo a unha peza pequena de terreo. É un topónimo, xa que logo, paralelo aos existentes "A Peza" ou "Os Cachos".
Non ten, obviamente, relación directa coa acepción de "porción de pataca cocida".
CACHOPA, A (microtopón. de Covelas)
CACHOPAS, AS (microtopón. de Cedofeita)
O dicionario define "cachopa" como 'toro (tronco) groso e vello, ben aínda en pé ou xa cortado'. Tamén como "cepo". Tronco seco, ou medio seco, de árbore, especialmente castiñeiro.
Para "cachopo", aclaranos que se "diferencia da cachopa en que esta indica árbore de maiores dimensións" (cf. DdD).
CADAVAL, O (microtopón. de Vilaframil)
CADAVAL, O (microtopón. de Arante)
CADAVAL, O (microtopón. de Ove)
Lugar onde abundan os cádavos:"toxal queimado no que permanecen os cepos dos toxos en pé" (cf. DdD).
CALEIRO, O (microtopón. de Ove)
CALEIROS, OS (microtopón. de Vilausende)
Topónimo que alude a un lugar onde se localiza un forno para queimar a pedra de facer cal.
Nalgúns casos pode aludir á dedicación ou alcume do posesor do predio.
CALVARIO, O (microtopón. de Couxela)
CALVARIO, O (microtopón. de Arante -lugar de Remourelle)
Referido á existencia de cruces, ligadas ao culto do Via Crucis.
CAMBELA, A (microtopón. de Vilaselán)
Unha "cambela" é un pau retorto. Por extensión, un arado antigo.
Unha orixe alternativa sería do diminutivo de "camba".
Podería neste caso corresponder co alcume de antigo propietario (ou propietaria). É común na toponimia indicar a posesión via a adxectivación a partir do nome : neste caso "leira do Cambelo" > Cambela.
CAMPAS, AS (microtopón. de Couxela)
O topónimo "Campa" remite aquí a unha "campiña no monte". Esta voz deriva de "campo", sendo a forma en femenino indicando un maior tamaño (cf. sacho-sacha).
A acepción para "campa" de "laxe de sepultura" é improbábel, non encaixaría que tivese tantas ocorrencias na toponimia, aínda que nalgúns casos pode ser o caso.
CAMPÓN, O (microtopón. de Ove)
CAMPÓN, O (microtopón. da Devesa)
CAMPÓN, O (microtopón. de Cedofeita)
CAMPÓN, O (microtopón. de Covelas)
CAMPÓN, O (microtopón. de Vilausende)
CAMPÓS, OS (microtopón. de Ove)
CAMPÓS, OS (microtopón. de Piñeira)
CAMPÓS, OS (microtopón. de Covelas)
CAMPÓS, OS (microtopón. de Vilausende)
O termo "campón" remite a un prado de secaño de moita extensión. Cf DdD.
CAMPOSA, A (microtopón. da Devesa)
CAMPOSA, A (microtopón. de Covelas)
CAMPOSA, A (microtopón. de Couxela)
CAMPOSA, A (microtopón. de Vilaframil)
CAMPOSAS, AS (microtopón. de Vilausende)
O topónimo "camposa" remite a un campo grande e chan (cf. DdD).
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, maiormente nas provincias da Coruña e Lugo.
CANDAL, O (microtopón. de Arante)
O termo "candal" indica un garabullal, un lugar onde abundan os "candos", "garabullos", "guizos", "vara para alumar" (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
En Galicia rexístranse outros topónimos relacionados: Candaedo, Candaendo, a Canda, o Candal, Candaoso, Candaosa, Candaira, etc. En Asturias, León e Zamora existen as formas correspondentes Cándano, Cándana, Candanal, etc.
CANTAL, O (Rinlo)
O termo "cantal" aparece no dicionario de Juan Cuveiro Piñol (1876) como "cantazo, piedra..", e no de Francisco Porto Rey (1900c) como "Piedra de grandes dimensiones".
Atopamos outros "O Cantal" no concello de Sarria.
CANTARRÁ (barrio urbano de Ove)
Este topónimo aparece no Catastro de Ensenada para Ove (1752) como "Campo de cantala Rana", e o mesmo no de Vilaselán. Igualmente no Diccionario de Madoz (1840) como Canta-la-rana, a súa forma castelá.
Os topónimos "Cantalarrana" e "Cantarrana", así como as (posiblemente novas) formas en galego Cantarrá abundan por toda a xeografía galega, tanto para núcleos de poboación como de terras. O topónimo Cantalarrana non só abunda en Galiza mais tamén por toda a xeografía española.
O significado directo do topónimo é transparente: un composto do verbo cantar e o zoónimo castelán rana ‘ra’.
Estes topónimo non son, por tanto, topónimos patrimoniais galegos, senón que terían aparecido tardiamente, tendo nacido na forma en castelán.
Amais das localidades chamadas Cantalarrana tamén atopamos as correspondentes formas galegas Cantarrá en Mugardos e Ribadeo, así como Cantarrán en Salvaterra de Miño. Estas formas galegas semella seren recentes, probablemente a partir doutros Cantalarrana.
O etimólogo López Boullón, menciona documentación de 1664 dunha Cantalarran para unha herdade en Outes, así como nun documento de 1582 para unha rúa coruñesa de "Canta la Rana" (cf. Xosé R. López, "Toponimia de Ames").
López Boullón postula que, tendo en conta o feito de moitos dos microtopónimos Cantalarrana galegos seren 'lugares próximos á igrexa parroquial, ou incluídos nas súas propiedades (ademais de húmidos, aptos para verse poboados polas ras que xustifican o nome) pode facer pensar que foron os párrocos os que difundiron este nome castelán “de repertorio” na toponimia rural galega a partir do século XVI'.
CANTÍN, O (microtopón. de Ove)
CANTÍN, O (microtopón. de Piñeira)
CANTO, O (microtopón. de Ove)
O topónimo "Canto" é frecuente en Galiza, incluíndo os derivados Cantelo, Cantiño, Cantón.
No caso de "Cantín" presenta a forma de diminutivo en -ín.
O apelativo "canto" tén varias acepcións en galego; a que xeralmente encaixa na toponimia é a de "recuncho", "lugar apartado", "saliente", "lado". Isto é particularmente probable en topónimos como "O Canto do Pazo" (Cervo), "O Canto da Vila" en Silán (Muras), ou "o Canto do Prado" no Burgo (Muras).
Hai quen lle dá a esta acepción de "canto" unha orixe celta, pero iso non é máis que unha posibilidade. Corominas asígnalle unha orixe no latín cantus 'llanta de metal', que tería unha orixe extranxeira, talvez céltica en relación co antigo bretón cant 'circo, aro'. No entanto, a partir da forma protoindoeuropea *kan-tho 'recuncho, extremo', está presente en moitas linguas indoeuropeas, non só celtas, incluíndo o polaco kąt 'ángulo' (< protoeslavo kǫtъ), ou o lituano kampas.
CAÑÓ, O (microtopón. de Ove)
CAÑÓ, O (microtopón. de Piñeira)
CAÑÓ, O (microtopón. de Vilaselán)
CAÑÓ, O (microtopón. de Vilausende)
CAÑÓ BRANCO, O (microtopón. de Covelas)
CAÑÓ BRANCO, O (microtopón. da Devesa)
CAÑÓS, OS (microtopón. de Covelas)
CAÑÓS, OS (microtopón. da Devesa)
CAÑOÍÑOS, OS (microtopón. de Covelas)
Rivas Quintas recolleu o apelativo "cañó" en Arante como "pedra silícea", e en Benquerencia como "Piedra arrojadiza". Talvez se trate de callau "anaco de pedra liso e redondo, seixo" (cf. E. Rivas, 1988. "Frampas, contribución al diccionario gallego".
Nos topónimos Cañós e Cañoíños, ao ser plural, é clara a referencia a un conxunto ou acumulación de ditos seixos. Nos topónimos Cañó, en singular, podería tratarse dunha aplicación do nome como colectivo. Porén, dada a existencia en Barreiros doutro "Cañó Branco" referido a unha pena, cremos que a interpretación aquí debe ser a mesma, referida a pena ou penedo.
CAÑOEIRAS, AS (microtopón. de Cedofeita)
Este topónimo, pese á súa apariencia guerreira, alude a un lugar onde abundan os cañós. Ver O CAÑÓ.
CARBA, A (microtopón. da Devesa -lugar de Noceda)
O dicionario define "carba" como "especie de roble, de folla miúda e mala calidade de madeira", tamén coa acepción de "carballo cerqueiro".
CARBOEIRO, O (Covelas)
CARBOEIROS, OS (Covelas)
CARBÓN, O (Vilausende)
No Catastro de Ensenada de Ove (1752) aparece atestado o "rio de Carboeiros" ao indicar os límites da freguesía.
CASAIS, OS (Couxela)
O termo casal, do latín casalis, designaba na Idade Media unha propiedade illada no campo, tanto a casa coma as dependencias auxiliares. Máis tarde pasou a referirse a un grupo de casas nunha aldea.
CAXIGUEIRA, A (microtopón. de Covelas)
CAXIGUEIRA, A (microtopón. de Santalla)
Alusión a un terreo onde abundan os caxigos (cf. RAG).
CEDOFEITA (Cedofeita)
Este núcleo de poboación figura atestado no 1124 como "Citofacta".
... sanctus Uincencius de Couelas sancta Maria de Citofacta .. (cf ITGM)
No 1488 aparece xa en galego como "Cedofeita".
O significado semella transparente: "feita cedo", feita axiña, e aludiría á rapidez coa que foi construída, probablemente a igrexa desta vila.
Hai rexistrados outros Cedofeita, tal como o de Porto (Portugal). Houbo tamén outra Citofacta na península do Salnés, tal como recolle un documento do ano 916:
CHAO DE OVE (Ove)
Ver "Ove".
CIMBRO, O (microtopón. de Vilausende)
O dicionario de galego de Cuveiro Piñol define "cimbro" como "cume" (cf. J. Cuveiro, 1876. "Diccionario Gallego".
Neste topónimo concreto, trátase du outeiro, co cal a motivación é clara.
CINTIEIRA, A (microtopón. de Arante)
Este topónimo alude a un lugar onde se cultivaba o centeo, ou propicio para o seu cultivo.
CINXE (A Devesa)
Derivado de (uīlla) Cindi, forma en xenitivo de Cindus, nome do antigo posesor da uilla altomedieval (casal, granxa). É un nome de oixe xermánica, formado a partir do gótico *kind- ‘descendencia, estirpe’.
Dourado menciona o nome Cinde atestado nunha doazón ao mosteiro de Bacoi no 1010 e contida no Tombo de Lourenzá. O topónimo Cende do concello de Covelo (Pontevedra) tería a mesma orixe.
A variación Cinxe fronte a Cinde sería similar a outras existentes como Sinde / Sinxe, Quende /
Quenxe ou Gosende / Gosenxe.
COCHUEGOS, OS (microtopón. de Vilausende)
A interpretacón deste topónimo é incerta.
O sufixo -ego moitas veces está relacionado con abundanciais, moitas veces de plantas ou cultivo (nabarego, fabego, etc), aínda que non encaixa neste caso. Outras veces é usado para xentilicios (cf. galegos, alfocegos).
Debe derivar de "cochón", da mesma forma que de "leitón" derivaría "Leituego" (A Fonsagrada).
Canto ao termo "cochón", penso que a acepción que encaixa é a recollida por Rivas Quintas como "camada, niño, escondedoiro".
Por tanto, semella estar referido en calquera caso a lugar onde crían os animais salvaxes, probabelmente aludindo a porcos bravos.
COEDO (Vilaframil)
COEDO (microtopón. de Rinlo)
A interpretación concreta xeralmente vólvese difícil ao haber unha homonimia entre "coia" (couve, col) e coio (croio, seixo). Así, uns autores como Navaza inclínanse por interpretar "coedo" como cauletu 'lugar onde abundan as coles', en canto outros como A. Moralejo fano como sinónimo de coído 'acumulación de coios' (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
No topónimo de Vilaframil, dada a súa proximidade a unha zona de costa con coídos, que de feito se chama "O coidal de Coedo", seguramente alude ao dito coidal. A motivación sería por tanto de "(o lugar ao pé do) coedo".
Para o microtopónimo de Rinlo, o significado é igualmente o de coído.
COIDAL, O (microtopón. de varios lugares)
Topónimo transparente, o mesmo que coiñal, coído, onde abundan os coios.
COLADO, O (microtopón. da Devesa)
O termo "colado", que viría de "colo" no senso de pescozo, ten en galego a acepción de "a parte menos elevada que hai entre dúasmontañas ou colinas que se xuntan". Desta acepción extendeuse para cómaro ou cómbaro, a franxa sen labrar que queda de divisoria entre dúas terras.
Para o topónimo que nos ocupa, nun lugar chan, esta acepción de cómbaro é a que encaixa.
CONDOMIÑA, A (microtopón. da Devesa)
Do latín medieval condominia, plural de condomĭnĭum ‘condominio, terra de dominio compartido entre varios donos, señores ou posesores’.
Os topónimos que conteñen este nome son polo regular de orixe medieval e poden designar tanto núcleos de poboación como tamén herdades ou áreas rústicas que no pasado tiveron un réxime de propiedade desas características.
CORGO, O (microtopón. da Devesa)
Os dicionarios rexistran "corgo" con varias acepcións, maiormente como "poza, charca", e nun sentido relacionado "pequenas foxas onde apoza a auga". Ten ademais o significado especializado de "poza onde se curte o liño" (cf. DdD).
Aínda que ten tamén a acepción menos estendida de "corga, corredoira", neste topónimo en plural non encaixa, non ten sentido que haxa un conxunto de corredoiras.
CORNACHO, O (microtopón. de Vilausende)
CORNEXO, O (microtopón. da Devesa)
CORNÍN, O (microtopón. de Covelas)
Por outro lado, se fose referido a lugar pedregoso ou prominente, tamén podemos pensar nunha etimoloxía no tema prerromano *kor-n- 'pedra, altura rochosa, prominencia'. Así, Cabeza Quiles interpreta os topónimos de raíz Corn-, Carn- como de orixe céltica ou precéltica, derivado do tema *kar- 'pedra, zona rochosa' (cf. F. Cabeza, 2014. "A toponimia celta de Galicia").
Igualmente Elixio Rivas postulou unha KAR ‘rocha’, alternando con KARN/KORN, e deriva dela topónimos como Cornide, Corno ou Cornecho, cun significado de 'esquina, corrucho ou punta dun obxecto'.
COROA, A (microtopón. de Arante)
COROA, A (microtopón. de Cedofeita)
COROA, A (microtopón. de Covelas)
COROA, A (microtopón. da Vilausende)
Os termos "croa" e "coroa" remiten a unha cima de monte redondeada, por veces aludindo á parte alta dun castro.
É curioso que a forma esmagadoramente maioritaria no resto da Mariña é "Croa", mentres que en Ribadeo quedaron fixadas na toponimia oficial como "Coroa".
CORTIÑA, A (varias)
CORTIÑAS, AS (microtopón. de Piñeira)
CURTÍA, A (microtopón. de Vilausende)
Un "cotarelo" remite a un pequeno coto, outeiro, pequena colina (cf. DdD).
COUSO, O (microtopón. de Vilaselán)
COUSO, O (microtopón. de Vilausende)
COUSO DE ARRIBA, O (microtopón. de Vilausende)
COUSOS, OS (microtopón. de Arante)
É un topónimo moi frecuente en Galiza e no contorno, como no Valadouro, Muras, Alfoz, Viveiro. Nalgúns casos, como "O Couso dos Lobos" (Manzaneda) ou "O Couso do Foxo" (Triacastela), o significado indicado é claramente o indicado.
COUXELA (Couxela)
Este topónimo foi estudado por Rocío Dourado, que menciona varios testemuños deste topónimo na documentación medieval, "caracterizados por unha certa inestabilidade gráfica e formal". Aparece atestada como Coiegella no 1002, como "sanctus Iacobus de Coogela" en 1124. No Tombo de Lourenzá aparece unha forma Coegela (1117).
Dourado postula a posibilidade da orixe nunha forma *couĭĕlla, explicábel como diminutivo dunha base *cŏuĭa relacionada á súa vez co adxectivo *cŏuŭs ‘cóncavo’, ‘profundo’. Sinala ademais que o emprazamento de Couxela encóntrase nunha depresión do terreo fronte á ría.
En canto á evolución fonética, sería similar a de fovea > foxa. Porén, nese caso teríamos **coxela, non couxela. Incerto.
COVARIZAS, AS (microtopón. de Cedofeita)
O termo Covarizas estará relacionado con 'cova', se comparamos este topónimo con outros topónimos galegos da mesma terminación, como Lagariza, Pastoriza, Vacariza, e talvez Costariza ou Valariza.
Con todo, queda o reparo de se puido ocorrer similar ao caso do topónimo Covariza (Friol), que Nicandro Ares indica que figura atestado como villa Queirici no ano 1019 (TSO 1 115). De ser así, remitiría a unha uilla (granxa, casal) propiedade de Quedericus, nome persoal gótico (HGN 160/5). Non sería un caso único; para o topónimo Xabariza (Covelas) estamos coa mesma dúbida.
COVELAS (Covelas)
Este topónimo está atestado no Tombo de Lourenzá, no documento nº 67, que os autores datan entre 1076-1113, como “Gelsendi et Cobelas”, e "sanctus Uincencius de Couelas" en 1124, "Couelas" e "Couellas" en varios momentos do século XII. No 1488 aparece como "San Viçenço de Cubelas". Igualmente aparece no Catastro de Ensenada para Covelas (1753) como "San Vizente de Cubelas".
O termo "covela", orixinariamente derivado como diminutivo de "cova", designa un "pequeno vale cóncavo formado na converxencia de dúas encostas peadas de monte". É, por tanto, un termo similar a "cale" ou "cal".
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza (cf. A. Santamarina, 2008 "Covelo, covela, cubelo, cubela. Un problema gráfico e etimolóxico").
Rocío Dourado indica que o lugar está encravado no fondo dun pronunciado val, o cal confirma a interpretación indicada (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela,Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados").
COVELIÑA, A (microtopón. de Vilaframil)
FONTE DO TROBO, A (microtopón. de Vilausende)
Ver "TROBO, O".
FONTELAS, AS (microtopón. de Arante)
As voces "fontela" e "fontenla" fan alusión a unha fonte que ten un caudal moi escaso.
Son formas derivadas do latín fontanella(m) ou directamente do romance fontá 'fonte', co antigo sufixo diminutivo -ela.
FORCELLAL, O (microtopón. de Covelas)
Forma derivada de "forca", co diminutivo -ella mais o sufixo abundancial -al.
Aínda que descoñecemos o lugar, sendo o topónimo un derivado de "forca", posiblemente aluda a unha bifurcación, neste caso de río ao se tratar dunha zona de prados.
Os topónimos derivados de "forca" son relativamente frecuentes en Galiza. con formas como "Forcada", "Forcadela", "Forcadiña", polo que non pode ser referido ao aparello "forcada" ou "forqueta", pois sería un topónimo anecdótico e non encaixaría con esa frecuencia.
FORCÓN, O (microtopón. de Covelas)
FORCÓN, O (microtopón. de Arante)
O dicionario define "forcón" como "pau rematado en dúas gallas pequenas que serve de soporte ou apoio a algo". A súa aplicación na toponimia deste e doutros derivados de "forca" é relativamente frecuente, referindo xeralmente a unha bifurcación de río ou regato.
Tamén podería referir a bifurcación dun camiño, ou de montañas; neste último caso, sería no sentido de "desfiladeiro". A acepción de "forca" como "desfiladeiro", aínda que no galego actual non se rexistre, en portugués si que se conserva.
FORNELO (Couxela -lugar de Fornelo)
FORO, O (microtopón. de Vilaframil)
FORO, O (microtopón. de Ove)
Topónimo que alude a unhas terras suxeitas a un foro.
O termo "foro" tivo en Galiza o significado de ‘dominio sobre unha propiedade’, e daí pasou a ter o de logo ‘Contrato consensual, comunísimo en Galicia en pasados tempos, polo que unha persoa cedía a outra, ordinariamente por tres xeracións, o dominio dunha cousa inmoble, mediante certo canon o pensión anual" (cf. E. Rodríguez, Dicionario).
Decía Sarmiento
"Sobre todo hay en Galicia aquella especie de arriendos que llaman foros. Foro es dar a uno una posesión que la cultive y usufructúe por el tiempo de tres generaciones. Hoy solo se hacen por tres vidas de reyes, pero en lo antiguo se hacían los foros por tres vidas de particulares y veintinueve años más..." (cf. "Onomástico etimológico de la lengua gallega", ed. de J. L. Pensado).
FOXAS (microtopón. de Covelas)
FOXO, O (microtopón. de Covelas)
FOXO, O (microtopón. de Arante)
FOXOS, OS (microtopón. de Covelas)O apelativo "foxo" vén do latín fovea, e indica unha furada, un furado grande. Moitas veces os foxos eran trampas para lobos e outras alimarias.
Por tanto, nestes lugares talvez houvese unha trampa (para caza de animais, lobos particularmente) ou talvez indique simplemente un desnivel ("valado") do terreo ou tamén a existencia dunha cova.
Os "foxos" para a caza de lobos e outras alimarias eran de responsabilidade comunal. Nun documento de 1623 o Corrixidor asinaba unha orde de prender a dous veciños por non acudiren a pechar o foxo. Os veciños tiñan o labor "desde muchos siglos a esta parte, el remontar, correr y exterminar los muchos osos, lobos, jabalíes y otras fieras igualmente nocivas que se propagan en las montañas de aquella inmediación para impedir los estragos que solían causar no solo en los sembrados, sino en los ganados y poblaciones” (Cf. J. Torrente. "Osos y otras fieras en el pasado de Asturias", 1999).
FRAIÁN (microtopón. da Devesa)
De (uilla) *Fradilani, forma en xenitivo xeermánico de Fradila, nome do antigo posesor da uilla (granxa medieval, explotación agrícola). É un nome de orixe xermánica, o cal non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Alta Idade Media.
Aínda que non corresponde na actualidade cun núcleo de poboación, talvez nos remita a un antigo poboamento altomedieval.
FRIEIRA A NOVA (Piñeira)
FRIEIRA A VELLA (Piñeira)
GALOS, OS (Vilaselán)
Debe remitir aos poboadores que se asentaron no lugar que terían de apelido "Galo".
GARDIÑEIRA, A (microtopón. de Ove)
Estamos perante unha forma deturpada de "garduñeira", lugar que frecuentarían as garduñas, ou onde terían un cubil.
É interesante pola muda da vogal que presenta, moi probablemente por influxo da consoante palatal que a segue. É un caso similar ao do topónimo Fexacos (por *Foxacos) tamén neste concello, ou doutros apelativos como folloa>filloa (cf. P. Martínez "Toponomástica, documentación medieval y fenomenología lingüística: contribución para una gramática histórica de la lengua gallega").
GARITOS, OS (Piñeira)
No entanto, non se rexistra ningún outro topónimo "Garito" coñecido.
O dicionario recolle o significado de "Mendrugo, pedazo de pan duro", que non parece encaixar para un topónimo (cf. DdD).
Poderíamos relacionalo con "Garita", que segundo os dicionarios sería unha "caseta para os sentinelas".
Ao ser unha forma en plural masculino, non podemos descartar unha referencia ao alcume dun antigo posesor.
Non atopando orixe clara, cobra forza que estea relacionado co microtopónimo Os Garelos (Arante), e seren ambos os dous diminutivos aludindo ao mesmo elemento, aínda que descoñecemos cal.
GOIOS (microtopón. da Devesa)
O topónimo goio designa un foxo ou covo profundo, sexa na terra, no río ou na costa. Neste caso semella que aludiría a foxas na terra.
Por veces tén tamén a acepción de sepultura, así como a de "lagoa nun monte con auga de manancial".
GRANDA, A (Cedofeita, outros)
GRANDA RASA, A (microtopón. da Devesa)
GRANDELA, A (Piñeira)
O termo "granda" ou "gándara", de orixe prerromana, ten varias acepcións, todas relativas a "terreo improdutivo, polo xeral chan".
MINGUXA, A (microtopón. de Covelas)
Terras pertencentes a unha persoa chamada "Minguxo" ou "Minguxa", hipocorístico de Domingo/a.
MOA, A (microtopón. de Covelas)
Unha "moa" é unha pedra redonda, tanto a que se usa de pedra de muíño como a que se usa para afiar. Deriva do latín mola 'moa do muíño, muíño'.
Debe estar referido a un penedo de forma de moa, redondo, ainda que descoñecemos o lugar concreto. Por veces, o termo "moa" é tamén usado por extensión (sinécdoque) para designar o "muíño" (xa ocorría en latín). De feito, "A Moa" está situada nunha zona de prados.
MOLEDA, A (microtopón. da Devesa)
MOLEDA, A (microtopón. de Cedofeita)
MOLEDA, A (microtopón. de Piñeira)
Este topónimo figura atestado como Mondiso nun documento de 1002 (probable erro de transcrición).
MORTORIOS, OS (microtopón. de Covelas)
O dicionario Estraviz recolle para mortorio a acepción de "terreo estéril ou en desuso", así como "ficar em mortório: diz-se de um terreno que ficou por semear". Esta alusión metafórica é a mesma que se dá no caso dos topónimos As Mortilleiras, desta freguesía, e Os Mortullos (Arante).
MORTILLEIRAS, AS (microtopón. de Covelas)
MORTULLEIRAS, AS (microtopón. de Ove)
MORTULLOS, OS (microtopón. de Arante)
No Catastro de Ensenada para Piñeira (1752) aparece atestado como divisoria da freguesía o "Marco que llaman mortulleiras".
NOCEDA (A Devesa)
Abundancial de noz, lugar onde se dan as nogueiras. Derivado do latín nŭcēta.
NOVAL, O (microtopón. de Piñeira)
De "o (agro) noval", finca nova. O termo "anovar" significa "volver un monte ou bouza en labradío, convertir un lugar inculto en terra cultivable".
OLGA, A (microtopón. de Piñeira)
OLGA DO CARREIRO DOS CAIS, A (microtopón. de Piñeira)
En canto a "olga", aínda que na Mariña Occidental, de Viveiro a Foz, ten a acepción de "alga", do Eo ata Valdés ten a acepción de "en ciertas riberas y playas del mar, sitio de profundidad y abrigo que forma remanso, en el cual se depositan las algas marinas" (cf. DdD).
No caso deste topónimos, a interpretación é , xa que logo, a dun recuncho costeiro que fai remanso e se xuntan as algas. No caso da "Olga do Carreiro dos Cais", nome dun con, a mención dun "carreiro dos cais" semella metafórica aludindo á forma do penedo.
OLLEIROS, OS (Ove)
Un "ulleiro" ou "olleiro" remite a un "lugar no que aflora a auga", "manancial en sitio chan" (cf. DdD). Ao nacer nun sitio chan, por veces tamén é aplicada esta voz a unha poza, "pantano". É un derivado do substantivo ollo, na acepción metafórica de ‘nacente de auga’.
Destaca Rocío Dourado a abundancia de topónimos relacionados nos lugares costeiros deste concello, facendo alusión á auga do mar que entra en terra: Ollo Redondo, Ollo de Porto, Ollo de Estornín, Ollo Cheirón, etc.
OLVIDAL, O (microtopón. da Devesa)
O termo é unha deturpación de "erbedal". Un erbedal refire a un lugar onde abundan os érbedos, tamén chamados alvedros ou esvedros (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
OUSAL, O (microtopón. de Cedofeita)
Abundancial de "ousa", que o dicionario define como "estruga" (Torpedo marmorata).
OUTARIGO, O (microtopón. de Covelas)
Topónimo que remite a un Autaricus, nome de orixe xermánica usado na Alta Idade Media, que correspondería co antigo o nome do antigo posesor do predio.
Aínda que non teñamos constatación, puido haber nestes predios unha uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval que pertencería a este posesor.
É un nome atestado en Galiza na Idade Media. O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra na Mariña un Outariz en Viveiro, que tería orixe na forma en xenitivo (uilla) Autarici, remitindo a un posesor do mesmo nome.
OUTÓN, O (microtopón. de Piñeira)
Aumentativo de "outo", forma antiga por "alto".
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra o mesmo topónimo noutras zonas da comarca, como en Cervo, no Vicedo, así como noutras comarcas, como en Carballo, Porto do Son, etc.
OVE (Ove)
Este topónimo, foi analizado por varios autores como Bascuas. Ten orixe nun tema da hidronimia prerromana antigo-europea, no mesmo tema que o río Eo e por tanto que o topónimo Ribadeo.
Ove figura ben atestado na documentación medieval, como Eouo (1002), sancto Iohanne de Eoue (1002), sanctus Iohannes Euue (1124), Oue (1343) e San Juan d-Obe (1488).
Bascuas interprétao como un composto *Oiw-upe, formado a partir dun tema *oiwo- (da raíz indoeuropea *ei- ‘corrente’), a mesma que en Eume. O segundo elemento dese composto é a forma atemática *-upe, do raíz hidronímica *up-, a mesma que en Pontoibo.
PAGÁ, A (microtopón. de Couxela)
PAGÁ DA SOPA, A (microtopón. de Couxela)
O dicionario define "pagá" como "castiñeiro novo, sen enxertar". Cf. DdD.
O castaño foi unha árbore moi importante antigamente. Ata o século XVIII o seu fruto constituíu un dos alimentos básicos indispensábeis, antes da introdución da pataca. Para que dese un bon fruto tiña que estar enxertado. No caso contrario, metafóricamente como as persoas que non estaban bautizadas, chamábaselle ‘pagás’.
Este topónimo atopámolo, de feito, en Xove, Foz, Ribadeo, A Pontenova, Riotorto, polo que podería ter, alternativamente, relación co lugar da Pagá.
En efecto, podería aludir ás terras pertencentes a unha persoa oriúnda do lugar da ermida de Santo Estevo da Pagá, en San Miguel de Reinante. Esta capela está rexistrada en 1128 como S. Stephanus de Pagadi (cf. E. Flórez, "España Sagrada, ..."Vol. 18).
O Proxecto Toponimia de Galicia de Galicia dános unha pista significativa ao rexistrar o nome de "O Pagaedo", na Pontenova. A terminación en -edo indícanos un abundancial, xeralmente de árbores. Por tanto, apunta claramente a que a interpretación referida de "castiñeiro novo". Tamén o topónimo "A Pagá da Sopa" sinala na mesma dirección (pagá que produce castañas para o caldo).
PAMPILLAIS, OS (microtopón. da Devesa)
Topónimo que alude a un lugar onde abunda a herba chamada "pampillo".
PARAMIOS, OS (microtopón. de Covelas)
A voz "paramio" recóllena os dicionarios como sinónimo de "paraño". Leandro Carré Alvarellos define "paraño" no seu dicionario galego como "lugar amparado, protexido" (cf. DdD). Podería significar "terra con certos "privilegios", tamén recollido así no cognado portugués paranho.
Outros significados, como "aparador" ou o tamén recollido en portugués de "pedra da parte superior da boca do forno, en forma de viseira" parecen máis improbables dada a cantidade de topónimos que aparecen nos concellos cercanos. Así e todo, podería estar relacionado con pedras asociadas a construcción megalítica antiga, de feito as furadas dos dolmens son chamadas na nosa toponimia "fornos" ou "fornos dos mouros".
PARDIÑAS (microtopón. da Devesa)
PARDIÑAS (microtopón. de Rinlo)
PARDIÑAS (microtopón. de Vilaframil)
O topónimo "Pardiña" deriva do latín parietina "casa en ruínas, paredes", e despois pasou a ter un significado de "devesa ou terreo acoutado".
PARAFITA (microtopón. de Arante)
De Petra Ficta ''pedra chantada', lugar onde posiblemente houbo un marco medieval de separación, ou talvez un menhir prehistórico.
A evolución pedra> para é común na toponimia galega, así temos tamén unha "Paraxuga". Temos igualmente no galego medieval o nome Pero < Pedro.
PARAXUGA, A (microtopón. de Covelas)
Aludindo á existencia dunha "pedra xuga", pola forma da pena. A evolución pedra> para é común na toponimia galega, así temos Petra ficta > Parafita (cf. Xosé L. Gonzalez, 2022. "O nome Pero na (micro) toponimia").
PALLAREGA, A (microtopón. da Devesa)
PALLAREGA, A (microtopón. de Covelas)
PALLAREGAS, AS (microtopón. de Ove)
O termo "pallarega" ten tres acepcións: "casa pequena cuberta con palla", "Palleiro", "Restrebas".
Tendo en conta a frecuencia na toponimia deste concello dos fitónimos en -ega (Aviega), cremos máis probable que a motivación destes topónimos sexa unha alusión ao cultivo do cereal, aludindo a un lugar onde se cultiva ou propicio para o seu cultivo.
O sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, aparece na toponimia por veces ligado ao cultivo dos cereais e doutras plantas, así atopamos tamén "Millarega" (millo miúdo), "Escanarega" (escanla), "Fabega", ou "Pomarega".
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa"(cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
Tampouco podemos rexeitar a acepción de "casa cuberta de palla", pois moitos topónimos "A Pallarega" e "As Pallaregas" refiren xeralmente a núcleos de poboación.
PALMEIRA, A (Ove)
Pode remitir á árbore do mesmo nome, aínda que semella probábel que aluda a unha "(casa) Palmeira", casa "do Palmeiro", construción frecuente na toponimia. De feito é un apelido frecuente na Mariña Oriental (cf. CAG), e é un apelido xa usado no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
Sen documentación antiga que o ateste ou desminta, podemos interpretalo no antigo sentido que rexistrara Viterbo para "palmeiro", de "peregrino ou estrangeiro" (cf. Viterbo, "Elucidário", 1798), e tamén Du Cange recollera para Palmarius, e explicaba que tomaron o nome de "palmeiros" por traeren unha rama de palma de Terra Santa (cf. Du Cange, 1883-87. "Glossarium mediae et infimae latinitatis"). Igualmente Eladio Rodríguez define "palmeiro" como “Peregrino de Tierra Santa, que traía palma, como los de Santiago llevaban conchas o veneras en señal de su romería”.
Atopamos Palmeira no concello de Viveiro e no de Ribeira (Co), así como a poboación "O Palmeiro" nas Pontes.
PANDOIRAS, AS (microtopón. de Piñeira)
O dicionario de recolle a voz "pandoira" co significado de "lugar chan no que agroma a agua formando un charco" (cf. DdD).
No topónimo que nos ocupa, trátase dunha zona de prados, polo que semella encaixar a acepción indicada.
PASADA, A (microtopón. de Arante)
PASADA, A (microtopón. da Devesa)
PASADA, A (microtopón. de Covelas)
PASADA, A (microtopón. de Ove)
O apelativo "pasada" indica un "lugar de paso do río, xeralmente a través de pedras colocadas como "pasos" formando unha liña" (poldras).
Esta acepción consérvase na toponimia de toda a zona: en Foz, en Mañón, en Viveiro, en Muras ("A Pasada do Río", "A Pasada do Portancho", "A Pasada do Cal do Medio", ..).
PEDRA CHANTADA (microtopón. de Covelas)
Este é un topónimo bastante frecuente, e podería indicar a presenza no lugar dun marco, ás veces prehistórico (menhir), outras veces un marco, medieval ou máis moderno, limitador de territorios (por exemplo de parroquias).
Coñecemos o exemplo da "Pedra Chantada" no Vicedo, onde existiu unha pedra chantada dun metro e medio de altura, co suficiente desgaste erosivo para ser prehistórica.
PEDRIDO (microtopón. de Arante)
Significado transparente: os termos "pedrido" e "pedragal" designan un "lugar onde abundan as pedras".
É un topónimo frecuente en toda Galiza. Nos concellos da Mariña Central tamén figura coa variante Pedride.
PEDRÓN, O (microtopón. de Cedofeita)
PEDRÓN, O (microtopón. de Covelas)
PEDRÓN DE BAIXO, O (microtopón. de Piñeira)
PEDRÓN DE RIBA, O (microtopón. de Piñeira)
Os dicionarios galegos inclúen "padrón" e "pedrón" como "Marco; poste de pedra alta e grosa que serve de indicador ou sinal" (cf. L . Carré, DdD).
Igual significado é recollido no portugués antigo:
Para o apelativo "pedrón", Eladio Rodríguez indica que "llaman también así nuestros campesinos al menhir".
Aínda que puntualiza Filgueira Valverde en que“no siempre el topónimo indica un monumento prehistórico, puede tratarse de un miliario, de un hito liminar o sencillamente de una “piedra hita” natural” (cf. X. Filgueira Valverde e A. García Alén. , 1977. "Inventario de monumentos megalíticos. ..").
En calquera caso, aluden a unha pedra singular, marco, un menhir, un miliario. É análogo ao portugués pedrão ou padrão, para os que Machado (DEP) dá a seguinte atestación do século XIV: “acharom sobre uũ pedram letras escritas dentro da pedra”.
Estes topónimos foron tamén analizados por J. Moralejo coas mesmas conclusións (cf. J. Moralejo, 2007. "Callaica Nomina") con similares conclusións.
Por outro lado, o termo petronus está tamén rexistrado no latín tardío, e Du Cange dálle o significado de acervus lapidum 'morea de pedras' (cf. Du Cange. "Glossarium mediae et infimae latinitatis" aquí).
Finalmente, indicar que Corominas apunta a posibilidade de que algún deles remonte en realidade a un celtismo petronu, adxectivo formado sobre petru, que nas linguas celtas é o número "catro", en referencia a unha encrucillada ou xuntanza de catro camiños (cf. Corominas, DCECH, s.v. padrón).
PEDROUZOS (microtopón. de Couxela)
A voz "pedrouzo" designa unha "morea de pedras", e tamén un "penasco elevado", ou "cima penascosa". Cf. DdD.
O sufixo -ouzo dálle un matiz despectivo, o mesmo que ocorre no homólogo portugués pedrouço. Cf. Priberam.
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza e en particular na Mariña Central e Oriental; o Proxecto Toponimia de Galicia recólleo en Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo.
PELAMIO, O (microtopón. da Devesa)
PELAMIOS, OS (microtopón. de Covelas)
Refire a un lugar onde houbo curtidorías de peles, ou tamén referindo a posesores que foron curtidores de peles.
É un topónimo frecuente en Galiza, incluíndo as formas "Pelaimo" e "Palaimo".
PENA ESQUERDEIRA, A (microtopón. da Devesa)
PENA MOSQUEIRA (microtopón. da Devesa)
Do latín muscaria, referiría á abundancia de insectos que fan "moscar" o gado. Así o dicionario de Carré Alvarellos define "mosqueiro" como 'lugar onde abundan as moscas' (cf. L. Carré, 1928-1931 - DDD). Tamén podería indicar o contrario; así xa fora do territorio galego atopamos nos dialectos navarro-aragoneses "mosquera" 'paraje con arboledo o matorrales altos donde sestea el ganado' (cf. J. A. Frago, "Toponimia navarro-aragonesa del Ebro (V)" in "Archivo de filologia aragonesa XXXVIII").
Alternativamente, talvez algún dos topónimos "mosqueira" poderían estar orixinados pola existencia de "mosqueira", unha clase de herba silvestre.
Atopamos outra "Pena Mosqueira" en Viveiro, así como Rego Mosqueiro noutros lugares, etc.
PEREIRA SENDIÑA, A (microtopón. de Cedofeita)
Este microtopónimo refire a unha pereira pertencente a Sendiño, hipocorístico, posiblemente de Gumersindo. Alternativamente, "Sendiña" pode indicar a pertenza a unha persoa oriúnda do lugar de Sendín (Couxela), análogo ao caso da Valadoura (Covelas), que remite á pertenza a unha persoa oriúnda do Valadouro.
PIAGO NEGRO, O (microtopón. de Covelas)
Un "piago" ou "peago", do latín pelagus 'pozo', é unha poza profunda de auga, xeralmente nun río, o cal é o caso deste piago. O termo piago é recollido por J. M. Piel como "sítio fundo do mar ou de um rio" (cf. p. 323, J. Piel "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII).
No caso que nos ocupa, o adxectivo "negro" acrecentaría esta idea de profundidade, ou ben aludiría a se atopar rodeado de arboreda que dá sombra ao lugar.
PICHO, O (microtopón. de Ove, microtopón. de Cedofeita)
PICHOCA, A (microtopón. de Ove)
O apelativo "picha" indica "fonte pequena que deita auga" (cf. dic. Estraviz), e está relacionada con "picho", "pichoca", "pichel" e "picheira". Hai cerca de 400 topónimos rexistrados con estes termos.
Descoñecemos a existencia da igrexa ou capela de San Pedro que habería daquela nese lugar, se a posible mención nese documento fose correcta. Non cremos que o documento se refira a Piñeira, pois xa tiña a advocación a San Xoán, polo menos no 1124 (ver "Piñeira").
PIMPELO, O (microtopón. de Covelas)
PIPELO, O (microtopón. de Piñeira)
Os topónimos Pimpelo, Pipelo, así como pipela e pimpela, remiten a un canaliño polo que verte auga. De aí, por extensión, tamén aluden a unha fontaíña da que mana un fío de auga ou que pinga (cf. DdD).
PONTE DO VAO (microtopón. de Covelas)
PONTE DO VAO DE SA (microtopón. de Covelas)
No Catastro de Ensenada para Vilaselán (1753) aparece atestado como "Bao de Sá" na descrición dos muíños da freguesía.
Dada a relativa frecuencia de "Pousafoles" na toponimia, semella máis probable a primeira hipótese de "pousadoiro, lugar de descanso ao final dunha costa".
PRADO DE AENLLE, O (microtopón. de Cedofeita)
Prado que pertenceu a unha persoa de apelido "Aenlle". Ver "AENLLE" para máis detalles.
PRAIA DA ARNELA (microtopón. de Piñeira)
Os dicionarios recollen para "arnela" a acepción de "praia en costa aberta, que se mete entre dous montes, e na que xeralmente desauga un río ou regato" (cf. DdD).
Xeralmente atribúese a orixe etimolóxica de "arnela" do latín *arenella 'praia pequena', o cal encaixa co significado de praia citado. Hai casos moi claros, tal como a praia de Arnela (Viveiro) que está xusto despois da praia de Area, moito máis longa e ampla.
PREIXOANA, A (A Devesa)
Seguindo a Rocío Dourado, trataríase dunha evolución a partir dun *A Pereira Xoana, "onde por posición proclítica, se perde a última sílaba (A Perei’Xoana) para finalmente sincoparse a vogal pretónica". Menciona outros exemplos similares, como Fontexoana, no concello de Cervantes (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados").
PUMAREGA, A (microtopón. da Couxela)
PUMAREGA, A (microtopón. de Covelas)
PUMAREGA, A (microtopón. de Vilausende)
PUMAREGAS, AS (microtopón. da Devesa)
Unha "pumarega" e un "pumar" son sinónimos, co significado de "finca plantada de froitas, maiormente maciñeiras (maceiras)".
O sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, aparece na toponimia por veces ligado por veces ao cultivo dos cereais e doutras plantas, así atopamos tamén "Aviega" (avea), "Millarega" (millo miúdo), "Escanarega" (escanla), "Pallarega".
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa"(cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega"). De feito, "Pumarega" atopámolo na Mariña de Viveiro ata Ribadeo.
QUEIXOIRO (Cedofeita)
Este topónimo, igual que os relacionados Requeixo, Queixeiro, Queixada, Queixa, son derivados do latín vulgar *capsĕŭm ‘da forma de caixa’.
A motivación para o topónimo sería, por tanto, metafórica aludindo un lugar cun relevo de características análogas do "queixo" humano. Ou sexa, cunha parte chá rematando nunha pendente pronunciada.
Etimoloxicamente, Edelmiro Bascuas interprétao doutro modo, e relaciona Requeixo co hidrónimo *rek-, tema que explica o termo rego e derivados (cf. E. Bascuas, 2000. "Rego y requeixo. Una pervivencia hispana de la raíz ind. er- ‘moverse", in Verba 27).
Atopamos este topónimo tamén no concello da Fonsagrada e no de Trabada.
RANGALLEIRA, A (microtopón de Ove)
Elixio Rivas recolle o termo "rangalleira" como " Destrozo de cosas tiradas por el suelo, reguero de cosas, destrozo de comida", e relaciónao con ringuilleira, ringuileira, ringla (hilera). (cf E. Rivas (1978): "Frampas, contribución al diccionario gallego").
Podemos interpretalo dese modo, como remitindo a certo desorde que quedou na finca, ou materiais depositados.
Por outro lado, Aníbal Otero recolle a expresión "andar á rangalleira" como "Vestido de cualquier forma" (cf. A. Otero (1977): "Vocabulario de San Jorge de Piquín"). Asumindo que esta voz chegase a esta zona, podemos pensar que aluda aoalcumen dunha antiga propietaria ou propietario.
REBELADA, A (microtopón da Devesa)
Podería tratarse dun alcume dun posesor ou dun feito anecdótico, pero intuímos que talvez sexa unha reinterpretación dun topónimo "Rebolada". Ver "REBOLADA" para máis detalles.
REBOLADA, A (microtopón de Arante)
REBOLADA, A (microtopón de Vilausende)
Aínda que o dicionarios de galego rexistran "rebolada" como "golpe de rebolo", "acción de rebolar", no caso destes topónimos o significado sería o de "bosque de carballos", "arboreda". O portugués actual conserva para "rebolada" este significado de "grupo de árbores" (cf. Priberam).
A orixe destes topónimos está directamente relacionada co latín vulgar roboria 'carballo'.
REBOREDO DE BAIXO (A Devesa)
REBOREDO DE RIBA (A Devesa)
Este apelativo é un sinónimo de “carballedo” ou “carballeira”, soamente que neste caso a orixe é no latín robur 'carballo', co sufixo abundancial –edo (do latín -etum), en canto “carballedo” vén de voz prerromana, xunto co mesmo sufixo abundancial.
RECANTO DA OLGA, O (microtopón. de Piñeira)
Para "recanto" os dicionarios remiten a "recuncho, lugar apartado".
En canto a "olga", pola Mariña Occidental, de Viveiro a Foz, ten a acepción de "alga", mentres que do Eo ata Valdés ten a acepción de "en ciertas riberas y playas del mar, sitio de profundidad y abrigo que forma remanso, en el cual se depositan las algas marinas" (cf. DdD).
A interpretación do topónimo, en calquer caso é a mesma, a dun recuncho da costa que fai remanso e se xuntan as algas.
RECHAVE, A (microtopón. de Covelas)
Probabelmente se trate dunha alusión a unha "chave", coa partícula re- engadindo intensidade.
Unha "chave" na toponimia alude á forma do terreo en "L", de feito este é o termo para caracterizar, por analoxía, esta clase de terreos.
Analogamente en portugués "chave" denominaba un "recanto ou cotobelo que uma belga ou um terreno faz para algum dos lados" (cf. Elucidário).
REGO DE MEL (Arante -lugar de Remourelle)
Debe aludir a un posesor de nome Merius, a partir dunha *(uīlla) Merīī. Sería a mesma orixe que postula García Arias (2000: 278) para Villamir.
Martínez Lema identifica Soutomel (A Bola) como o atestado salto Meri (P. Martínez, 2010. "Toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do Tombo de Toxos Outos (s. XII-XIV)").
Rocío Dourado indica a outra posíbel explicación en *(uīllāre) Gemellī, referindo ao nome de posesor Gemellus, xa identificado por J. Piel (cf. J. M. Piel , 1984. “Novissimas achegas à história da tradição antrotoponomástica mais antiga latina no Noroeste galaico” in Verba 11).
REGO DO GRUÑIDO (microtopón de Arante)
O mesmo que "abruñido", lugar onde abundan os "abruños".
As variantes con g- para o nome desta árbore, existen desde antigo, como "gruñeiro", xa recollida por Sarmiento en Ourense. En efecto, aínda que "gruñido" non é recollido explicitamente nos dicionarios de galego, si figura recollido "gruñedo" co significado de "abruñedo"(cf. DDD E. Rodríguez. "Diccionario enciclopédico gallego-castellano").
Atopamos neste concelloo tamén a forma "Os Sagruñeiros", que alude á mesma planta (ver SAGRUÑEIROS).
Existe un "Agruñido" en Galdo, e outro en Mañón, asemade, múltiplos "Agruñedo", "Abruñido", "Abruñedo" noutros lugares da Galiza.
REME DE ARRIBA (Covelas)
Este topónimo figura atestado como Raeme (1286, 1287, 1297) e Reeme (1297, 1373).
No Catastro de Ensenada de Ove (1752) aparece atestado o "Seijón de Reme", o "Lugar de Reme" e mais o "Aguillon de Reme" ao establecer os límites da freguesía. No correspondente para Covelas (1753) aparece ademais "la olga que llaman de Reme adonde llega la marea".
SA (Covelas)
O topónimo "Sa", moi abundante en Galiza e no Norte de Portugal, e amplamente documentado, tamén coa grafía "Saa", posiblemente deriva do xermánico *sala. Así, para J. M. Piel, "sala" tería un significado similar a "casa de campo, casarío, quinta", unha explotación agraria, que incluía a residencia señorial.
Segundo D. Kremer, tería "un significado primario de "casa de liñaxe nobre ou antiga", significado próximo ao latín uilla ou palatium, aos que substituíu” (cf. pp. 133-148 de D. Kremer, "El elemento germánico y su influencia en la historia lingüística peninsular", en "Historia de la lengua española". 2004. Barcelona).
Por outro lado, Roberts e Pastor derívano dunha base preindoeuropea *sel- 'estancia humana', raíz da que derivan termos como o búlgaro antigo selo ‘aldea’, selitva ‘vivenda’, e que orixinaría nas linguas xermánicas *sal- 'habitación, cuarto' (cf. Roberts, E. A. e Bárbara Pastor "Diccionario etimológico indoeuropeo de la lengua española". 1996. Madrid).
SALCEDO (Covelas)
Forma abundancial, do latín tardío salicetu, referindo a un lugar onde abundan os salgueiros. Remítenos, xa que logo, á vexetación existente cando se fundou este lugar. É un topónimo relativamente frecuente, así, por exemplo, atopamos Sacido en Covas (Viveiro) e no Vicedo.
SALDOIRA DE DENTRO, A (microtopón. de Rinlo)
SALDOIRA DE FÓRA, A (microtopón. de Rinlo)
Estes dous topónimos trátase duns illotes en Rinlo.
Os topónimos "Saldoiro" e "Saldoira", relativamente frecuentes en Galiza e Portugal, son de orixe prerromana, tal como se indica de seguido.
A priori, poderíamos pensar nunha pronuncia de "saladoiro", no sentido de "salgadoiro" "pía, baño para salgar". No entanto, semella difícil ese paso de salgadoiro>saldoiro, máxime se temos en conta a relativa frecuencia deste topónimo: "río Saldoiro", "Saldoiro" (Narahío), "A Saldoira" (punta costeira) en Ribadeo, "Poza de Saldoiro" na Laracha, "Fonte de Saldoiro" en San Sadurniño, "O Saldoiro" na Pastoriza, "Pena Saldoira" na Pontenova.
Por outro lado, atopamos varios "Arroxelo", por exemplo no Grove (Po). Cabe a posibilidade de que "San Roxel" se trate dun "So Arroxel", ou aínda un "Os Arroxelos" que fose reinterpretado como "Os Sanrroxelos", e de aí singluarizado a "O Sanroxel". Aínda que semella unha evolución estraña, de feito E. Rivas rexistra un Sagra (O Carballiño) que procede de "As Agras", que sufriu igualmente unha reinterpretación e despois unha singularización. Sería, xa que logo, un fenómeno equivalente ao de San Lucas > As Sanlucas.
SANTALLA (Vilausende)
En canto a "Vigo", topónimo frecuente en Galiza, provén do latín vicus 'aldea' e remite a un asentamento semiurbano ou rural sen fortificar (cf. F. Pérez Losada: «Entre a cidade e a aldea. Estudio arqueohistórico dos “aglomerados secundarios” romanos en Galicia»: 26-34, in Brigantium, 13).
SEIXADELO (Ove)
Este topónimo, abundancial en diminutivo de seixo, remite a un seixedo pequeno, lugar onde abundan os seixos ou coios.
A formación en diminutivo pode indicarnos que a extensión do lugar non era moi grande, ou ben que a abundancia de seixos no lugar era relativa. O que si confirma é a antigüidade do topónimo: xa na Idade Media este sufixo antigo -elo foi desprazado polo actual -iño, conservándose na toponimia e en voces específicas.
Por outro lado, a forma "Seixadelo" en lugar da esperada "Seixedelo" procede dunha disimilación vocálica, para evitar o triplo "e" na palabra. Poderíamos pensar nunha relación con "seixada" (golpe cun seixo), pero nese caso sería "seixadela", e aínda así non encaixaría moito para un topónimo.
SENDÍN (Couxela)
Procedente dunha (uīlla) Sendīnī, forma en xenitivo de Sendīnŭs, nome do antigo posesor da uilla (casal, granxa). É un nome de oixe xermánica, formado a partir do do xermánico *sinths ‘camiño’
SENRA, A (A Devesa, Vilaselán)
SESMO (microtop. de Cedofeita)
A voz "sesmo" remite á "sexta parte". Tratándose dun topónimo, aludirá a unha finca resultante da partición en seis partes dunha finca previa.
Xa está atestado na Idade Media (cf. GMH).
SILVEIRA, A (Covelas)
SILVEIRA, A (Vilaframil)
Aínda que na actualidade o apelativo "silveira" refira a unha extensión de silvas (o arbusto con espiñas que dá as amoras), neun topónimo é máis probable que se trate da acepción orixinario, como no latín silvaria "fraga desbrozada para o cultivo; lugar boscoso".
SIÑEIRA, A (A Devesa, Vilaselán)
De "señeira", posiblemente referido a unha "(casa) señeira", aludindo á situación que tivo a casa ou lugar, separada dun núcleo principal ou cunhas características particulares.
O dicionario de Cuveiro Piñol (1876) define o adxectivo señeiro como "Solo, separado, particular, especial ó sin par".
Por outro lado, ese mesmo dicionario define "señeiro" "(ant.) El pueblo ó territorio que tenia facultad para levantar pendon en las proclamaciones de los reyes". Penso que non sería o caso desta vila, non atopamos atestamentos para ela que lle dean un carácter particular que apoiaría esta interprtación.
TEIXIDO (Cedofeita -lugar de Piñeira)
Este topónimo alude a un lugar no que abundan as árbores chamadas teixos (do latín taxu).
TILLEIRA, A (microtopón. da Devesa)
TILLEIRA, A (microtopón. de Couxela)
Lugar onde fabricaban tellas, aproveitando as terras barrentas do lugar.
TOLDA, A (microtopón. de Vilausende)
Os topónimos Tolda foron estudados por E. Bascuas. A Tolda remitiría á tolda do muíño, ou talvez terían orixe máis antiga nunha idea de ‘charco ou canle de agua’. De feito, tal como indica Bascuas, estes topónimos quedan á beira de ríos ou regatos. Dada a "presenza constante" do artigo, interprétaos como de orixe moderna. Outra alternativa que indica Bascuas é a relación con tolda ‘emparrado’.
No caso que nos ocupa, nunha zona de prados, ten mellor encaixe a acepción relativa a augas.
TOLEIRAS, AS (microtopón. de Vilausende)
A voz "toleira" os dicionarios recollen tres acepcións que encaixarían na toponimia, unha relativa ás augas "canle pola que entra a auga na finca", e dúas relativas a morea, monte "morea de terróns para queimar, tola’, ‘monte que se cava e queima para sementar’ (cf. DdD). O cognado castelán "tollera" é recollido en Tierra de Aliste (Zamora), como «lugar de mucho barro».
Os topónimos "Toleira" foron estudados por Bascuas, quen remite a esas acepcións, e indica a súa orixe prerromana, en dous radicais homónimos *tul- , o primeiro derivado da raíz indoeuropea *ta- 'derreter, fluír' e o segundo da raíz indoeuropea *teu 'inchar', da cal proviría a acepción de "morea, monte" (cf. E. Bascuas, 2006. "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
TOMBO, O (microtopón. de Couxela)
TOMBO, O (microtopón. de Covelas)
TOMBO, O (microtopón. da Devesa)
TOMBO, O (microtopón. de Piñeira)
TOMBO, O (microtopón. de Vilaframil)
TOMBO, O (microtopón. de Vilaselán)
TOMBO, O (microtopón. de Vilausende)
O termo "tombo" ten varias acepcións. Neste caso, debe ser interpretado como "lomba, ribazo". Cf. A. Otero (1956), "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", DdD.
TORTELAS DE ABAIXO, AS (microtopón. de Vilausende)
TORTELAS DE ARRIBA, AS (microtopón. de Vilausende)
Probablemente aludan a unha característica torta (curva) do terreo, ou ao regato que por alí pasa, ao ser unha zona de prados.
É de notar que, aínda que Francisco Villar liga os topónimos "Tortela", "Tortilla" e similares co tema antigoeuropeo (prerromano) *tur-, tal como indica Edelmiro Bascuas, non hai razón para pensar nunha orixe alternativa á romance derivada do latín tortus (cf. E. Bascuas, 2006. "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
TRANCOEIRAS, AS (microtopón. de Piñeira)
Topónimo único en Galiza e de interpretación complexa.
TRAPA, A (Cedofeita)
TRAPELA, A (Piñeira)
Remitirá a un lugar onde se armaba unha ‘trampa para animais’. Tamén poderíamos interpretalo nun sentido metafórico de lugar encaixado ou similar.
No caso de Trapela, diminutivo de trapa, ao ser recollido na beiramar, pode aludir a un sentido máis xocoso.
Canto a "de Corvelle", debe remitir ao lugar de orixe dun antigo propietario, talvez o Corvelle existente no Valadouro.
VILAFRAMIL (Vilaframil)
Composto cunha orixe en Uilla Fradimiri, forma en xenitivo de Fradimirus, nome do antigo posesor da uilla (casal, granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
En efecto, aparece atestado nun documento do ano 1002 como "uilla Fredimiri":
Notar, como sempre, que o feito de o nome ter orixe xermánica non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Alta Idade Media.
VILAGOÍZ (A Devesa -lugar de Vilagoíz)
Este topónimo remite a unha uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola), onde Goíz é a forma evoluída dun nome ou patronímico ("apelido") dun antigo posesor. Canto ao detalle da orixe concreta de tal nome, hai varias interpretacións, tal como se comenta de seguido.
VILAMARIZ (Arante -lugar de Vilamariz)
Figura atestado como "Maariz" nun documento do século X (cf. GMH). Aparece como "Villamariz" no Catastro de Ensenada para Arante (1752).
Por outro lado, no 1124 aparece como Uillaausendi
No ano 1373 aparece coa forma actual Vilousende:
XAN GALO (microtopón. de Couxela)
Posiblemente refira á mesma persoa que a "ILLA DE XAN GALO".
Ver "OS GALOS" para máis detalle..
XARDÍN, O (Ove)
XARDÍN, O (microtopón. de Vilausende, A Devesa, Vilaframil)
Topónimo transparente. Probablemente cun senso metafórico (positivo, desiderativo ou pexorativo), pois hai moitos topónimos "xardín" localizados en sitios non apropiados para ser un xardín (e.g. cando están lonxe de lugares habitados).
Segundo Crespo Pozo, tería a acepción de "horto, horta pequena" (cf. J. S. Crespo, "Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego ..". Vol II, 1979).
XARELA, A (microtopón. de Covelas)
Os dicionarios definen "xarela" como "persoa descarada e pouco formal no falar". Estaríamos, por tanto, diante dun topónimo que remitiría ao alcume do dono ou dona destas fincas.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outra Xarela en Cariño, así como un O Xarelo, núcleo de poboación das Pontes.
Xa que logo, atopamos desde innúmeros topónimos de orixe prerromana, entre os que temos o río Eo e posiblemente tamén Arante. De aí pasamos aos de orixe romana e seguimos cos ecos de antigas uillae altomedievais como Cinxe, Marelle ou Vilausende. A Graña tamén é de orixe medieval, como puideron ser tamén Os Bestilleiros. Xa máis preto dos nosos tempos, as doenzas d'Os Malatos tamén se achegan á toponimia do concello.
A páxina achega, pois, este percorrido, en orde alfabética, que pretendemos sexa usado como material de consulta para aqueles que tivesen interese polo que hai agochado tras dos nomes dos lugares.
Nota: non reproducimos a lista exhaustiva, excluímos aqueles con significado transparente.
----------
ABAIRA, A (microtopón. de Ove)
ABAIRA, A (microtopón. de Arante)
Comezamos a lista cun topónimo interesante pero cunha interpretación controvertida.
Penso que se trata dunha forma "fosilizada" na toponimia dunha das variantes para o nome da árbore 'alnus glutinosa' chamada ameneira/o, amieira/o, amoeira/o e abeneira/o. Semella plausible que, se conviviron as solucións ameneira/amieira/amoeira, con mantemento e caída do -n-, tivo que acontecer o mesmo con abeneira e teren existido as formas abaira e aboeira.
Alén diso, as atestacións medievais apuntan neste sentido: na documentación do mosteiro de Sto. Estevo de Ribas de Sil (Ou), Moralejo refire aos textos:

Ferueta que dicent Apanaria ...(ano 921)
in Ferueda de Abanaria… (ano 1214)
Para esta documentación, Moralejo tamén indica que poderíamos estar fronte a unha variante de abeneiro, ameneiro (cf. J. J. Moralejo, 2010. "Topónimos célticos en Galicia", in Palaeohispanica 10)
Por outro lado, tanto Gonzalo Navaza como Xulia Marqués Valea interpretan "Abaira" como formado a partir de "A Aira". Marqués indica que nesta área do galego oriental o i anti-hiático foi substituído por u, chegando a se consonantizar en /b/ (cf. Xulia Marqués, "Toponimia de Trabada" e G. Navaza, 2002. "Dialectoloxía e toponimia"). En efecto, xa segundo Saco y Arce se daba na pronuncia oriental "vou á-b-eira" por "vou á eira", o cal tamén recolleu Carballo Calero na súa "Gramática elemental del gallego común".
No entanto, interpretando estes toponimos como cun -b- antihiático, xorden algúns problemas:
Finalmente, notar que nos dicionarios galegos (cf. DdD) figura "baira" coas acepcións de "presa nun río", " remanso de auga". Tamén aparece "abeira" como "pingueira". Crémolas descartables no noso caso, pois tanto "A Abaira" de Ove como a de Arante quedan nun lugar relativamente seco e lonxe de regatos para que houbese unha presa de auga ou unha pingueira.
ABELLEIRA, A (microtop. de Covelas)
ABELLEIRA, A (microtop. de Piñeira)
O termo "abelleira" significa o mesmo que "colmea" ou "enxame". Por tanto, o topónimo remite a un lugar onde había colocadas colmeas.
Nalgúns casos, o lugar estaba cercado, para protexer as colmeas dos animais, e un tanto lonxe da poboación.
É un topónimo moi común en toda A Mariña, do Vicedo ata Ribadeo.
ABRAÍDO (microtopón. de Ove)
Topónimo que alude a un lugar onde abundan (abundaron) as abeleiras ou abrairas (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
O interesante do topónimo é que atesta o uso na zona da forma "abraira", propia do galego oriental.
ACEÑAS, AS (Ove)
Os apelativos "acea" e "aceña" proveñen do árabe as-sanya. 'nora, muíño da fariña'. As aceas non tiñan "rodicio", senón unha roda vertical similar a unha nora. No dicionario "acea" é definida como "Muíño situado nunha ría, que aproveita para o seu funcionamento a auga acumulada durante a preamar".
Indica Rocío Dourado que a pronuncia local oscila entre Aceas e Aceñas. Isto mesmo ocorre para para o topónimo do mesmo nome situado en Viveiro, posiblemente por seren topónimos relativamente recentes ou pola influencia do castelán.
Tamén indica Rocío Dourado que no lugar aínda se conservan restos de construcións deste tipo (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela, ...").
ACERNADA DE BAIXO, A (microtopón. de Cedofeita)

ACERNADAS, AS (microtopón. da Devesa)
Debe tratarse dunha forma alternativa por "cernada", aínda que con reservas, xa que a forma "Acernada" se repite aquí tres veces e outra máis no veciño Barreiros.
O termo "cernada" viría do latín (terra) cinerata 'terra queimada'. Tería relación con sitios de monte onde se facían actividades de roza. Ver "ROZAS" para máis detalles.
ACEVEDO (Ove)
Este lugar está recollido con este nome no Catastro de Ensenada de Ove (1752).

- Primeiro porque hai un "As Abairas" en Teixeira (Ourense) para o cal non encaixaría esta hipótese (puido ter sido orixinariamente un "Abaira" e terse pluralizado despois, pero non é probable).
- Ademais, hai varios "A Baira" que están lonxe de casas, improbable que fosen nun pasado unha "aira".
Finalmente, notar que nos dicionarios galegos (cf. DdD) figura "baira" coas acepcións de "presa nun río", " remanso de auga". Tamén aparece "abeira" como "pingueira". Crémolas descartables no noso caso, pois tanto "A Abaira" de Ove como a de Arante quedan nun lugar relativamente seco e lonxe de regatos para que houbese unha presa de auga ou unha pingueira.
ABELLEIRA, A (microtop. de Covelas)
ABELLEIRA, A (microtop. de Piñeira)
O termo "abelleira" significa o mesmo que "colmea" ou "enxame". Por tanto, o topónimo remite a un lugar onde había colocadas colmeas.
Nalgúns casos, o lugar estaba cercado, para protexer as colmeas dos animais, e un tanto lonxe da poboación.
É un topónimo moi común en toda A Mariña, do Vicedo ata Ribadeo.
ABRAÍDO (microtopón. de Ove)
Topónimo que alude a un lugar onde abundan (abundaron) as abeleiras ou abrairas (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
O interesante do topónimo é que atesta o uso na zona da forma "abraira", propia do galego oriental.
ACEÑAS, AS (Ove)
Os apelativos "acea" e "aceña" proveñen do árabe as-sanya. 'nora, muíño da fariña'. As aceas non tiñan "rodicio", senón unha roda vertical similar a unha nora. No dicionario "acea" é definida como "Muíño situado nunha ría, que aproveita para o seu funcionamento a auga acumulada durante a preamar".
Indica Rocío Dourado que a pronuncia local oscila entre Aceas e Aceñas. Isto mesmo ocorre para para o topónimo do mesmo nome situado en Viveiro, posiblemente por seren topónimos relativamente recentes ou pola influencia do castelán.
Tamén indica Rocío Dourado que no lugar aínda se conservan restos de construcións deste tipo (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela, ...").
ACERNADA DE BAIXO, A (microtopón. de Cedofeita)
ACERNADA DE BAIXO, A (microtopón. de Cedofeita)
ACERNADAS, AS (microtopón. da Devesa)
Debe tratarse dunha forma alternativa por "cernada", aínda que con reservas, xa que a forma "Acernada" se repite aquí tres veces e outra máis no veciño Barreiros.
O termo "cernada" viría do latín (terra) cinerata 'terra queimada'. Tería relación con sitios de monte onde se facían actividades de roza. Ver "ROZAS" para máis detalles.
ACEVEDO (Ove)
Este lugar está recollido con este nome no Catastro de Ensenada de Ove (1752).
Os nomes "aciveiral", "acevedo", "acivido", remiten a un lugar onde abundan (abundaron) os acevos, tamén chamados acivos ou acivros (Ilex aquifolium).
AENLLE (microtop. de Covelas)
Aenlle alude ao apelido dun antigo posesor deste lugar. Este apelido é frecuente na Mariña Oriental, en particular en Trabada (cf. Cartografía dos apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega). Manuel Vázquez Seijas, en "Fortalezas de Lugo y su provincia", atribúe a casa matriz de Aenlle no lugar de Pividal (Trabada).
Este apelido deriva á súa vez a un núcleo de poboación Aenlle, que descoñecemos onde estaba localizado. Ese nome do núcleo de poboación, vén dunha forma en xenitivo, que podería ser *(uilla) Aneldi, forma en xenitivo de Aneldi ou Anelius, nome do antigo posesor da dita uilla (granxa, casal).
O nome Aneldi ten orixe xermánica (Piel-Kremer recollen "Anelde", formado de An- 'antepasado' e -ildi de hildi 'combate').
No entanto, este antropónimo concreto é apenas unha posibilidade entre outras varias, como de Anelli (de Anellus) ou de Anelti (de Aneltus), ou incluso Anelius, de orixe prerromana, que aparece frecuentemente entre os Vetóns e os Lusitanos (cf. aquí).
AGUIAR (microtop. de Covelas)
Tanto "aguieira" como "aguiar" aluden a lugares frecuentados polas aguias ou nos que aniñan. Pode tratarse dunha referencia metafórica, aludindo á situación e orografía do lugar.
Por outro lado, neste caso de "Aguiar", ao tratarse dun microtopónimo, tampouco podemos descartar a priori que aluda ao apelido dun antigo posesor. Porén, é improbable ao non ser un apelido común neste concello.
ALMORICA, A (microtopón. de Covelas)
Aínda que sexa un topónimo escuro, posiblemente veña de " a (terra) ermeriga", terra pertencente a Ermerigo, nome de orixe xermánica, xa atestado no século X:
AMALLÓ, O (microtop. de Covelas)
Seguindo a Martínez Lema, tería o significado de "viña, bacelar". Do latín malleolus 'pequeno martelo', 'chanta de vidra cortada en forma de martelo' (cf. P. Martínez. "A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV")).
Pola contorna, atopamos outro Amalló no Valadouro e outro en Muras.
ANIVERSARIA, A (microtop. de Covelas)
O termo "aniversaria" é sinónimo de "aniversario", e aludirá a que o lugar foi deixado en herdanza coa obriga dunha renda anual, a pagar nunha determinada data do santoral.
En efecto, era relativamente frecuente que os testamentos establecesen a obriga anual aos herdeiros, de dar misas de "aniversaria" polo finado, ou esmola aos pobres, e incluíndo tamén por veces a cesión de foxa para o enterramento, na igrexa ou no camposanto. Por veces esta obriga quedaba en forma dun foro ligado ao terreo testado. Esta tradición, co mesmo nome, deuse non só en Galiza senón en Portugal (cf.Viterbo, "Elucidário .." s.v. "anniversaria"), ou en Asturias.
Aínda que nos dicionarios actuais de galego non figura "aniversaria", si figura no galego medieval, tanto "aniversaria" como "universaria". Así por ex. en 1284 "sobre razon da uniuerssaria... por razon da uniuerssaria" (cf. R. Lorenzo, 1977. "La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla". Vol. II).
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, así dáse en Ribadeo, Burela, Mañón, As Somozas, San Sadurniño, Ferreira, etc.
ANZAS, AS (Covelas)
Este topónimo está ben documentado e amplamente estudado polo seu interese filolóxico.
Xa o diploma do Rei Silo (c. 775 ?), menciona as propiedades inter ribulum Alesancia et Mera. Na documentación medieval figura como Asanza (1202) e "sanctus Tomas de Asanza" (1124 (cf. Documentación da catdral de Mondoñedo).
Foi ben estudado por Bascuas, entre outros e derivaría de Alesantĭa, formado a partir da raíz indoeuropea *el- ‘vermello, pardo’ (IEW 302 e ss.), presente noutros hidrónimos como Esgos (< alesĭcōs), Aliso, Alesia, Alistro, así como no fitónimo "aliso"(cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega", in Verba 51).
Presenta o sufixo -anza, presente igualmente na hidronimia paeoeuropea (cfr. Barbanza, Arlanza, etc.).
ARANTE (Arante)
Esta parroquia aparece atestada no 935 como "ecclesia Santi Petri de Alanti". Xa aparece coa forma Arante no 1305, 1351 e 1371.

A ALDEA (Cedofeita)
A voz "aldea", de orixe árabe (do andalusí aḍḍáy’a), aínda que con difusión tardía no galego, a partir da súa introdución tivo unha gran difusión, tendo 134 ocorrencias na toponimia galega (cf. A. Boullón, 2021. "Panorama da toponimia galega (a través dos seus nomes máis frecuentes)", in Estudos Linguísticos e Literários 71).
En efecto, non aparece na documentación galega ata o séc. XII, e en referencia a núcleos galegos aparece no século XIII (“in aldea de Pineyra de predicto monasterio” a.1223, Ferreira de Pallares).
En galego mantivo o significado semellante ao que tiña en árabe: ‘núcleo pequeno de poboación, de carácter rural e con poucos veciños’.
ALMORICA, A (microtopón. de Covelas)
Aínda que sexa un topónimo escuro, posiblemente veña de " a (terra) ermeriga", terra pertencente a Ermerigo, nome de orixe xermánica, xa atestado no século X:
[...] eius filius ts. Azoi ts. Rando ts. Ermerigo Arias ts. [...] (cf. CODOLGA)
Se for este o caso, conservaría o nome desde a época altomedieval, cando estaban "de moda" os nomes xermánicos.
ALTO DA COROA, O (microtopón. de Vilaframil)
ALTO DA COROA, O (microtopón. da Devesa)
Ver "COROA".
ALTO DA COROA, O (microtopón. de Vilaframil)
ALTO DA COROA, O (microtopón. da Devesa)
Ver "COROA".
AMALLÓ, O (microtop. de Covelas)
Seguindo a Martínez Lema, tería o significado de "viña, bacelar". Do latín malleolus 'pequeno martelo', 'chanta de vidra cortada en forma de martelo' (cf. P. Martínez. "A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV")).
Pola contorna, atopamos outro Amalló no Valadouro e outro en Muras.
ANIVERSARIA, A (microtop. de Covelas)
O termo "aniversaria" é sinónimo de "aniversario", e aludirá a que o lugar foi deixado en herdanza coa obriga dunha renda anual, a pagar nunha determinada data do santoral.
En efecto, era relativamente frecuente que os testamentos establecesen a obriga anual aos herdeiros, de dar misas de "aniversaria" polo finado, ou esmola aos pobres, e incluíndo tamén por veces a cesión de foxa para o enterramento, na igrexa ou no camposanto. Por veces esta obriga quedaba en forma dun foro ligado ao terreo testado. Esta tradición, co mesmo nome, deuse non só en Galiza senón en Portugal (cf.Viterbo, "Elucidário .." s.v. "anniversaria"), ou en Asturias.
Aínda que nos dicionarios actuais de galego non figura "aniversaria", si figura no galego medieval, tanto "aniversaria" como "universaria". Así por ex. en 1284 "sobre razon da uniuerssaria... por razon da uniuerssaria" (cf. R. Lorenzo, 1977. "La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla". Vol. II).
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, así dáse en Ribadeo, Burela, Mañón, As Somozas, San Sadurniño, Ferreira, etc.
ANZAS, AS (Covelas)
Este topónimo está ben documentado e amplamente estudado polo seu interese filolóxico.
Xa o diploma do Rei Silo (c. 775 ?), menciona as propiedades inter ribulum Alesancia et Mera. Na documentación medieval figura como Asanza (1202) e "sanctus Tomas de Asanza" (1124 (cf. Documentación da catdral de Mondoñedo).
Foi ben estudado por Bascuas, entre outros e derivaría de Alesantĭa, formado a partir da raíz indoeuropea *el- ‘vermello, pardo’ (IEW 302 e ss.), presente noutros hidrónimos como Esgos (< alesĭcōs), Aliso, Alesia, Alistro, así como no fitónimo "aliso"(cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega", in Verba 51).
Presenta o sufixo -anza, presente igualmente na hidronimia paeoeuropea (cfr. Barbanza, Arlanza, etc.).
ARANTE (Arante)
Esta parroquia aparece atestada no 935 como "ecclesia Santi Petri de Alanti". Xa aparece coa forma Arante no 1305, 1351 e 1371.
Semella complexo o rotacismo deste -l-. Edelmiro Bascuas indica que o mencionado Alanti sería un erro paleográfico (rexeita a relación co antropónimo galo Alantius). Trataríase dun hidrotopónimo con base no tema *ar-, da raíz indoeuropea *er- ‘fluír, moverse’. Bascuas lígao coa secuencia sufixal -ante presente en topónimos como Amarante, Serantes e similares (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega", in Verba 51).
Neste senso, Rocío Dourado menciona outras ocorrencias deste tema *arant-, como Arantón, Arantei e similares. Lembra ademais nesta ligazón coa hidronimia, a existencia do río francés Arante (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados").

ARQUEIRA, A (microtopón. de Arante)
Podería ser derivado do latín arca, 'mámoa, dólmen, sepultura prehistórica'. De feito, figura recollido "arqueira" entre os termos aplicados a dolmens (cf. J. R. Menéndez, 2000 "La construcción del territorio;mapa histórico del noroeste de la Península Ibérica").

ARNELA, A (microtopón. de Couxela)
ARNELA, A (microtopón. de Piñeira)
Os dicionarios recollen para "arnela" a acepción de "praia en costa aberta, que se mete entre dous montes, e na que xeralmente desauga un río ou regato" (cf. DdD). Esta acepción encaixa para a praia da Arnela de Couxela, ou na Arnela de Area (Viveiro).
Xeralmente é aceptada a derivación do latín *arenella, o cal encaixa co significado de praia citado, ainda que non noutros casos.
ARNELA, A (microtopón. de Piñeira)
Os dicionarios recollen para "arnela" a acepción de "praia en costa aberta, que se mete entre dous montes, e na que xeralmente desauga un río ou regato" (cf. DdD). Esta acepción encaixa para a praia da Arnela de Couxela, ou na Arnela de Area (Viveiro).
Xeralmente é aceptada a derivación do latín *arenella, o cal encaixa co significado de praia citado, ainda que non noutros casos.
ARREDO, O (microtopón. de Vilaselán)
O termo "arredo", do latín ad retro, refire a unha situación separada ou afastada.
Para o caso deste topónimo, asociado a un farallón costeiro,o topónimo remitiría por tanto á situación relativamente afastada do farallón. Con todo, tratándose dun elemento costeiro, moitas veces os topónimos aluden a termos xocosos non sempre cunha interpretación simple.
ARREXOÁ (microtopón. de Couxela)
Debe de tratarse dun antigo diminutivo arroiola, de arroxa, variante de arroio.
Non é un topónio único, senón que compartilla con outros lugares, como o núcleo de poboación existente en Ourol.
Para detalles interpretativos, ver a entrada correspondente incluída no blog de "Toponimia de Ourol".
Lingüisticamente é ademais interesante porque aparenta ser unha cristalización nesta zona da evolución do sufixo latino -ola para -oá, fronte á forma deste sufixo máis frecuente na zona, que semella ser -úa. Se non for así, o topónimo non tería orixe nun diminutivo.

ARRIBA DAS PAREDES (microtopón. de Vilaframil)
Os topónimos "Paredes", frecuentes en Galiza, acostuman remitir á existencia de paredes dunha ou varias casas en ruínas, por veces ruínas castrexas. No entanto, na Idade Media podía tamén aludir a un ‘muro, valado, muralla’ e, en particular, ao ‘valado que cerra e limita unha propiedade’ (cf. X. Varela, 2008. "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil", in Anexo 62 de Verba. p. 112-113). Esta acepción, xunto coa de ‘ruínas de construcións’ (cf. G. Navaza, 2007, p. 138. "Toponimia de Catoira"), darían orixe aos topónimos, que aparecen xeralmente en plural.
Probablemente se trataría, xa que logo, dun lugar repoboado que fora antigamente abandonado. Lembremos, como exemplo xustificativo, as mortíferas pestes que ocorreron na Idade Media, que levarían ao abandono de moitas aldeas.
AVIEGA, A (microtopón. de Couxela)
AVIEGA, A (microtopón. de Vilausende)
AVIEGAS, AS (microtopón. de Cedofeita)
AVIEGAS, AS (microtopón. de Covelas)
AVIEGAS, AS (microtopón. de Ove)
Topónimo que remite ao cultivo da avea, aludindo a un lugar onde é cultivada ou propicio para o seu cultivo.
O sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, aparece na toponimia por veces como abundancial para cereais e outras plantas, así atopamos tamén Millarega (millo miúdo), Escanarega (escanla), Pallarega, Pomarega, Silvaregas.
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa" (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
AVIEIRA, A (microtopón. de Covelas)
O mesmo que "aveal", lugar onde se cultivaba a avea, ou propicio para o seu cultivo.
BANZADO, O (microtopón. de Vilausende)
Os dicionarios recollen para "banzada" e "banzado" acepcións como "auga represada, ben dunha represa natural ou artificial, en particular as represas de muíños e batáns" (cf. DdD).
BARBEITO, O (microtopón. de Covelas)
BARBEITOS (microtopón. de Vilaframil)
O dicionario define "barbeito" como "terra de labor que se deixa descansar unha tempada sen sementar", ou tamén "terra de secaño".
Para o caso deste "Barbeitos", a motivación tivo que ser outra ao tratase dunha furna ao pe do mar.
BARCELAR, O (microtopón. de Piñeira)
Forma deturpada por "bacelar", "lugar plantado de bacelos" (vides novas, nun terreo onde non se plantaran antes).
O termo "bacelo" vén do latín bacillum ‘bastonciño’, diminutivo de baculum ‘bastón’, ao lembrar os bacelos a forma dun bastón.
BARCIA, A (microtopón. de Covelas)
BARCIA DE BAIXO, A (microtopón. de Arante)
BARCIA DE RIBA, A (microtopón. de Arante)
BARCIAS, AS (microtopón. de Vilaselán)
O apelativo "barcia" indica un terreo chan e cultivado, un campo chan (cf. DdD), moitas veces ao pé dun río.
Canto á súa orixe, a serie Barcia/Varcia/Barxa foi detalladamente analizada por Bascuas. En efecto, Bascuas pón de manifesto o "absoluto predominio" da documentación antiga como varcena e despois varcia, en canto que a representación con "b" foi excepcional. Por isto e outras razóns, deriva "Barcia" e "Barxa" dunha forma paleoeuropea *war-ki-na, a partir da raíz indoeuropea *war- 'auga'; non lle dá orixe celta, ao non estar tal raíz extendida no celta (cf. pp. 154-155 de E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014).
BARGOS, OS (microtopón. de Vilausende)
BARGOS, OS (microtopón. de Vilaframil)
BARGOS, OS (microtopón. de Cedofeita)
Un "vargo" ou "bargo" é unha laxe ou lousa delgada, por veces usada para separar fincas.
Indicaría un lastrado ou palizada, cos indicados vargos, cunha finalidade quer divisoria, quer de protección.
A orixe de "vargo" é prerromana, celta, o mesmo que en castelán várgano 'Cada uno de los palos o estacas dispuestos para construir una empalizada'. No medieval "Liber Testamentorum" da Catedral de Oviedo menciónase "facere sepes et varganos", onde tamén semella indicar unha clase de valado ou palizada.
BARGUEIRAS, AS (microtopón. de Ove)
Remite a unnha finca cerrada de vargos ou vargas (laxes, pedras planas). De feito o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra en Riotorto "A Cortiña de Bargueiras", que parece apuntar para o mesmo significado.
Aínda que o dicionario da RAG (1913-1928) recolle tamén para "barga" a acepción para de "La parte más pendiente de una cuesta", non debe ser aplicable nestes topónimos, así en Reigosa (A Pastoriza) atopamos un "As Bargueiras" nun lugar ben chan, sen ningunhas encostas darredor.
BARREIROS (Cedofeita)
Os topónimos "Barreiro(s)" e "Barreira(s)" son moi frecuentes na toponimia galega, e derivan do sustantivo común do mesmo nome, derivado de "barro" mediante o sufixo -eiro (< latín -ārĭŭ).
Alude "lugar no que se extrae o barro ou a arxila, onde abunda o barro". É de notar que os dicionarios tamén recollen para "barreiro" a acepción de 'persoa que traballa co barro, oleiro'.
BATAIS, OS (Covelas)
Plural de "batán", do latín battere, bater, golpear.
Os antigos batáns de auga eran dispositivos destinados á operación de abatanar ou bater os panos ou teas de lá ou liño fabricados nos teares caseiros. O tecido era batido por dous mazos hidráulicos. O batido tiña como finalidade desengraxar o tecido e darlle corpo.
Os batáns ficaban ao pé dos ríos e ao funcionar facían gran ruído.
BESTILLEIROS, OS (Arante -lugar dos Bestilleiros)
Aparece atestado como "bestilleiros" no Catastro de Ensenada para Arante (1752).

O termo "bestilleiro" e "besteiro" designa un soldado que usaba a "besta". Estando neste caso flexionado en plural, debe remitir á profesión ou ao apelido do posesor do lugar. Como apelido, xa figura atestado no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos"). No entanto, non é un apelido frecuente nesta zona, segundo o CAG.
Aínda poderíamos pensar nalgún tipo de destacamento militar medieval, pero semella pouco probable para este lugar concreto.
BISPOS, OS (Couxela -lugar dos Bispos)
Aludirá á pertenza deste lugar á xurisdición episcopal.
Tamén podería interpretarse como o alcume dos antigo posesor. Así, Boullón mencionao na onomástica persoal altomedieval (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
BIXOTEIRAS, AS (microtopón. de Vilaframil)
Alude a un lugar onno que de se xuntan ou aniñan os bexatos, tamén chamados buxatos ou miñatos. A existencia dun topónimo abundancial para estas aves non sería estraña, igual que atopamos (sen sermos exhaustivos): Corveiras, Gralleiras (grallas), Pegueiras, Aguieiras, Azoreiras, Gaveiras (gaivotas). Temos neste concello tamén "As Lavanqueiras" (ver entrada correspondente).
Atopamos tamén en Ribadeo "A Rigueira do Bexato", que nos mostra o uso local da forma "bexato".
BOUCELO (microtopón. da Devesa)
Diminutivo, coa forma antiga en -elo, do sustantivo bouza, que designa un ‘terreo inculto poboado de mato, como toxos, xestas, uces etc.’ (cf DRAG). Canto á etimoloxía de bouza, remitimos aos traballos de foi estudada entre outros por Piel (1989) e Navaza (2006). Unha das hipóteses é derivar bouza
do adxectivo latino baltĕa 'que cingue'.
Este topónimo é interesante polo feito de conservar, para unha palabra común, o diminutivo en -elo, que foi sustituído na fala por -iño xa por volta do século XIII. O interesante é, xa que logo, a pervivencia dos topónimos, xa non só de poboacións ou ríos senón tamén na toponimia "menor", neste caso semella que desde o século XIII como mínimo.
Topónimo que alude á procedencia da persoa que foi posesora destes predios. A formación posesivo / adxectival "burelas", de "As (terras de) Burela", é frecuente na toponimia galega.
CADARRAMIL (microtopón. da Devesa)
Forma derivada do sintagma "Cas(a) de Ramil", remitindo ao apelido do posesor do predio.
O apelido Ramil ten a maior frecuencia no norte das provincias da Coruña e Lugo (Área Mindoniense), e deriva dun topónimo Ramil, que á súa vez vén de (uilla) Ranimiri, remitindo a unha uilla altomedieval pertencente a Ranimirus, nome de orixe xermánica.
CAENLLA, A (microtopón. de Ove)
CAENLLA, A (microtopón. de Piñeira)
O mesmo que "cale"/canle, tanto no sentido de "canal" como no de "declive, pendente, parte baixa dunha finca ou monte".
É interesante ver que conserva o "n" provinte da nasalidade, tal como ocorre nas variantes "quenlle" e "quenlla". Noutras zonas pasou a "caella", "quella" (con grafía quelha en portugués).
CACHELOS, OS (microtopón. de Ove)
CACHELOS, OS (microtopón. de Cedofeita)
O significado deste topónimo é transparente, diminutivo de cacho "pedazo, peza", co antigo sufixo -elo, remitindo a unha peza pequena de terreo. É un topónimo, xa que logo, paralelo aos existentes "A Peza" ou "Os Cachos".
Non ten, obviamente, relación directa coa acepción de "porción de pataca cocida".
CACHOPA, A (microtopón. de Covelas)
CACHOPAS, AS (microtopón. de Cedofeita)
O dicionario define "cachopa" como 'toro (tronco) groso e vello, ben aínda en pé ou xa cortado'. Tamén como "cepo". Tronco seco, ou medio seco, de árbore, especialmente castiñeiro.
Para "cachopo", aclaranos que se "diferencia da cachopa en que esta indica árbore de maiores dimensións" (cf. DdD).
CADAVAL, O (microtopón. de Vilaframil)
CADAVAL, O (microtopón. de Arante)
CADAVAL, O (microtopón. de Ove)
Lugar onde abundan os cádavos:"toxal queimado no que permanecen os cepos dos toxos en pé" (cf. DdD).
O CADRO (microtopón. de Covelas)
CAÍNZOS, OS (microtopón. de Vilausende)
O CADRELO (microtopón. de Ove)
Topónimos que probabelmente remitan á disposición chá e rectangular do terreo, á forma cadrada da leira, fronte ao máis xeral de forma alongada.
En efecto, aínda que os dicionario de galego inclúan a acepción de "establo, corte", se observamos a localización dos topónimos "Cadra" de Foz, Barreiros, Muras, así como a d'As Cadras" en Lousame, derívase que en todos os lugares se refire a fincas rectangulares chás, e en ningún caso ten edificacións nin parece encaixar o lugar para que as tivese.
Non podemos descartar, no entanto, que poida aludir aos restos dunha edificación en cadro, en ángulo recto, e remitir talvez a restos romanos (a planta dunha vila ou outro edificio) ou dun castro. Estas cementacións en escuadra resultarían pouco comúns para os poboadores da Idade Media. En efecto, Pascual Riesco asigna esta orixe arqueolóxica a varios "Escuadro" existentes na provincia de Zamora e noutras (cf. P. Riesco, 2019. "Toponimia de la provincia de Zamora. Panorámica documental, ...").
CAÍNZOS, OS (microtopón. de Vilausende)
Un caínzo ou canizo designa unnha armazón ou tecido de varas, en particular de canas. Constantino García resume as múltiplas acepcións derivadas:
"armazón formado por unas tablas y un entretejido de cañas, varas o mimbres que tiene muchos usos: lateral del carro para sostener la carga; rastro para allanar la tierra después de arada; portilla de una finca; verja; recipiente que recibe las uvas para ser prensadas; cubierta que se coloca al comienzo de la campana de la chimenea y sirve para secar castañas y otros productos; cubierta sostenida por unos palos que hace el servicio de alpendre, etc".
Rivas Quintas recolleu ademais a acepción de "Canaval" (lugar onde abundan as canas ou canaveiras), que pode ser a motivación de parte destes topónimos.
Un "caínzo", na toponimia galega, é un termo frecuente que pode referir a algunha construción ou armazón (talvez unha pesqueira no río) feita de canas ou vimbes. Tamén podemos pensar nun terreo cerrado de vimbes ou canas, nunha trampa feita de canas, ou incluso nunha cancela feita de tales materiais. Tamén encaixa unha adxectivación, de "terreo canizo", onde abundan as canas, tal como recolleu Rivas Quintas.
Por outro lado, seguindo a Navaza, encaixaría noutros topónimos tamén a a acepción de "Pesqueira" da voz "cañizo" (semella castelanismo) recollida por Eladio Rodriguez no seu dicionario.
CALEIROS, OS (microtopón. de Vilausende)
Topónimo que alude a un lugar onde se localiza un forno para queimar a pedra de facer cal.
Nalgúns casos pode aludir á dedicación ou alcume do posesor do predio.
CALVARIO, O (microtopón. de Couxela)
CALVARIO, O (microtopón. de Arante -lugar de Remourelle)
Referido á existencia de cruces, ligadas ao culto do Via Crucis.
CAMBELA, A (microtopón. de Vilaselán)
Unha "cambela" é un pau retorto. Por extensión, un arado antigo.
Unha orixe alternativa sería do diminutivo de "camba".
Podería neste caso corresponder co alcume de antigo propietario (ou propietaria). É común na toponimia indicar a posesión via a adxectivación a partir do nome : neste caso "leira do Cambelo" > Cambela.
CAMPAS, AS (microtopón. de Couxela)
O topónimo "Campa" remite aquí a unha "campiña no monte". Esta voz deriva de "campo", sendo a forma en femenino indicando un maior tamaño (cf. sacho-sacha).
A acepción para "campa" de "laxe de sepultura" é improbábel, non encaixaría que tivese tantas ocorrencias na toponimia, aínda que nalgúns casos pode ser o caso.
CAMPÓN, O (microtopón. de Ove)
CAMPÓN, O (microtopón. da Devesa)
CAMPÓN, O (microtopón. de Cedofeita)
CAMPÓN, O (microtopón. de Covelas)
CAMPÓN, O (microtopón. de Vilausende)
CAMPÓS, OS (microtopón. de Ove)
CAMPÓS, OS (microtopón. de Piñeira)
CAMPÓS, OS (microtopón. de Covelas)
CAMPÓS, OS (microtopón. de Vilausende)
O termo "campón" remite a un prado de secaño de moita extensión. Cf DdD.
CAMPOSA, A (microtopón. da Devesa)
CAMPOSA, A (microtopón. de Covelas)
CAMPOSA, A (microtopón. de Couxela)
CAMPOSA, A (microtopón. de Vilaframil)
CAMPOSAS, AS (microtopón. de Vilausende)
O topónimo "camposa" remite a un campo grande e chan (cf. DdD).
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, maiormente nas provincias da Coruña e Lugo.
CANDAL, O (microtopón. de Arante)
O termo "candal" indica un garabullal, un lugar onde abundan os "candos", "garabullos", "guizos", "vara para alumar" (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
En Galicia rexístranse outros topónimos relacionados: Candaedo, Candaendo, a Canda, o Candal, Candaoso, Candaosa, Candaira, etc. En Asturias, León e Zamora existen as formas correspondentes Cándano, Cándana, Candanal, etc.
CANDIL, O (microtopón. da Devesa)
As denominacións Lámparas, Aceite, Santísimo, Aniversario, Ánimas, Novena, Responso, entre outras, costuman referirse a terreos que estaban ligados a ofrendas relixiosas. No caso deste O Candil, debe ter a mesma motivación que o caso d'As Lámparas, ligadas en testamento ao mantemento da candil ou lámpada perpetua que iluminaría o Santísimo Sacramento nas igrexas. É un costume que estaba extendido pola Igrexa. Así se documenta, con esta motivación, no caso da provincia de Palencia por exemplo, La Candelilla (cf. G. Ortega, "Sociedad y transmisión oral en la toponimia menor palentina").
O termo "cantal" aparece no dicionario de Juan Cuveiro Piñol (1876) como "cantazo, piedra..", e no de Francisco Porto Rey (1900c) como "Piedra de grandes dimensiones".
Atopamos outros "O Cantal" no concello de Sarria.
CANTARRÁ (barrio urbano de Ove)
Este topónimo aparece no Catastro de Ensenada para Ove (1752) como "Campo de cantala Rana", e o mesmo no de Vilaselán. Igualmente no Diccionario de Madoz (1840) como Canta-la-rana, a súa forma castelá.
Os topónimos "Cantalarrana" e "Cantarrana", así como as (posiblemente novas) formas en galego Cantarrá abundan por toda a xeografía galega, tanto para núcleos de poboación como de terras. O topónimo Cantalarrana non só abunda en Galiza mais tamén por toda a xeografía española.
O significado directo do topónimo é transparente: un composto do verbo cantar e o zoónimo castelán rana ‘ra’.
Estes topónimo non son, por tanto, topónimos patrimoniais galegos, senón que terían aparecido tardiamente, tendo nacido na forma en castelán.
Amais das localidades chamadas Cantalarrana tamén atopamos as correspondentes formas galegas Cantarrá en Mugardos e Ribadeo, así como Cantarrán en Salvaterra de Miño. Estas formas galegas semella seren recentes, probablemente a partir doutros Cantalarrana.
O etimólogo López Boullón, menciona documentación de 1664 dunha Cantalarran para unha herdade en Outes, así como nun documento de 1582 para unha rúa coruñesa de "Canta la Rana" (cf. Xosé R. López, "Toponimia de Ames").
López Boullón postula que, tendo en conta o feito de moitos dos microtopónimos Cantalarrana galegos seren 'lugares próximos á igrexa parroquial, ou incluídos nas súas propiedades (ademais de húmidos, aptos para verse poboados polas ras que xustifican o nome) pode facer pensar que foron os párrocos os que difundiron este nome castelán “de repertorio” na toponimia rural galega a partir do século XVI'.
CANTEIRO, O (microtopón. de Couxela)
CANTEIROS, OS (microtopón. da Devesa)
Forma derivada de "canto", ben no sentido de "recuncho" ou no de "pedra grande non labrada". O dicionario de Carré Alvarellos recolle esta acepción de "recuncho", remitindo ás voces Canto e curruncho (cf. L. Carré, 1951. "Diccionario galego-castelán").
A voz "canteiro" pode igualmente aludir a unha persoa dese oficio ou dese apelido. De feito, o apelido "Canteiro" xa figura atestado en Galiza no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
CANTÍN, O (microtopón. de Piñeira)
CANTO, O (microtopón. de Ove)
O topónimo "Canto" é frecuente en Galiza, incluíndo os derivados Cantelo, Cantiño, Cantón.
No caso de "Cantín" presenta a forma de diminutivo en -ín.
O apelativo "canto" tén varias acepcións en galego; a que xeralmente encaixa na toponimia é a de "recuncho", "lugar apartado", "saliente", "lado". Isto é particularmente probable en topónimos como "O Canto do Pazo" (Cervo), "O Canto da Vila" en Silán (Muras), ou "o Canto do Prado" no Burgo (Muras).
Hai quen lle dá a esta acepción de "canto" unha orixe celta, pero iso non é máis que unha posibilidade. Corominas asígnalle unha orixe no latín cantus 'llanta de metal', que tería unha orixe extranxeira, talvez céltica en relación co antigo bretón cant 'circo, aro'. No entanto, a partir da forma protoindoeuropea *kan-tho 'recuncho, extremo', está presente en moitas linguas indoeuropeas, non só celtas, incluíndo o polaco kąt 'ángulo' (< protoeslavo kǫtъ), ou o lituano kampas.
CAÑÓ, O (microtopón. de Ove)
CAÑÓ, O (microtopón. de Piñeira)
CAÑÓ, O (microtopón. de Vilaselán)
CAÑÓ, O (microtopón. de Vilausende)
CAÑÓ BRANCO, O (microtopón. de Covelas)
CAÑÓ BRANCO, O (microtopón. da Devesa)
CAÑÓS, OS (microtopón. de Covelas)
CAÑÓS, OS (microtopón. da Devesa)
CAÑOÍÑOS, OS (microtopón. de Covelas)
Rivas Quintas recolleu o apelativo "cañó" en Arante como "pedra silícea", e en Benquerencia como "Piedra arrojadiza". Talvez se trate de callau "anaco de pedra liso e redondo, seixo" (cf. E. Rivas, 1988. "Frampas, contribución al diccionario gallego".
Nos topónimos Cañós e Cañoíños, ao ser plural, é clara a referencia a un conxunto ou acumulación de ditos seixos. Nos topónimos Cañó, en singular, podería tratarse dunha aplicación do nome como colectivo. Porén, dada a existencia en Barreiros doutro "Cañó Branco" referido a unha pena, cremos que a interpretación aquí debe ser a mesma, referida a pena ou penedo.
CAÑOEIRAS, AS (microtopón. de Cedofeita)
Este topónimo, pese á súa apariencia guerreira, alude a un lugar onde abundan os cañós. Ver O CAÑÓ.
CARBA, A (microtopón. da Devesa -lugar de Noceda)
O dicionario define "carba" como "especie de roble, de folla miúda e mala calidade de madeira", tamén coa acepción de "carballo cerqueiro".
CARBOEIRO, O (Covelas)
CARBOEIROS, OS (Covelas)
CARBÓN, O (Vilausende)
No Catastro de Ensenada de Ove (1752) aparece atestado o "rio de Carboeiros" ao indicar os límites da freguesía.
A produción de carbón vexetal, con queima controlada (con pouco oxíxeno) de árbores e ramas, tivo importancia histórica, sendo usada para fines pre-industriais como uso nas forxas e ferrarías.
O termo "carboeiro" aparece nos dicionarios de galego coa acepción de ‘persoa que fai ou vende carbón’. A motivación do topónimo sería, por tanto, a referencia a un lugar onde se produciu carbón ou onde se asentaron persoas dedicadas a esa actividade.
O topónimo O Carbón aludirá igualmente a un lugar onde se producía o carbón vexetal.
Indica Rocío Dourado e confirma o Proxecto Toponimia de Galicia, que no lugar dos Carboeiros existe aínda hoxe a Casa do Carboeiro, que pode facer referencia a esa circunstancia.
CARTEIRAS, AS (microtopón. de Ove)
Este topónimo remitirá á orixe do predio nunha repartición da finca en catro partes.
Aínda que improbábel, tamén podemos pensar nunha alusión ao alcume "carteira" (botadora de cartas) dunha antiga posesora da finca.
CASA DO PATÍN (Ribadeo)
Descoñecemos a historia desta casa-pazo.
Canto a "patín", está definido como

"Escalera externa, adosada a la casa, terminada en un descanso espacioso, llamado solana, que sirve para tomar el sol en invierno y el fresco en el verano" (cf. José M. Pereda, 1953. "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega").
En castelán existe tamén patín, que xa recolleu Nebrija "patio aquello mesmo es que patín". e que analizou Corominas (cf. Corominas, DCECH, s.v. patio).
Na Mariña Occidental (Xove, Viveiro, O Vicedo), rexístrase "potín" como variante de patín.
Na Mariña Occidental (Xove, Viveiro, O Vicedo), rexístrase "potín" como variante de patín.
CASAIS, OS (Couxela)
O termo casal, do latín casalis, designaba na Idade Media unha propiedade illada no campo, tanto a casa coma as dependencias auxiliares. Máis tarde pasou a referirse a un grupo de casas nunha aldea.
CASEIRO, O (microtopón. de Piñeira)
Topónimo que alude á condición de "caseiro" que tería o dono ou alugueiro do predio. A voz caseiro remite a unha "persoa que traballa a medias ou como alugueiro as terras dun amo ou que coida dos bens dunha persoa ausente" (cf. DRAG).
Os caseiros eran familias que coidaban dos bens e da facenda de persoas ricas ás que lles tiñan que pagar unha parte establecida das colleitas (un medio, un terzo,...). Constituíron unha das compoñentes socioeconómicas do traballo agropecuario de Galiza ata a década de 1970.
En Galiza existían tres formas de cesión de terra: foro, alugamento e parcería.
O foro era un contrato agrario a longo prazo, orixinado na época feudal. Segundo Ramón Villares, “o réxime foral, como fórmula de cesión da terra, supoñía unha enorme estabilidade pola súa lonxevidade, e unha pluralidade de dominios e dereitos sobre a terra, sen que foreiros nin foristas se poidan catalogar de propietarios plenos.
O alugamento ou arrendamento implicaba unha cesión temporal dun ben (terras, casa, dereitos) en troques dunha renda establecida.
A parcería, da que xorde a figura do caseiro, caracterizábase pola participación de propietario e caseiro na xestión da produción e no reparto dos produtos.
Para máis detalles, ver (X. C. García Porral, "Os caseiros: unha clase social extinta no rural galego").
CASILLA, A (microtopón. de Arante)
CASILLA, A (microtopón. de Covelas)
O nome "casilla" é un castelanismo por "caseta", "garita". Foi introducido a partir do século XIX para designar as vivendas destinadas aos camiñeiros, encargados da conservación das estradas.
En efecto, construídas en todas as estradas principais, as "casillas" foron postas en funcionamento coa Real Orde de 26 de febreiro de 1852.
É un topónimo moi estendido en Galiza e, nalgúns dos casos, tamén parece indicar a existencia dun dolmen, "forno dos mouros".
CASTRILLÓN (microtopón. de Covelas)
Voz derivada de "castro".
Aludiría a antiga existencia dun castro, aínda que por veces refire simplemente a un lugar elevado na paisaxe. Así, o dicionario de Eladio Rodríguez define castrillón como "vocablo toponímico de Galicia, que es aumentativo de castro y significa monte alto, eminencia, altura o elevación del terreno" (cf. DdD).
CASTRO, O (microtopón. da Devesa)
CASTRO, O (microtopón. de Arante)
CASTRO, O (microtopón. de Vilausende)
A voz "castro", do latín castrum 'castelo, fortaleza', designa un poboado fortificado de época prerromana e/ou romana, situado en lugar estratéxico (xeralmente nun alto) e defendido con sólidas murallas. En toda Galiza estímase que hai restos de cinco mil castros, o cal dá idea dun poboamento moi intenso e disperso (cf. A. López Carreira, 2016, p. 73. "Historia de Galicia").
É de notar que no caso das poboacións que conservan este topónimo, moitas veces non se atopan no lugar orixinario do castro senón a certa distancia (aínda que nalgúns casos o poboamento continuou ata hoxe na mesma situación do castro orixinario). Por outro lado, os lugares orixinais quedaron no imaxinario popular, percibidos como enclaves nos cales residía o elemento sobrenatural: tesouros, túneis, mouras de cabelos louros etc.), moitas veces sacralizados mediante a construción de ermidas.
Coa conquista romana e posterior romanización, os castros sufriron unha transformación en aldeas galaico-romanas, dándose un abandono progresivo, ao mudaren as prioridades xeográficas, non primando xa a situación estratéxica defensiva e perdendo o uso as murallas (o cal constatan os restos de edificacións alén das murallas ou aproveitando as mesmas murallas). As aldeas galaicorromanas estabelecéronse xeralmente en lugares diferentes dos castros orixinais, pois primaba agora a proximidade ás vías de comunicación, ás terras cultivadas e aos cursos fluviais (cf . J. C. Sánchez Pardo, 2008. "Territorio y poblamiento en Galicia entre la Antigüedad y la Plena Edad Media"). Este proceso de abandono dos castros aconteceu paulatinamente entre os séculos I e III.
CAXIGUEIRA, A (microtopón. de Santalla)
Alusión a un terreo onde abundan os caxigos (cf. RAG).
CEDOFEITA (Cedofeita)
Este núcleo de poboación figura atestado no 1124 como "Citofacta".
... sanctus Uincencius de Couelas sancta Maria de Citofacta .. (cf ITGM)
No 1488 aparece xa en galego como "Cedofeita".
O significado semella transparente: "feita cedo", feita axiña, e aludiría á rapidez coa que foi construída, probablemente a igrexa desta vila.
Hai rexistrados outros Cedofeita, tal como o de Porto (Portugal). Houbo tamén outra Citofacta na península do Salnés, tal como recolle un documento do ano 916:
".. fundatum in terra Saliniensi subtus castellum quod ab antiquis temporibus Citofacta nuncupatur, discurrente fluvio Lerz, sub Iriensi dioecesi," (cf. CODOLGA).
É interesante a analoxía do microtopónimo Chousa de Vilafeita en Vilaestrofe (Cervo).
CEI (Arante)
Orixe incerta. Semella tratarse dun antrotopónimo, aínda que sen atestacións documentais é difícil estabelecer o antropónimo que orixinou este topónimo.
Rocío Dourado postula como posíbel que proceda da forma de xenitivo do antropónimo latino
Caelĭŭs, o mesmo que orixinou o topónimo Cenlle, Ourense (cf. R. Dourado, "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados).
CELEIRÓS (Covelas)
CELEIRÓS (Piñeira)
Plural de "celeiró", diminutivo de "Celeiro", voz que provén do latín tardío cellarium, e faría referencia a "edificación para despensa, silo, lugar no que se almacenan provisións, hórreo".
Na Idade Media, estas construcións eran parte do entorno dunha casa rural, granxa ou entidade monástica. A súa función era de lugares para a conservación e procesamento de produtos, maiormente cereais e viño, para o cal dispuñan de arcas para gardar a gra e cubas para gardar o viño (cf. X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil": 201).
CEPEDAL (microtopón. de Cedofeita)

CEPETAL (A Devesa)
Referido a un lugar onde abundan os cepos, os troncos remanentes das árbores cando se cortan.
O apelativo "cepo" procede do latín cǐppŭm ‘poste’.
Existen varios "O Cepetal" en Xermade, Muras, Galdo, etc. O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra tamén a variante "A Cepeteira" e "O Cepeteiro" en Castro de Rei, así como "O Zopetal" en Muras.

CERCADO DO CAPELO (microtopón. de Cedofeita)
Debe remitir ao sobrenome dun antigo posesor, tal como ocorre noutros casos como a Bouza do Capelo (Burela).
É un alcume xa atestado na Idade Media ("..Maior Petri dicta Capelo .." (cf. E. Cal, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos". 1999).
O alcume aludiría, talvez, á roupa que usaba: o dicionario de Luís Aguirre del Río recolle "capelo" como "capote de croza, con capucha" (cf. L. Aguirre (1858): "Diccionario del dialecto gallego).
Aínda que máis improbable, algún "Capelo" podería tratarse dun uso metafórico de "capelo", referíndose á forma do monte, semellando a un sombreiro cónico, como debe ocorrer cos topónimos recollidos no Proxecto Toponimia de Galicia tales comos "Capeludo" e "A Capelada", un deles no Viveiró.
CHAO DE OVE (Ove)
Ver "Ove".
CHAO DO COUSO, O (microtopón. de Vilausende)
Ver "O COUSO".
CHIBADOIRO, O (microtopón. de Covelas)
O termo "chivadoiro", por veces grafado como "chibadoiro", defíneo o dicionario Constantino García González como "lugar onde se xuntan ou separan os rabaños ao ir ou voltar do pasto (cf. DdD).
Este topónimo ten certa frecuencia na Mariña, así está rexistrado tamén en Alfoz e no Valadouro.
CEGOÑAS (microtopón. da Devesa)
Este topónimo podería tratarse dun zootopónimo de significado transparente, e remitir a un lugar frecuentado polas cegoñas. No entanto, alternativamente podería talvez tratarse dun hidrónimo de orixe prerromana, tal como se explica de seguido.
O topónimo dá nome a unha zona de prados, o mesmo que ocorre no lugar homónimo existente na freguesía de Cordido (Foz).
A priori poderíamos pensar no apelativo común "cegoña", do latín ciconia, no sentido de "lugar de prados no que pousan as cegoñas". No entanto, tendo en conta a existencia de catro "Fonte Cega" neste mesmo concello de Foz, así como do "rego Cego" na mesma freguesía de Cordido (e na Capela, en San Sadurniño, en Moeche), así como o feito de que este "As Cegoñas" é unha zona de prados, cremos que estamos seguramente fronte a unha serie de hidrónimos dunha mesma orixe.
O filólogo E. Bascuas estudou o caso de "Fonte Cega", "río Cego", e interpretounos como cunha orixe na forma prerromana *kei-ka, provinte da raíz indoeuropea *kei- 'cor' (xeralmente escura), ou tamén *kei- 'mover, moverse'. Cf. páx. 272 de E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014.
Aínda que Bascuas non tratase este topónimo "Cegoñas", si interpretou outros similares, como o "río Cigüela", sendo formado a partir de *kei-ko-. Nada nos impide, xa que logo, considerar "As Cegoñas" como derivado da mesma forma; neste caso a orixe sería *kei-ko-nya, co sufixo -ny-, presente en moitos outros hidrónimos de orixe paleoeuropea, tales como nos casos de "A Armaña", Bolaña, Saldaña, Aboño, Ledoño, e moitas outras.
É importante notar que esa raíz europea *kei 'cor escura' parece que se preservou tamén no léxico común: o dicionario de Constantino García recolle en varios lugares a acepción para "cegoña" de "néboa", así como para "ceguñada"(cf. "Glosario de voces galegas de hoxe", 1985). A mesma acepción de "néboa" é recollida por E. Rivas en Betanzos (cf. "Frampas", 2001) . Estas acepcións de "cegoña" como "néboa" apuntan, como indicamos, para un significado de "escuro", e reforzan fortemente a interpretación paleoeuropea indicada para "As Cegoñas".
CIMA DE VILA (Arante)

CHOUPÍN, O (microtopón. de Piñeira)
O termo choupín designa un tipo de cogumelo comestible. No entanto, non parece que ese nome teña uso nesta zona.
Este topónimo debe aludir, máis que ao cogumelo, que non encaixaría moito para un topónimo, ao alcume dun antigo propietario do lugar. De feito, o alcume Choupeiro xa figura rexistrado no séc. XIV (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outros terreos denominados Choupín en Viveiro.
CEGOÑAS (microtopón. da Devesa)
Este topónimo podería tratarse dun zootopónimo de significado transparente, e remitir a un lugar frecuentado polas cegoñas. No entanto, alternativamente podería talvez tratarse dun hidrónimo de orixe prerromana, tal como se explica de seguido.
O topónimo dá nome a unha zona de prados, o mesmo que ocorre no lugar homónimo existente na freguesía de Cordido (Foz).
A priori poderíamos pensar no apelativo común "cegoña", do latín ciconia, no sentido de "lugar de prados no que pousan as cegoñas". No entanto, tendo en conta a existencia de catro "Fonte Cega" neste mesmo concello de Foz, así como do "rego Cego" na mesma freguesía de Cordido (e na Capela, en San Sadurniño, en Moeche), así como o feito de que este "As Cegoñas" é unha zona de prados, cremos que estamos seguramente fronte a unha serie de hidrónimos dunha mesma orixe.
O filólogo E. Bascuas estudou o caso de "Fonte Cega", "río Cego", e interpretounos como cunha orixe na forma prerromana *kei-ka, provinte da raíz indoeuropea *kei- 'cor' (xeralmente escura), ou tamén *kei- 'mover, moverse'. Cf. páx. 272 de E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014.
Aínda que Bascuas non tratase este topónimo "Cegoñas", si interpretou outros similares, como o "río Cigüela", sendo formado a partir de *kei-ko-. Nada nos impide, xa que logo, considerar "As Cegoñas" como derivado da mesma forma; neste caso a orixe sería *kei-ko-nya, co sufixo -ny-, presente en moitos outros hidrónimos de orixe paleoeuropea, tales como nos casos de "A Armaña", Bolaña, Saldaña, Aboño, Ledoño, e moitas outras.
É importante notar que esa raíz europea *kei 'cor escura' parece que se preservou tamén no léxico común: o dicionario de Constantino García recolle en varios lugares a acepción para "cegoña" de "néboa", así como para "ceguñada"(cf. "Glosario de voces galegas de hoxe", 1985). A mesma acepción de "néboa" é recollida por E. Rivas en Betanzos (cf. "Frampas", 2001) . Estas acepcións de "cegoña" como "néboa" apuntan, como indicamos, para un significado de "escuro", e reforzan fortemente a interpretación paleoeuropea indicada para "As Cegoñas".
CIMA DE VILA (Arante)
CIMA DE VILA (Couxela)
CIMA DE VILA (microtopón. de Cedofeita)
Estes topónimos transparentes aluden á parte da poboación, o grupo de casas, que queda no lugar máis alto; oporíase, por tanto, a fondo de vila, o que está no máis baixo, e a cabo de vila, a parte oposta á entrada principal (cf. p. 48 de X. Marqués, 2018."A toponimia de Trabada").
Estes topónimos transparentes aluden á parte da poboación, o grupo de casas, que queda no lugar máis alto; oporíase, por tanto, a fondo de vila, o que está no máis baixo, e a cabo de vila, a parte oposta á entrada principal (cf. p. 48 de X. Marqués, 2018."A toponimia de Trabada").
CIMBRO, O (microtopón. de Vilausende)
O dicionario de galego de Cuveiro Piñol define "cimbro" como "cume" (cf. J. Cuveiro, 1876. "Diccionario Gallego".
Neste topónimo concreto, trátase du outeiro, co cal a motivación é clara.
CINTIEIRA, A (microtopón. de Arante)
Este topónimo alude a un lugar onde se cultivaba o centeo, ou propicio para o seu cultivo.
CINXE (A Devesa)
Derivado de (uīlla) Cindi, forma en xenitivo de Cindus, nome do antigo posesor da uilla altomedieval (casal, granxa). É un nome de oixe xermánica, formado a partir do gótico *kind- ‘descendencia, estirpe’.
Dourado menciona o nome Cinde atestado nunha doazón ao mosteiro de Bacoi no 1010 e contida no Tombo de Lourenzá. O topónimo Cende do concello de Covelo (Pontevedra) tería a mesma orixe.
A variación Cinxe fronte a Cinde sería similar a outras existentes como Sinde / Sinxe, Quende /
Quenxe ou Gosende / Gosenxe.
COCHUEGOS, OS (microtopón. de Vilausende)
A interpretacón deste topónimo é incerta.
O sufixo -ego moitas veces está relacionado con abundanciais, moitas veces de plantas ou cultivo (nabarego, fabego, etc), aínda que non encaixa neste caso. Outras veces é usado para xentilicios (cf. galegos, alfocegos).
Debe derivar de "cochón", da mesma forma que de "leitón" derivaría "Leituego" (A Fonsagrada).
Canto ao termo "cochón", penso que a acepción que encaixa é a recollida por Rivas Quintas como "camada, niño, escondedoiro".
Por tanto, semella estar referido en calquera caso a lugar onde crían os animais salvaxes, probabelmente aludindo a porcos bravos.
COEDO (Vilaframil)
COEDO (microtopón. de Rinlo)
A interpretación concreta xeralmente vólvese difícil ao haber unha homonimia entre "coia" (couve, col) e coio (croio, seixo). Así, uns autores como Navaza inclínanse por interpretar "coedo" como cauletu 'lugar onde abundan as coles', en canto outros como A. Moralejo fano como sinónimo de coído 'acumulación de coios' (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
No topónimo de Vilaframil, dada a súa proximidade a unha zona de costa con coídos, que de feito se chama "O coidal de Coedo", seguramente alude ao dito coidal. A motivación sería por tanto de "(o lugar ao pé do) coedo".
Para o microtopónimo de Rinlo, o significado é igualmente o de coído.
COIDAL, O (microtopón. de varios lugares)
Topónimo transparente, o mesmo que coiñal, coído, onde abundan os coios.
COLADO, O (microtopón. da Devesa)
O termo "colado", que viría de "colo" no senso de pescozo, ten en galego a acepción de "a parte menos elevada que hai entre dúasmontañas ou colinas que se xuntan". Desta acepción extendeuse para cómaro ou cómbaro, a franxa sen labrar que queda de divisoria entre dúas terras.
Para o topónimo que nos ocupa, nun lugar chan, esta acepción de cómbaro é a que encaixa.
CONDOMIÑA, A (microtopón. da Devesa)
Do latín medieval condominia, plural de condomĭnĭum ‘condominio, terra de dominio compartido entre varios donos, señores ou posesores’.
Os topónimos que conteñen este nome son polo regular de orixe medieval e poden designar tanto núcleos de poboación como tamén herdades ou áreas rústicas que no pasado tiveron un réxime de propiedade desas características.
CORGO, O (microtopón. da Devesa)
Os dicionarios rexistran "corgo" con varias acepcións, maiormente como "poza, charca", e nun sentido relacionado "pequenas foxas onde apoza a auga". Ten ademais o significado especializado de "poza onde se curte o liño" (cf. DdD).
Aínda que ten tamén a acepción menos estendida de "corga, corredoira", neste topónimo en plural non encaixa, non ten sentido que haxa un conxunto de corredoiras.
CORNACHO, O (microtopón. de Vilausende)
CORNEXO, O (microtopón. da Devesa)
CORNÍN, O (microtopón. de Covelas)
CORNÍN, O (microtopón. de Arante)
CORNÍN, O (microtopón. de Ove)
CORNÍN, O (microtopón. da Devesa)
CORNO, O (microtopón. de Covelas)
CORNO, O (microtopón. de Vilaframil)
CORNO, O (microtopón. de Ove)
CORNO, O (microtopón. de Rinlo)
CORNO DA LEBRE, O (microtopón. da Devesa)
CORNO DA LEBRE, O (microtopón. de Ove)

CORNO DO SOMO, O (microtopón. de Covelas)
CORNO GRANDE, O (microtopón. da Devesa)
CORNO PEQUENO, O (microtopón. da Devesa)
Os topónimos Corno, Corna, Cornido e similares son relativamente frecuentes en Galiza.
Seguindo a Gonzalo Navaza, para topónimos similares apunta a un termo derivado de "corno" nun sentido metafórico orográfico (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
De feito, isto é patente no caso dos cons costeiros, O Corno Grande e O Corno Pequeno da Devesa, e tamén para o caso do Corno do Somo (=o corno do curuto) existente en Covelas. Ao pé do Corno do Somo, noutro pequeno outeiro, con afloracións rochosas, está situado O Corno.
A motivación xeral sería a de "prominencia, probablemente rochosa". Para algún deles, como é o caso do Corno da Lebre, debe ser unha alusión metafórica á forma da superficie do terreo, que fai un pico no plano horizontal, sen implicar prominencias en vertical. Outro exemplo que remite á forma do terreo é O Cornexo, con forma de península entre un Esteiro a oeste e un entrante a leste.
CORNO GRANDE, O (microtopón. da Devesa)
CORNO PEQUENO, O (microtopón. da Devesa)
Os topónimos Corno, Corna, Cornido e similares son relativamente frecuentes en Galiza.
Seguindo a Gonzalo Navaza, para topónimos similares apunta a un termo derivado de "corno" nun sentido metafórico orográfico (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
De feito, isto é patente no caso dos cons costeiros, O Corno Grande e O Corno Pequeno da Devesa, e tamén para o caso do Corno do Somo (=o corno do curuto) existente en Covelas. Ao pé do Corno do Somo, noutro pequeno outeiro, con afloracións rochosas, está situado O Corno.
A motivación xeral sería a de "prominencia, probablemente rochosa". Para algún deles, como é o caso do Corno da Lebre, debe ser unha alusión metafórica á forma da superficie do terreo, que fai un pico no plano horizontal, sen implicar prominencias en vertical. Outro exemplo que remite á forma do terreo é O Cornexo, con forma de península entre un Esteiro a oeste e un entrante a leste.
Por outro lado, se fose referido a lugar pedregoso ou prominente, tamén podemos pensar nunha etimoloxía no tema prerromano *kor-n- 'pedra, altura rochosa, prominencia'. Así, Cabeza Quiles interpreta os topónimos de raíz Corn-, Carn- como de orixe céltica ou precéltica, derivado do tema *kar- 'pedra, zona rochosa' (cf. F. Cabeza, 2014. "A toponimia celta de Galicia").
Igualmente Elixio Rivas postulou unha KAR ‘rocha’, alternando con KARN/KORN, e deriva dela topónimos como Cornide, Corno ou Cornecho, cun significado de 'esquina, corrucho ou punta dun obxecto'.
COROA, A (microtopón. de Arante)
COROA, A (microtopón. de Cedofeita)
COROA, A (microtopón. de Covelas)
COROA, A (microtopón. da Vilausende)
Os termos "croa" e "coroa" remiten a unha cima de monte redondeada, por veces aludindo á parte alta dun castro.
É curioso que a forma esmagadoramente maioritaria no resto da Mariña é "Croa", mentres que en Ribadeo quedaron fixadas na toponimia oficial como "Coroa".
CORTIÑA, A (varias)
CORTIÑAS, AS (microtopón. de Piñeira)
CURTÍA, A (microtopón. de Vilausende)
CURTÍAS, AS (microtopón. de Piñeira)
Do latín tardío cohors, ‘sitio cerrado’, do cal derivou cohortina, ‘cortiña’ (e tamén cohorticulum, ‘cortello’).
Unha cortiña, coa variante "curtía" propia do galego oriental, designa unha leira que orixinariamente estaba pechada, situada preto da aldea, eido traballado e estercado no que se plantan legumes e hortalizas.
CORTIÑA DE RESENDE, A (microtopón. de Covelas)
O termo "Resende" deriva dunha *(uilla) Ranesindi, forma en xenitivo de Ranosindus, que refire ao antigo posesor ou fundador dunha uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola, casal). É un nome de orixe xermánica.
Ao non tratarse dun núcleo de poboación actualmente, quédanos saber se nesta cortiña ou ao pé dela existiu a dita uilla altomedieval ou se "Resende" alude á orixe do posesor da cortiña, "A Cortiña (do) de Resende".
CORTIÑA DE GAYOL, A (microtopón. de Vilaselán)
Cortiña pertencente a unha persoa apelidada Gayol.
Este apelido, pouco frecuente, ten un dos seus núcleos en Ribadeo e Foz. Podería vir dun alcume, relativo ao paxaro dese nome, ou tamén de "gaiolo" 'persoa alta e delgada' (cf. I. Alonso Estraviz, "Léxico não registado nos Dicionários Galegos" in Agália).
Alternativamente, podemos pensar que o apelido derive dunha *(uilla) Gauioli, forma en xenitivo de Gauiolus, nome que remitiría ao antigo posesor altomedieval da uilla (granxa, explotación agrícola, casal). O nome Gauiolus sería derivado do lat. Gauius (cf. Kajanto, Cognomina 124-5), e está atestado no 966 no Tombo de Sobrado - (uilla) Gauioli.
A evolución sería unha das normais en galego, coa terminación -viol > -iol tal como en caveola > gaiola, fovea > foia, etc.
Ao non se tratar dun núcleo de poboación, quédanos a pregunta de se nesta cortiña ou ao pé dela existiu a dita uilla altomedieval ou se "Gayol" alude, como indicamos á orixe do posesor da cortiña, "A Cortiña (do) de Gayol".
COTARELO (Rinlo)Do latín tardío cohors, ‘sitio cerrado’, do cal derivou cohortina, ‘cortiña’ (e tamén cohorticulum, ‘cortello’).

CORTIÑA DO ROXO, A (microtopón. de Vilaselán)
CORTIÑA DO ROXO, A (microtopón. de Covelas)
Remite ao alcume ou apelido Roxo dun antigo posesor; de feito este apelido xa está atestado no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
Un "cotarelo" remite a un pequeno coto, outeiro, pequena colina (cf. DdD).
COUSO, O (microtopón. de Vilaselán)
COUSO, O (microtopón. de Vilausende)
COUSO DE ARRIBA, O (microtopón. de Vilausende)
COUSOS, OS (microtopón. de Arante)
O termo "couso" acostúmase a interpretar como "sitio coutado", para actividade específica, moitas veces referindo a un foxo no monte para a caza de alimarias, maiormente lobos. Aínda que ten outras acepcións, como a de "sitio para facer cacería, xustas" e a de "horta pequena", a acepción indicada é a que mellor parece encaixar para o topónimo, na falta de información que o confirme ou o desminta.
Xa Silveira fixo esta interpretación, derivándoo do latín medieval caussu, da forma secundaria de participio do verbo caveo 'gardar, vigxiar’, xa recollida por Du Cange (cf. Revista Lusitana n. XXIV, p. 206). Corominas explica couso como resultado dun cruzamento de cosso (< cŭrsum) e couto (< cautum).
É un topónimo moi frecuente en Galiza e no contorno, como no Valadouro, Muras, Alfoz, Viveiro. Nalgúns casos, como "O Couso dos Lobos" (Manzaneda) ou "O Couso do Foxo" (Triacastela), o significado indicado é claramente o indicado.
COUXELA (Couxela)
Este topónimo foi estudado por Rocío Dourado, que menciona varios testemuños deste topónimo na documentación medieval, "caracterizados por unha certa inestabilidade gráfica e formal". Aparece atestada como Coiegella no 1002, como "sanctus Iacobus de Coogela" en 1124. No Tombo de Lourenzá aparece unha forma Coegela (1117).
Dourado postula a posibilidade da orixe nunha forma *couĭĕlla, explicábel como diminutivo dunha base *cŏuĭa relacionada á súa vez co adxectivo *cŏuŭs ‘cóncavo’, ‘profundo’. Sinala ademais que o emprazamento de Couxela encóntrase nunha depresión do terreo fronte á ría.
En canto á evolución fonética, sería similar a de fovea > foxa. Porén, nese caso teríamos **coxela, non couxela. Incerto.
Podería estar relacionado co topónimo As Couxeiras (O Pereiro, Alfoz), e tamén con Couxil, freguesía de Cartelle (Ou), atestada na Idade Media como Caugelio:
".. In Bubale Villa Nova cum Cornia et Caugelio, et Forcafita. ..." a. 934, Tbo. de Celanova
O termo Covarizas estará relacionado con 'cova', se comparamos este topónimo con outros topónimos galegos da mesma terminación, como Lagariza, Pastoriza, Vacariza, e talvez Costariza ou Valariza.
Con todo, queda o reparo de se puido ocorrer similar ao caso do topónimo Covariza (Friol), que Nicandro Ares indica que figura atestado como villa Queirici no ano 1019 (TSO 1 115). De ser así, remitiría a unha uilla (granxa, casal) propiedade de Quedericus, nome persoal gótico (HGN 160/5). Non sería un caso único; para o topónimo Xabariza (Covelas) estamos coa mesma dúbida.
COVELAS (Covelas)
Este topónimo está atestado no Tombo de Lourenzá, no documento nº 67, que os autores datan entre 1076-1113, como “Gelsendi et Cobelas”, e "sanctus Uincencius de Couelas" en 1124, "Couelas" e "Couellas" en varios momentos do século XII. No 1488 aparece como "San Viçenço de Cubelas". Igualmente aparece no Catastro de Ensenada para Covelas (1753) como "San Vizente de Cubelas".
O termo "covela", orixinariamente derivado como diminutivo de "cova", designa un "pequeno vale cóncavo formado na converxencia de dúas encostas peadas de monte". É, por tanto, un termo similar a "cale" ou "cal".
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza (cf. A. Santamarina, 2008 "Covelo, covela, cubelo, cubela. Un problema gráfico e etimolóxico").
Rocío Dourado indica que o lugar está encravado no fondo dun pronunciado val, o cal confirma a interpretación indicada (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela,Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados").
COVELIÑA, A (microtopón. de Vilaframil)
COVELO, O (microtopón. de Vilaframil)
O topónimo "Coveliña" é diminutivo de "Covela", con dúas transcricións distintas, tanto esta como "Cubeliña".
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos, igual que os "Covelo" remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza.
Ver "COVELAS" para máis detalles.
CRAGUÑEGO, O (microtopón. de Cedofeita)
CRAGUÑEGOS, OS (microtopón. de Vilausende)
Topónimo de significado transparente, pero con motivación estraña, por aludir á existencia de carabuñas, caúñas ou caguñas, voces para designar os ósos da froita.
En efecto, "craguña" é unha das variantes deste apelativo, igual que carabuña ou caúña.
A referencia á abundancia de carabuñas podería aludir a unha terra fértil, boa produtora de pesegos ou froitas similares con crabuña.
O sufixo relacional -ego, de orixe prerromana, é máis frecuente na toponimia da zona ligado ao cultivo de cereais e doutras plantas ("Aviega", "Millarega". "Pomarega"), pero tamén referido a animais como "O Cucharego", e incluso a froitos "O Cuncharego".
CUBELIÑA, A ((microtopón. de Vilaframil)
Ver "COVELIÑA".
CUCHAREGO, O (microtopón. da Devesa)
CUCHAREGO, O (microtopón. de Ove)
CUCHAREGO, O (microtopón. de Arante)
CUCHAREGO DE LOUREDO, O (microtopón. de Arante)
CURTÍA, A (microtopón. de Vilausende)
CURTÍAS, AS (microtopón. de Piñeira)
Forma do galego oriental para "cortiña". Ver "CORTIÑAS, AS".
CURUXEIRA, A (Vilausende)
CURUXEIRAS, AS (microtpón. de Covelas)
Unha "curuxeira" designa, metaforicamente, un "lugar en sitio elevado e con penascos, con vexetación frondosa" (cf. DdD).
É un topónimo relativamente frecuente, así atopamos outro por exemplo en Rúa (Cervo).
CURRADA, A (Cedofeita)
Os termos "currada" e "corrada" aparecen nos dicionarios de galego como sinónimo de "curral" "patio principal a la entrada de una casa, especialmente de campo". Acevedo rexistra a acepción de “Mullido, árgomas que se echa delante de las casas de los labradores para que, pisado, se convierta en estiércol".
DEVESA, A (A Devesa)
Do latín (terra) defensa, referido ao estatus do lugar como 'coutado, resgardado, vedado', "terras cercadas", xeralmente un terreo arborado acoutado con certas restricións.
Orixinariamente eran terras prohibidas para o pobo, do rei ou nobres, para cazar ou para explotación das árbores (carballos, etc).
Este lugar aparece atestado nun documento de 1467 como "Santaaya da Deuesa":
" ... et de Santaaya da Deuesa et de Santiago de Fos et de sant Pedro de Vibeyro .."
Pouco despois, en 1485 aparece nun documento en castelán como "Santaalla de la Deuesa":
"En la feligresia de Santaalla de la Deuesa que es en el condado de la villa de Riuadeo .."
(cf. E. Cal. "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo").
DOMPIÑOR (Piñeira)
Este topónimo remonta a unha secuencia de (uīlla) domni Pinioli, coa forma típica en xenitivo dun nome persoal, neste caso *Piniolus, posesor da uilla altomedieval (casal, granxa, explotación agrícola). Cf. J. M. Piel en Verba, II, 1975, 54-56.
En canto á presenza de "Don" ("domno"), Almeida Fernandes indica que na Idade Media tería un uso xeralmente aludindo a un nobre ou por veces a un vilán ennobrecido (referido tamén como donego), pero contraposto ao labrador e ao vilán. Na baixa Idade Media, o tratamento de "don" xa é dado a individuos con funcións públicas, e incluso a "indivíduos de condição comum" (cf. A. Fernandes, 1981. "A Nobreza na Época Vimarano-portugalense").
EIREXA, A (Vilaselán)
EIREXA, A (Ove)
EIREXA, A (Piñeiro)
Topónimo derivado do latín ecclesĭa, que tivo unha evolución patrimonial no galego, menos pronunciada que a que tiveron outras formas como "Eirexe" ou "Irexe", esta última presente tamén neste concello.
EIRO, O (microtopón. de Couxela)
EIRO, O (microtopón. de Ove)
EIRO, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO DA CADELA, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO DA PONTE DA ACEA, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO DE PORTO, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO DE VILA, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO VELLO, O (microtopón. de Vilausende)
O apelativo "eiro" é recollido na zona de Valdés ao Eo coa acepción de terreo cultivado, en oposición ao terreo bravo (cf. B. Acevedo e M. Fernández, 1932. "Vocabulario del bable de occidente").
O topónimo "Coveliña" é diminutivo de "Covela", con dúas transcricións distintas, tanto esta como "Cubeliña".
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos, igual que os "Covelo" remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza.
Ver "COVELAS" para máis detalles.
COVO, O (Ove -lugar do Covo, microtopón. de Cedofeita, microtopón. da Devesa)
COVOS, OS (microtopón. de Vilausende)
O topónimo remite a unha depresión do terreo, concavidade orográfica. O significado literal é o transparente de "fondo, cóncavo", tal como vén recollido xa no dicionario de Pintos (cf. DdD).
É por tanto análogo aos topónimos "A Cova", que para moitos deles adoitan indicar depresións do terreo, concavidade orográfica, xa que logo, non implicando a existencia dunha furna ou caverna. A mesma opinión foi xa indicada por Navaza (cf. G. Navaza, 2007. "Toponimia de Catoira").
CRAGUÑEGOS, OS (microtopón. de Vilausende)
Topónimo de significado transparente, pero con motivación estraña, por aludir á existencia de carabuñas, caúñas ou caguñas, voces para designar os ósos da froita.
En efecto, "craguña" é unha das variantes deste apelativo, igual que carabuña ou caúña.
A referencia á abundancia de carabuñas podería aludir a unha terra fértil, boa produtora de pesegos ou froitas similares con crabuña.
O sufixo relacional -ego, de orixe prerromana, é máis frecuente na toponimia da zona ligado ao cultivo de cereais e doutras plantas ("Aviega", "Millarega". "Pomarega"), pero tamén referido a animais como "O Cucharego", e incluso a froitos "O Cuncharego".
CUBELIÑA, A ((microtopón. de Vilaframil)
Ver "COVELIÑA".
CUCHAREGO, O (microtopón. da Devesa)
CUCHAREGO, O (microtopón. de Ove)
CUCHAREGO, O (microtopón. de Arante)
CUCHAREGO DE LOUREDO, O (microtopón. de Arante)
Forma derivada de "cocho" 'porco', "mamífero da familia dos súidos". Debe remitir a goridas de cochos bravos.
A forma cucharego inclúe o sufixo -ego, de orixe prerromana, presente en moitos outros topónimos, do mesmo modo que "lamego" de lama, "Navego" de navia, "Balsego" de balsa, Pallarega de palla etc.
Este topónimo debeu ter vitalidade como apelativo, pois está rexistrado na maioría dos concellos da comarca, tanto no Ortegal como na Mariña, coherentemente co feito de ser 'cocho' a voz máis común para se referir ao "porco".
É de notar que estes topónimos non teñen relación coa acepción que dá o dicionario de Carré Alvarellos, como “leira pequena dedicada a leña ou a prado”, pois non parece que teña tido tanta vitalidade na fala de toda a comarca para quedar só como topónimo.
É interesante reparar que, mentres na maioría dos casos se perdeu a forma -u- fronte a -o- nas -o- pretónicas etimolóxicas, neste topónimo preservouse maioritariamente na gran maioría dos topónimos, probablemente polo influxo do castelán "cuchara".
CURTÍA, A (microtopón. de Vilausende)
CURTÍAS, AS (microtopón. de Piñeira)
Forma do galego oriental para "cortiña". Ver "CORTIÑAS, AS".
CURUXEIRA, A (Vilausende)
CURUXEIRAS, AS (microtpón. de Covelas)
Unha "curuxeira" designa, metaforicamente, un "lugar en sitio elevado e con penascos, con vexetación frondosa" (cf. DdD).
É un topónimo relativamente frecuente, así atopamos outro por exemplo en Rúa (Cervo).
CURRADA, A (Cedofeita)
Os termos "currada" e "corrada" aparecen nos dicionarios de galego como sinónimo de "curral" "patio principal a la entrada de una casa, especialmente de campo". Acevedo rexistra a acepción de “Mullido, árgomas que se echa delante de las casas de los labradores para que, pisado, se convierta en estiércol".
DEVESA, A (A Devesa)
Do latín (terra) defensa, referido ao estatus do lugar como 'coutado, resgardado, vedado', "terras cercadas", xeralmente un terreo arborado acoutado con certas restricións.
Orixinariamente eran terras prohibidas para o pobo, do rei ou nobres, para cazar ou para explotación das árbores (carballos, etc).
Este lugar aparece atestado nun documento de 1467 como "Santaaya da Deuesa":
" ... et de Santaaya da Deuesa et de Santiago de Fos et de sant Pedro de Vibeyro .."
Pouco despois, en 1485 aparece nun documento en castelán como "Santaalla de la Deuesa":
"En la feligresia de Santaalla de la Deuesa que es en el condado de la villa de Riuadeo .."
(cf. E. Cal. "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo").
DOMPIÑOR (Piñeira)
Este topónimo remonta a unha secuencia de (uīlla) domni Pinioli, coa forma típica en xenitivo dun nome persoal, neste caso *Piniolus, posesor da uilla altomedieval (casal, granxa, explotación agrícola). Cf. J. M. Piel en Verba, II, 1975, 54-56.
En canto á presenza de "Don" ("domno"), Almeida Fernandes indica que na Idade Media tería un uso xeralmente aludindo a un nobre ou por veces a un vilán ennobrecido (referido tamén como donego), pero contraposto ao labrador e ao vilán. Na baixa Idade Media, o tratamento de "don" xa é dado a individuos con funcións públicas, e incluso a "indivíduos de condição comum" (cf. A. Fernandes, 1981. "A Nobreza na Época Vimarano-portugalense").
EIREXA, A (Ove)
EIREXA, A (Piñeiro)
Topónimo derivado do latín ecclesĭa, que tivo unha evolución patrimonial no galego, menos pronunciada que a que tiveron outras formas como "Eirexe" ou "Irexe", esta última presente tamén neste concello.
EIRO, O (microtopón. de Couxela)
EIRO, O (microtopón. de Ove)
EIRO, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO DA CADELA, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO DA PONTE DA ACEA, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO DE PORTO, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO DE VILA, O (microtopón. de Vilausende)
EIRO VELLO, O (microtopón. de Vilausende)
O apelativo "eiro" é recollido na zona de Valdés ao Eo coa acepción de terreo cultivado, en oposición ao terreo bravo (cf. B. Acevedo e M. Fernández, 1932. "Vocabulario del bable de occidente").
No Catastro de Ensenada de Ove (1752) aparece atestado a "Ponte da Azea" ao indicar os límites da freguesía.
ENSEADA DA OLGA, A (microtopón. de Piñeira)
Este lugar está recollido con este nome no Catastro de Ensenada de Piñeira (1752) ao establecer os límites da freguesía.

En canto á orixe do topónimo, "olga", pola Mariña Occidental, de Viveiro a Foz, ten a acepción de "alga", mentres que do Eo ata Valdés ten a acepción de "en ciertas riberas y playas del mar, sitio de profundidad y abrigo que forma remanso, en el cual se depositan las algas marinas".
A interpretación do topónimo, en calquer caso é a mesma, a dun recuncho da costa que fai remanso e se xuntan as algas.
ENTERRAVIVOS (microtopón. de Vilaselán)
Ao se tratar dunha zona de prados, supoñemos que a motivación deste curioso topónimo é a pouca firmeza e o estremadamente mol das terras ás que refire.
ESCAIRO, O (microtopón. da Devesa)
O dicionario define "escairo" como "pasadizo para atravesar un valado", e tamén "escaleira rústica feita con pedras nun comareiro, o con ocos formados coa misma terra do comareiro".
ESCORIAL, O (Covelas)
O mesmo que "escouredo", terreo onde abunda a "escoura" ou "escoria" (pedra de cor do ferro, ou "residuo de carbón e ferro"), e tamén, por extensión, "terreo malo e improdutivo pola abundancia de pedras" (cf. "escouredo").
ESFOLADO, O (Covelas)
Topónimo derivado da acción de esfolar ‘arrincar a pel a un animal’. Rocío Dourado interprétao como aludindo a un terreo pelado e sen vexetación. Tampouco descarta que aluda ao alcume do antigo posesor do lugar (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados").
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outro "As Esfoladas" no concello de Irixoa.
ESTEIRO (A Devesa)
O apelativo "esteiro" é sinónimo de "estuario", "enseada". Etimoloxicamente representa a parella patrimonial galega do cultismo "estuario".
ESTIBADA, A (microtopón. da Devesa)
ESTIBADA, A (microtopón. de Piñeira)
Xa Sarmiento indicou que unha estivada era “labor que consiste en rozar o monte, queimar a broza cortada, arar a terra e sementala de trigo ou centeo”.
O termo "estibada" ou "estivada" aludiría a terra antigamente dedicada ás "rozas", operación de cavar un anaco de monte ou terreo inculto, xuntando a broza e facendo borralleiras para despois sementar trigo ou centeo.
Por extensión, os dicionarios tamén recollen a acepción de"peche dunha herdade con terróns". Debe aludir a "(terra que era) estivada, "terra que foi dedicada ás rozas".
Para maior detalle, ver G. Navaza, 2009. "As 'estibadas' ou 'estivadas'. Nota etimolóxica".
Tamén foi detallado por Eladio Rodríguez Gonzalez (cf. .E. Rodríguez (1958-1961. "Diccionario enciclopédico gallego-castellano").
ESTIBO, O (microtopón. de Arante)
ESTIBO, O (microtopón. de Vilausende)
O dicionarios recollen tres acepcións principais, a primeira como sinónimo de estibada, tanto no senso orixinal de terra de roza como no senso de "conxunto de agros".
O segundo significado recollido polos dicionarios é o de eira, agro inmediato á casa.
Calquera dos dous significados puido encaixar para motivar estes topónimos.
ESVEDREIRO (microtopón. da Devesa)
Un esvedreiro, esbedrido ou esbedral remite a un lugar onde abundan os érbedos ou esbedros (Arbutus unedo), árbore que dá un froito usado para aromatizar licores a base de augardentes e para preparar marmelada. Dicía Sarmiento que "esvedro en Vivero es el madroño".
É un topónimo relativamente frecuente na Mariña.

ESQUERDEIRA, A (microtopón. da Devesa)
Segundo o dicionarios de galego, "esquerdeiro" é sinónimo de zurdo. E, en efecto, segundo o mapa 137 do ALGa, o termo ten uso no Ortegal e na Mariña, polo que é probable que fose a motivación do topónimo.
Neste caso son dous topónimos referidos a sendos illotes separados uns centos de metros.
Tendo en conta todo o anterior, o nome destes illotes debe aludir ao alcume dun antigo mariñeiro. A forma en feminino débese por referiren a unha pena, que queda adxectivada deste modo e por tanto concorda en xénero con "Pena".
O apelativo "esteiro" é sinónimo de "estuario", "enseada". Etimoloxicamente representa a parella patrimonial galega do cultismo "estuario".
ESTIBADA, A (microtopón. da Devesa)
ESTIBADA, A (microtopón. de Piñeira)
Xa Sarmiento indicou que unha estivada era “labor que consiste en rozar o monte, queimar a broza cortada, arar a terra e sementala de trigo ou centeo”.
O termo "estibada" ou "estivada" aludiría a terra antigamente dedicada ás "rozas", operación de cavar un anaco de monte ou terreo inculto, xuntando a broza e facendo borralleiras para despois sementar trigo ou centeo.
Por extensión, os dicionarios tamén recollen a acepción de"peche dunha herdade con terróns". Debe aludir a "(terra que era) estivada, "terra que foi dedicada ás rozas".
Para maior detalle, ver G. Navaza, 2009. "As 'estibadas' ou 'estivadas'. Nota etimolóxica".
Tamén foi detallado por Eladio Rodríguez Gonzalez (cf. .E. Rodríguez (1958-1961. "Diccionario enciclopédico gallego-castellano").
ESTIBO, O (microtopón. de Arante)
ESTIBO, O (microtopón. de Vilausende)
O dicionarios recollen tres acepcións principais, a primeira como sinónimo de estibada, tanto no senso orixinal de terra de roza como no senso de "conxunto de agros".
O segundo significado recollido polos dicionarios é o de eira, agro inmediato á casa.
Calquera dos dous significados puido encaixar para motivar estes topónimos.
ESVEDREIRO (microtopón. da Devesa)
Un esvedreiro, esbedrido ou esbedral remite a un lugar onde abundan os érbedos ou esbedros (Arbutus unedo), árbore que dá un froito usado para aromatizar licores a base de augardentes e para preparar marmelada. Dicía Sarmiento que "esvedro en Vivero es el madroño".
É un topónimo relativamente frecuente na Mariña.
É interesante notar que nesta zona tamén tivo/ten uso a forma "ervedro", de feito o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra un Olvidal nesta mesma freguesía.
FABEGAS, AS (microtopón. de Covelas)
Topónimo que refire ás fabas, aludindo a un lugar onde se cultivan ou propicio para o seu cultivo.
O sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, aparece na toponimia por veces ligado ao cultivo dos cereais e doutras plantas, así atopamos tamén "Aviega" (avea), "Millarega" (millo miúdo), "Escanarega" (escanla), "Pallarega", ou "Pomarega".
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa"(cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
FANEGA, A (microtopón. da Devesa)
FANEGA, A (microtopón. de Ove)
Este topónim remite ao apelido "Fanego" do propietario das terras ás que dan nome. É a construción adxectival-xenitiva de "A terra de Fanego" > "A Fanega", frecuente na microtoponimia galega.
En canto ao apelido Fanego, é frecuente en parte da zona Mindoniense da provincia de Lugo, incluíndo Ribadeo, e semella que tivo o núcleo en Alfoz (cf. FANEGO, "Cartografía dos Apelidos de Galicia"). Este apelido xa está atestado no século XIII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos"). Está atestado tamén "Pedro Diaz Fanega" en 1211 (cf. E. Rivas, "Onomástica persoal do noroeste hispánico"). E en Viveiro en 1424 "Vaasco Fanego, Fernan Fanego" (cf. E. Rivas, "Onomástica persoal do noroeste hispánico").
Fanego debeu ser orixinado nun alcume, vendo o sufixo -ego que moitas veces alude a persoas ou etnias. Tería relación co verbo "fanar 'despuntar as orellas, desmochar' (cf Corominas s.v. faneca) . De feito nos dicionarios galegos (Dd) recollen Faneco como "Fanado, brujo, demonio, judío, circuncidado". Similarmente recollen os dicionarios de portugués.

Poderíamos pensar que fai referencia á medida de superficie e capacidade, mais a presenza deste topónimo, segundo o Proxecto Toponimia de Galicia, coincide bastante coa do apelido, polo cal semella descartable que se referise á medida de capacidade.
FERREIRA (Couxela)
FERREIRA (microtpón. de Covelas)
FERREIRELA, A (microtpón. de Ove)
O topónimo "Ferreira", podería referirse ao apelido dos primeiros que se asentaron no lugar ou ben aludir á existencia dunha "ferreira", do latín ferraria '‘mina de ferro', ou tamén por extensión, lugar onde se traballa o ferro.
En canto ao microtoónimo de Covelas, remitirá a un (antigo) propietario oriúndo de Ferreira de Couxela. En canto a Ferreirela, trátase da forma en diminutivo, co antigo sufixo -ela, que nos sinala a antigüidade deste microtopónimo, neste caso aludindo a unha "ferreira".
FEXACOS, OS (microtopón. da Devesa)
Transcrición alternativa por "fixacos", o mesmo que "foxacos".
O termo "foxaco" é derivado co sufixo -aco do apelativo "foxo", do latín medieval fogiu, do latín clásico foveum. O apelativo "foxo" (en portugués fojo) indica un furado grande.
A evolución *Foxacos>Fixacos está rexistrada no caso doutros topónimos e non ten nada de particular, tratándose dunha palatalización de vocais átonas en posición pretónica, tal como aconteceu con folloa>filloa (cf. P. Martínez "Toponomástica, documentación medieval y fenomenología lingüística: contribución para una gramática histórica de la lengua gallega").
Atopamos casos similares como "Fixoucos" en Barreiros ou "Fixoa" nas Negradas (O Vicedo).
FIGUEIRÚA (microtopón. de Ribadeo)
O termo "figueirúa" deriva de ficariola 'figueira pequena'.
É un topónimo interesante, na miña opinión, pola solución -úa, complementaria ás outras rexistradas na comarca -oa, -oá (tamén -uga en Alfoz).

FOIAS, AS (microtopón. de Arante)
O apelativo "foia" ten a mesma etimoloxía que "foxa", tamén presente na toponimia deste concello. Aínda que ten tamén a acepción de "foxa" (furada, sepultura), tamén colleu a especialización semántica de "Hoyo que se emplea para hacer carbón vegetal" (cf. e.g. X. L. Franco (1972) "Diccionario galego-castelán").
O paso do latín ao galego das terminación -ueum tivo solucións diverxentes, o mesmo que ocorreu coa terminación -gium (arroio/arroxo).
FOIO, O (microtopón. de Vilausende)
O apelativo "foio" ten a mesma etimoloxía que "foxo", tamén presente na toponimia deste concello.

Ver "FOXO" para máis detalles.
FOLGOSA (Piñeira)

FOLGUEIRA CHÁ, A (microtpón. de Arante)
FOLGUEIRAIS, OS (microtpón. de Cedofeita)
FOLGUEIRAL, O (microtpón. da Devesa)
Os topónimos "folgoso/a", "folgueiro/a", "folgueiral",e tamén "felgueira" e "filgueira", moi comúns por toda a comarca, indican "lugar onde abundan os felgos".

FONDÓN, O (microtopón. de Vilausende)
Aludindo á orografía do lugar, situado nun lugar significativamente máis fundo que o territorio circundante.
FONTAO (microtopón. de Cedofeita)
Do latín medieval (agru) fontanu, derivado do latín fons/fontis "fonte" (cf. A. Moralejo. "Toponimia gallega y leonesa").
FONTE DO ENCANTO (microtopón. de Piñeira)
A referencia ao "Encanto" debe aludir a entornos míticos ou relixiosos antigos.
Así, hai varias penas "do Encanto" nas que se atoparon petróglifos, tales como no caso da "Pena do Encanto" en Silleda, e da "Pedra do Encanto" na ría de Arousa, así como "As Pisadas do Encanto" nas Anzas. No caso da Pedra do Encanto (O Hío, Cangas, Po), preto dela atópanse petróglifos, así como un castro e mais unha capela.
No caso da Pena do Encanto de Sta. Mª Maior, Mondoñedo, atópase ao lado do Pozo da Moura, outra referencia mítica. Igualmente, no caso da Pena do Encanto dos Vaos (Ribeira de Piquín), atópase ao lado da Pena Moura, así como da Capela de Santa Apolonia, que pode tratarse da despaganización do lugar.
No caso da Furada do Encanto (A Balsa, Muras), atópase ao pé de Trala Modia, aludindo a unha mámoa próxima.
Finalmente, a Pena do Encanto (Foz) atópase ao lado do Cu do Castro, situado nun promontoiro, tamén con referencias histórico-míticas, xa que logo.
Segundo López Cuevillas, o "encanto", na mitoloxía popular galega, sería un ente misterioso con cualidades sobrenaturais que se converte en ser material. El sería o que garda os tesouros dos castros (cf. F. López, "Prehistoria de Melide", in Terra de Melide. 1933 e 1978).
Recolle Xabier Moure, para o caso da "Pena Leirada" a lenda
".. hai un encanto por sete reinados, tempos irán e tempos virán que as patas das cabras os descubrirán" (cf. blog O Noso Patrimonio).
En particular, a "Pena do Encanto" pode ter relación coa existencia de petróglifos, gravuras prehistóricas na rocha, e o termo "encanto" estar asociado a posibles lendas surxidas ao respecto.
Bouza Brey indica que:
“entre os diversos aspectos que presenta a crenza animista das augas, figura a que supón o poboamento destas por seres marabillosos, por xenios de carácter especial que na nosa terra acadan diferencias específicas. Nos nosos relatos tradicionais, cítanse en primeiro lugar os encantos que moran ademais de nas covas ou minas, nas fontes e nos ríos. Estes seres, no sentir dos nosos primitivos, son, en Galicia, homes e mulleres escravizados polo demo, que dispoñen de grandes tesouros, que andan moi ben portados e que non morren xamais; pero sempre están pensando na maneira de que os desencanten e os deixen, unha vez libres do poder demoníaco, vivir entre cristiáns.”
O termo "encanto" pode tamén estar relacionado, alén de con algunha lenda, coa raíz céltica *kant- relacionado con "rocha, canto, borde", "beira de río con coios".
FONTE DO SUEIRO (microtopón. de Piñeira)
Fonte que alude a un antigo posesor ou creador chamado (ou apelidado) "Sueiro", antropónimo de posible orixe xermánica (HGN 259.1).
FONTE DO TROBO, A (microtopón. de Piñeira)Fonte que alude a un antigo posesor ou creador chamado (ou apelidado) "Sueiro", antropónimo de posible orixe xermánica (HGN 259.1).
FONTE DO TROBO, A (microtopón. de Vilausende)
Ver "TROBO, O".
FONTELAS, AS (microtopón. de Arante)
As voces "fontela" e "fontenla" fan alusión a unha fonte que ten un caudal moi escaso.
Son formas derivadas do latín fontanella(m) ou directamente do romance fontá 'fonte', co antigo sufixo diminutivo -ela.
FORCELLAL, O (microtopón. de Covelas)
Forma derivada de "forca", co diminutivo -ella mais o sufixo abundancial -al.
Aínda que descoñecemos o lugar, sendo o topónimo un derivado de "forca", posiblemente aluda a unha bifurcación, neste caso de río ao se tratar dunha zona de prados.
Os topónimos derivados de "forca" son relativamente frecuentes en Galiza. con formas como "Forcada", "Forcadela", "Forcadiña", polo que non pode ser referido ao aparello "forcada" ou "forqueta", pois sería un topónimo anecdótico e non encaixaría con esa frecuencia.
FORCÓN, O (microtopón. de Covelas)
FORCÓN, O (microtopón. de Arante)
O dicionario define "forcón" como "pau rematado en dúas gallas pequenas que serve de soporte ou apoio a algo". A súa aplicación na toponimia deste e doutros derivados de "forca" é relativamente frecuente, referindo xeralmente a unha bifurcación de río ou regato.
Tamén podería referir a bifurcación dun camiño, ou de montañas; neste último caso, sería no sentido de "desfiladeiro". A acepción de "forca" como "desfiladeiro", aínda que no galego actual non se rexistre, en portugués si que se conserva.
FORNELO (Couxela -lugar de Fornelo)
FORNELO (microtopón. de Piñeira)
Os dicionarios de galego definen a voz "fornela" como "boca do forno" e mais "sitio para a cinza, debaixo ou ao pé do forno". Tamén ten a acepción de "alacena na parede".
A motivación para os topónimos Fornela e Fornelo(s) é xeralmente metafórica, para se refererir a dolmens ou a pequenas covas. Tal como indica Manuel Lorenzo (cf. Toponimia de Dodro e de Laíño), "díselle ás mámoas fornos e fornelas dos mouros". Tamén indicou Almeida Fernandes que "a metáfora dolménica e a espeleológica são as únicas que, salvo casos especiais, podem satisfacer à congruência toponímica" (cf. A. de Almeida Fernandes, 1991-1993. "Taraucae Monumenta Historica - Livro das doações de Tarouca, I/1: Documenta; I/2: Indices & Studia (Anthroponymia); I/3: Indices & Studia (Toponymia) (Institutiones) (Communia Verba)").
Esta motivación arqueolóxica é por veces evidente, como no caso do topónimo "A Fornela" (Cariño), onde ao pé do lugar atópase a Mámoa de Fornela.
No entanto, tampouco se pode excluír que faga alusión a forno de tella, de olas, ou a forxa de ferreiros.
É de notar que para o caso de Fornelo da freguesía de Piñeira, a motivación tamén é palpable, nese caso ao tratarse dunha furna costeira.
FORO, O (microtopón. de Vilaframil)
FORO, O (microtopón. de Ove)
Topónimo que alude a unhas terras suxeitas a un foro.
O termo "foro" tivo en Galiza o significado de ‘dominio sobre unha propiedade’, e daí pasou a ter o de logo ‘Contrato consensual, comunísimo en Galicia en pasados tempos, polo que unha persoa cedía a outra, ordinariamente por tres xeracións, o dominio dunha cousa inmoble, mediante certo canon o pensión anual" (cf. E. Rodríguez, Dicionario).
Decía Sarmiento
"Sobre todo hay en Galicia aquella especie de arriendos que llaman foros. Foro es dar a uno una posesión que la cultive y usufructúe por el tiempo de tres generaciones. Hoy solo se hacen por tres vidas de reyes, pero en lo antiguo se hacían los foros por tres vidas de particulares y veintinueve años más..." (cf. "Onomástico etimológico de la lengua gallega", ed. de J. L. Pensado).
FOXAS (microtopón. de Covelas)
FOXO, O (microtopón. de Covelas)
FOXO, O (microtopón. de Arante)
FOXOS, OS (microtopón. de Covelas)O apelativo "foxo" vén do latín fovea, e indica unha furada, un furado grande. Moitas veces os foxos eran trampas para lobos e outras alimarias.
Por tanto, nestes lugares talvez houvese unha trampa (para caza de animais, lobos particularmente) ou talvez indique simplemente un desnivel ("valado") do terreo ou tamén a existencia dunha cova.
Os "foxos" para a caza de lobos e outras alimarias eran de responsabilidade comunal. Nun documento de 1623 o Corrixidor asinaba unha orde de prender a dous veciños por non acudiren a pechar o foxo. Os veciños tiñan o labor "desde muchos siglos a esta parte, el remontar, correr y exterminar los muchos osos, lobos, jabalíes y otras fieras igualmente nocivas que se propagan en las montañas de aquella inmediación para impedir los estragos que solían causar no solo en los sembrados, sino en los ganados y poblaciones” (Cf. J. Torrente. "Osos y otras fieras en el pasado de Asturias", 1999).
FRAIÁN (microtopón. da Devesa)
De (uilla) *Fradilani, forma en xenitivo xeermánico de Fradila, nome do antigo posesor da uilla (granxa medieval, explotación agrícola). É un nome de orixe xermánica, o cal non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Alta Idade Media.
Aínda que non corresponde na actualidade cun núcleo de poboación, talvez nos remita a un antigo poboamento altomedieval.
FRIEIRA A VELLA (Piñeira)
Os topónimos Frieira e en menor medida Frieiro son relativamente frecuentes en Galiza. Xeralmente remiten a correntes de auga, nacentes ou vetas de auga, e outras veces simplemente a terras que, sexa pola humidade ou por seren sombrizas por orientación ou vexetación, resultan terras frías.
Os dicionarios de galego recollen para "frieira" acepcións nesa liña, tales como “regato, torrente” (Filgueira), “Caída de auga” (Rivas Quintas), “Paso estreito de auga no río” (Constantino García), e xa alusivas a terras “Sitio onde se sente moito o frío” (Eladio Rodríguez).
GALOS, OS (Vilaselán)
Debe remitir aos poboadores que se asentaron no lugar que terían de apelido "Galo".
Temos o microtopónimo "Xan Galo" en Couxela, que reforza esta interpretación.
Xa aparece no séc. XII un "Rudericis cognomento Gallus" (cf. T. Sobrado), e tamén un "filius de Froyla Galo" no Tombo de Toxos Outos, ou un "Alfonsus Galos" en Santiago no séc XV (cf. CODOLGA), e un "Miguel Galo de Aguiar", veciño da vila de Viveiro en 1593.
En palabras de Antón Palacios,
" Coma Touro, Galo parece alcume aplicado, con connotacións de virilidade, a un individuo e pode incluírse nunha serie de apelidos formados con nome de aves como Capón, Corvo, Galiño, Garza, Pato, Paxaro, Perdiz, Pita, Pombo e outros. Malia que Galo ten hoxe en Galicia menos dunha decena de portadores –a maioría censados en Melide–, son máis de 250 os portadores da forma castelanizada Gallo;" (cf. A. Palacios. "Antropónimos en topónimos galegos" in Verba 75).
GALVÁN (microtopón. de Vilaselán)
Ao tratarse dun topónimo menor, podería referirse ao alcume dun antigo posesor.
Existe un antropónimo homónimo, que vén do francés Gauvain, á súa vez do galés Gwalliadvwyn 'cabelo brillante'. A difusión deste nome viría a través da popularización dos ciclos artúricos na Península Ibérica.
Boullón Agrelo indica que comezan a aparecer nos finais do s. XV, aínda que no caso concreto de Galván, o seu uso como alcume xa se atesta nos finais do s. XIII (cf. A. Boullón, 1998. "A influencia franca na onomástica medieval galega". In "Homenaxe a Ramón Lorenzo").
Atopamos outro "Galván" en Mañón.
GANCEDO, O (microtopón. de Ove)
GANCEGAL, O (microtopón. de Cedofeita)
O topónimo "gancedo" aludiría a un lugar onde se recollía moito "ganzo", variñas de uz seca usadas para alumear.
No caso de "Gancegal", pode tratarse de abundancial gancego + -al, se non se trata dunha deturpación de "gancedal", con dobre prefixo abundancial e mesmo significado que gancedo.
O dicionario de Juan Cuveiro Piñol (1876) define o adxectivo señeiro como "Gamon ó varas secas del brezo ó uz, que resultan de la quema de los montes, despues de pasar dos ó tres años á la intemperie, y con los que se alumbra la gente pobre., separado, particular, especial ó sin par".
Ao tratarse dun topónimo menor, podería referirse ao alcume dun antigo posesor.
Existe un antropónimo homónimo, que vén do francés Gauvain, á súa vez do galés Gwalliadvwyn 'cabelo brillante'. A difusión deste nome viría a través da popularización dos ciclos artúricos na Península Ibérica.
Boullón Agrelo indica que comezan a aparecer nos finais do s. XV, aínda que no caso concreto de Galván, o seu uso como alcume xa se atesta nos finais do s. XIII (cf. A. Boullón, 1998. "A influencia franca na onomástica medieval galega". In "Homenaxe a Ramón Lorenzo").
Atopamos outro "Galván" en Mañón.
GANCEDO, O (microtopón. de Ove)
GANCEGAL, O (microtopón. de Cedofeita)
O topónimo "gancedo" aludiría a un lugar onde se recollía moito "ganzo", variñas de uz seca usadas para alumear.
No caso de "Gancegal", pode tratarse de abundancial gancego + -al, se non se trata dunha deturpación de "gancedal", con dobre prefixo abundancial e mesmo significado que gancedo.
O dicionario de Juan Cuveiro Piñol (1876) define o adxectivo señeiro como "Gamon ó varas secas del brezo ó uz, que resultan de la quema de los montes, despues de pasar dos ó tres años á la intemperie, y con los que se alumbra la gente pobre., separado, particular, especial ó sin par".
GARDIÑEIRA, A (microtopón. de Ove)
Estamos perante unha forma deturpada de "garduñeira", lugar que frecuentarían as garduñas, ou onde terían un cubil.
É interesante pola muda da vogal que presenta, moi probablemente por influxo da consoante palatal que a segue. É un caso similar ao do topónimo Fexacos (por *Foxacos) tamén neste concello, ou doutros apelativos como folloa>filloa (cf. P. Martínez "Toponomástica, documentación medieval y fenomenología lingüística: contribución para una gramática histórica de la lengua gallega").
GARITOS, OS (Piñeira)
No entanto, non se rexistra ningún outro topónimo "Garito" coñecido.
O dicionario recolle o significado de "Mendrugo, pedazo de pan duro", que non parece encaixar para un topónimo (cf. DdD).
Poderíamos relacionalo con "Garita", que segundo os dicionarios sería unha "caseta para os sentinelas".
Ao ser unha forma en plural masculino, non podemos descartar unha referencia ao alcume dun antigo posesor.
Non atopando orixe clara, cobra forza que estea relacionado co microtopónimo Os Garelos (Arante), e seren ambos os dous diminutivos aludindo ao mesmo elemento, aínda que descoñecemos cal.
GOIOS (microtopón. da Devesa)
O topónimo goio designa un foxo ou covo profundo, sexa na terra, no río ou na costa. Neste caso semella que aludiría a foxas na terra.
Por veces tén tamén a acepción de sepultura, así como a de "lagoa nun monte con auga de manancial".
GRANDA, A (Cedofeita, outros)
GRANDA RASA, A (microtopón. da Devesa)
GRANDELA, A (Piñeira)
O termo "granda" ou "gándara", de orixe prerromana, ten varias acepcións, todas relativas a "terreo improdutivo, polo xeral chan".
No caso da Granda Rasa, alude á situación da granda nunha "pequena chaeira", o cal é o caso deste lugar. En efecto, aínda que o adxectivo "raso" tamén ten a acepción de "sen cultivar, de vexetación baixa", xeralmente na toponimia é usado na acepción de "lugar de orografía chá".
GRANDAL, O (microtopón. da Devesa)
GRANDAS, AS (microtopón. de Cedofeita)
GRANDAS, AS (microtopón. da Devesa)
O termo "granda" ou "gándara", de orixe prerromana, ten varias acepcións, todas relativas a "terreo improdutivo, polo xeral chan".
No caso de "Grandal", co sufixo abundancial, indica unha grande extensión de gándara.
GRANXA DE GUIDÁN, A (microtopón. de Piñeira)
Este topónimo alude a unha granxa situada no lugar de Gudán. Á súa vez, Guidán remite a unha forma *(uilla) Uitani, forma en xenitivo xermánico do nome *Uita, que tería sido o posesor da uilla altomedieval. É unha hipótese, pois no lugar descoñecemos a antiga existencia da mencionada uilla.
Este nome Uita tería unha orixe xermánica (de *wit 'coñecemento').
GRAÑA, A (Ove)
O termo graña parece vir do latín granea 'granxa agrícola', derivado de granum 'gran'.
Perdurou soamente na toponimia, pois na fala triunfou a forma cognada "granxa", da mesma orixe latina, que algúns atribúen influencia franca.
Aludiría por tanto a unha granxa. É interesante resaltar que estas "grañas" eran moitas veces dependentes dun mosteiro, para o cal producían alimentos.
GRAÑOL, O (Ove)
Este topónimo podería remitir a un antigo posesor do lugar, que sería oriúndo da Graña.
Pode vir directamente de *graneolu, diminutivo de granea (granxa, ver "GRAÑA"); aínda que a evolución -olo > -ol non sexa a común, tampouco é un caso único, véxase por exemplo "GAYOL".
Por outro lado, Rocío Dourado postula para este topónimo a orixe nun antigo *(uīlla) Granĭŏlī, coa forma típica en xenitivo dun nome persoal, aludindo ao posesor da uilla, neste caso *Granĭŏlŭs. Indica que está atestada a forma en femenino Grannĭŏla, de orixe prerromana. No entanto, dada a presenza do artigo, semella menos probable que aluda a un nome de posesor.
HORTA DO CASEIRO, A (microtopón. de Covelas)
Un caseiro é unha persoa que cultiva terreos dun propietario coa obriga de pagar unha certa cantidade anualmente en concepto de arrendamento (cf. Dicionario de Dicionarios). Alude pois ao oficio ou alcume da persoa que posuíu ou alugou a horta.
Aínda que Caseiro tamén é un apelido, é improbable que este topónimo sexa derivado do apelido dun posesor , pois non hai indicios de que este apelido tivese difusión consolidada nesta zona.
ILLA DE FORNELO, A (microtopón. de Piñeira)
Os dicionarios de galego rexistran varias acepcións para a voz "fornelo", tanto no sentido orixinario de "forno pequeno" como metafórico de "boquete", tal como ocorre coa acepción de "alacena na parede" (cf. DdD).
En xeral, a motivación para o topónimo podería ser calquera das dúas indicadas, así como un uso metafórico, aludindo a dolmens ou a cistas prehistóricas: tal como indica Manuel Lorenzo (cf. Toponimia de Dodro e de Laíño), "díselle ás mámoas fornos e fornelas dos mouros". Así o caso, por exemplo, do topónimo A Fornela (Cariño), en que ao pé do lugar atópase a Mámoa de Fornela.
ILLA DE XAN GALO, A (microtopón. da Devesa)
Talvez refira á mesma persoa que o microtopónimo Xan Galo (Couxela).
Remite a unha persoa de apelido ou alcume "Galo".
Este topónimo deriva dunha *(uilla) Iuliani, forma en xenitivo de Iulianus, nome de orixe latina que refire ao antigo posesor ou fundador da uilla altomedieval ("explotación agrícola", "casal").
Ao non tratarse dun núcleo de poboación, polo menos actualmente, quédanos saber se existiu a dita uilla medieval ou se este microtopónimo alude ao posesor do lugar provinte dalgún lugar deste nome.
Queda a pregunta de se este Iuliani tén que ver co lugar de San Xillao, a priori descoñecemos documento que os relacione.
INLLAO (microtop. da Devesa)
Aínda sen termos documentación que o probe, penso que vén de "anllao", remitindo ao posesor destas terras, que sería alguén oriúndo dunha poboación chamada Anlle.
A formación "anllao' oriúndo de Anlle" é común no galego desta zona, o mesmo que "mariñao" remite a alguén oriúndo da Mariña.
Por outro lado, o paso Anllao > Inllao é un fenomeno normal no galego, consistente na palatalización da vogal por influxo da consoante palatal posterior. Así na toponimia atopamos Inllares, que procede de Anllares (latín angulares). No léxico galego igualmente atopamos por exemplo folloa>filloa, ou na toponimia.
IREXE (Couxela)
Topónimo derivado do latín ecclesĭa, que tivo unha evolución patrimonial no galego, similar a "Eirexa", presente tamén neste concello, ou "Eirexe" presentes noutras zonas galegas.
LAVARQUEIRAS, AS (microtopón. de Couxela)
Debe remitir a un lugar onde se xuntan as lavercas. A forma en abundancial para aves non sería estraña, igual que atopamos (sen sermos exhaustivos): Corveiras, Gralleiras (grallas), Pegueiras, Aguieiras, Azoreiras, Gaveiras (gaivotas). Temos neste concello tamén "As Bixoteiras" (bexatos, buxatos ou miñatos).
Aínda que semella estraño un lugar propicio para as lavercas, tamén atopamos un As Laverqueiras en Oimbra (Ourense).
Sexa como for, hai outro Lavarqueiras en Xinzo e outro en Trás-os-Montes (Portugal). Con distinta grafía aparece As Labarqueiras en Oia (Pontevedra), así como en Portugal "Labarqueira".
O paso de "laverqueira" a lavarqueira é común en galego, de feito o dicionario recolle "lavarquela" como sinónimo de laverca, e tamén "namarquela" (cf. FrampasIII)
Por outro lado, un "As Labarceiras" en Riotorto non tería que ver, pois aplica a lugar onde abunda a "labarza" (tamén chamada "labaza").
LIMPADOIRO, O (microtopón. de Ove)
Este topónimo remite ao lugar, xeralmente unha aira, común ou particular, onde aventaban o cereal, despois de o mallar co mallo (separada a palla do gran). Este aventamento era realizado para retirar a "muña" (a cuberta do gran) e o po que viñan mesturados coa gra. Para seren alimpados escollíase un lugar aireado para poder aventar a gra e deixar escapara a dita "muña", "puxa" ou "cascabello"
En efecto, os dicionarios de galego recollen a voz "limpadoiro" e "alimpadoiro" como o lugar ou eira onde se alimpaba a gra (cf. DdD). Os cereais, unha vez mallados , eran "alimpados" .
LIÑEIRAS, AS (microtopón. da Devesa)
LIÑEIRAS, AS (microtopón. de Covelas)
LIÑEIRAS, AS (microtopón. de Vilausende)
LIÑEIRO (A Devesa)
A voz "liñeira" é sinónimo de "liñar, terreo onde se cultiva o liño". Cf. DdD.
En canto a "liñeiro", ten dúas acepcións principais: "liñar, terreo onde se cultiva o liño", e "persoa que se adica ao comerzo do liño". Xa en portugués, a acepción de "linheiro" é a de "persoa que negocia co liño" e "persoa que carda o liño".
É difícil unha escolla, por tanto, entre calquera das dúas acepcións principais: un terreo onde se cultiva o liño ou un terreo pertencente a unha persoa que trata co liño. No entanto, G. Navaza inclínase pola acepción de "liñar" (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
A artesanía do liño tivo relevancia en Galiza, especialmente nas zonas do litoral e nalgúns vales do interior. O maior apoxeo desta industria artesanal deuse de mediados do século XVIII ata primeiro terzo do XIX. Neste período tecíase liño do país pero tamén de fóra, que entraba polos portos de Ribadeo, Carril e Vigo. Unha vez confeccionado o lenzo, era exportado para Castela e para América.
É de notar que, aínda que "liñeiro" ten outras dúas acepcións máis residuais, a de sinónimo de "leñeiro", lugar onde abunda a leña, e a de sinónimo de niño, cremos que non son usadas nesta zona, e non semella probable de teren sido usadas nun pasado.
LODEIRA, A (microtopón. de Vilaselán)
Topónimo transparente, que alude a "(terra) lodeira", e por tanto remite a unha "lameira, terreo con lama".
LOURIDO (Vilausende)
Os topónimos "louredo", lourido", louridal" son abundanciais de "louro", antiga forma por "loureiro". Remite, xa que logo, a un lugar onde abundan os loureiros.
LOUSADOS, OS (microtopón. da Devesa)
Este topónimo parece máis transparente do que é na realidade.
A voz "lousado" remite sen dúbida a un conxunto de lousas que cobren unha superficie, polo xeral un tellado. É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, e polo xeral aludiría a un lugar onde había casas lousadas, por oposición ao xeral daquel momento, que serían de palla (pallazas) ou de tella.
Ao non ser un núcleo de poboación, podemos pensar nun muro "lousado", que recolle o dicionario commo sinónimo de "capia", polo que remitiría a un muro rematado en lousa. Alternativamente, podería aludir á abundancia de lousas no predio.
MAIZÁN (Couxela)
Orixe incerta. Semella a forma típica en xenitivo dun antropónimo.
X. Ll. García Arias fai a mesma interpretación na toponimia asturiana (cf. X.L. García, 1984. "Pueblos asturianos: el porqué de sus nombres").
No caso de "grandela", trátase do antigo diminutivo en -ela.GRANDAL, O (microtopón. da Devesa)
GRANDAS, AS (microtopón. de Cedofeita)
GRANDAS, AS (microtopón. da Devesa)
O termo "granda" ou "gándara", de orixe prerromana, ten varias acepcións, todas relativas a "terreo improdutivo, polo xeral chan".
No caso de "Grandal", co sufixo abundancial, indica unha grande extensión de gándara.
GRANXA DE GUIDÁN, A (microtopón. de Piñeira)
Este topónimo alude a unha granxa situada no lugar de Gudán. Á súa vez, Guidán remite a unha forma *(uilla) Uitani, forma en xenitivo xermánico do nome *Uita, que tería sido o posesor da uilla altomedieval. É unha hipótese, pois no lugar descoñecemos a antiga existencia da mencionada uilla.
Este nome Uita tería unha orixe xermánica (de *wit 'coñecemento').
GRAÑA, A (Ove)
O termo graña parece vir do latín granea 'granxa agrícola', derivado de granum 'gran'.
Perdurou soamente na toponimia, pois na fala triunfou a forma cognada "granxa", da mesma orixe latina, que algúns atribúen influencia franca.
Aludiría por tanto a unha granxa. É interesante resaltar que estas "grañas" eran moitas veces dependentes dun mosteiro, para o cal producían alimentos.
GRAÑOL, O (Ove)
Este topónimo podería remitir a un antigo posesor do lugar, que sería oriúndo da Graña.
Pode vir directamente de *graneolu, diminutivo de granea (granxa, ver "GRAÑA"); aínda que a evolución -olo > -ol non sexa a común, tampouco é un caso único, véxase por exemplo "GAYOL".
Por outro lado, Rocío Dourado postula para este topónimo a orixe nun antigo *(uīlla) Granĭŏlī, coa forma típica en xenitivo dun nome persoal, aludindo ao posesor da uilla, neste caso *Granĭŏlŭs. Indica que está atestada a forma en femenino Grannĭŏla, de orixe prerromana. No entanto, dada a presenza do artigo, semella menos probable que aluda a un nome de posesor.
GUDÍN (microtopón. de Covelas)
De (uilla) *Gutini, forma en xenitivo de Gutinus, nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, explotación agrícola). Esta é a interpretación de Piel para os distintos Gudín, Vilagudín e os cognados portugueses Vilagudim, Godim, que demostra en base a atestación antiga (cf. p. 387, J. M. Piel "Os nomes germánicos na toponímina portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo III).
É un nome de orixe xermánica, o cal non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Alta Idade Media.
É importante notar que preto deste lugar queda Trasgundín, que podemos pensar que refira a este Gudín, ou que fose Gundín en lugar de Gudín. En calquera dos dous casos, a referencia a este Gudín semella reforzar a idea de que, a aínda que na actualidade non corresponda cun núcleo de poboación, en Gudín debeu existir unha uilla (granxa, casal, explotación agrícola) altomedieval.
O Nomenclátor rexistra un Vilagudín en San Román (O Vicedo) e un Gudín en Xove.

GUILDEIROS, OS (Ove)
Elixio Rivas recolle en Ourense "guildeira" como sinónimo de "guindeira", árbore que dá "guindas".
Por tanto, como hipótese, podemos pensar que "Guildeiros" aludiría a un terreo onde abundan as guildeiras ou guindeiras.
HORTA DO CASEIRO, A (microtopón. de Covelas)
Un caseiro é unha persoa que cultiva terreos dun propietario coa obriga de pagar unha certa cantidade anualmente en concepto de arrendamento (cf. Dicionario de Dicionarios). Alude pois ao oficio ou alcume da persoa que posuíu ou alugou a horta.
Aínda que Caseiro tamén é un apelido, é improbable que este topónimo sexa derivado do apelido dun posesor , pois non hai indicios de que este apelido tivese difusión consolidada nesta zona.
ILLA DE FORNELO, A (microtopón. de Piñeira)
Os dicionarios de galego rexistran varias acepcións para a voz "fornelo", tanto no sentido orixinario de "forno pequeno" como metafórico de "boquete", tal como ocorre coa acepción de "alacena na parede" (cf. DdD).
En xeral, a motivación para o topónimo podería ser calquera das dúas indicadas, así como un uso metafórico, aludindo a dolmens ou a cistas prehistóricas: tal como indica Manuel Lorenzo (cf. Toponimia de Dodro e de Laíño), "díselle ás mámoas fornos e fornelas dos mouros". Así o caso, por exemplo, do topónimo A Fornela (Cariño), en que ao pé do lugar atópase a Mámoa de Fornela.
ILLA DE XAN GALO, A (microtopón. da Devesa)
Talvez refira á mesma persoa que o microtopónimo Xan Galo (Couxela).
Remite a unha persoa de apelido ou alcume "Galo".
Ver "OS GALOS" para máis detalle.
ILLA PANCHA, A (microtopón. de Vilaselán)
Remite a unha "Illa de Pancho", pertencente ou en honra dunha persoa chamada "Pancho", hipocorístico de Francisco.
ILLÁN (microtopón. de Couxela)ILLA PANCHA, A (microtopón. de Vilaselán)
Remite a unha "Illa de Pancho", pertencente ou en honra dunha persoa chamada "Pancho", hipocorístico de Francisco.
Este topónimo deriva dunha *(uilla) Iuliani, forma en xenitivo de Iulianus, nome de orixe latina que refire ao antigo posesor ou fundador da uilla altomedieval ("explotación agrícola", "casal").
Ao non tratarse dun núcleo de poboación, polo menos actualmente, quédanos saber se existiu a dita uilla medieval ou se este microtopónimo alude ao posesor do lugar provinte dalgún lugar deste nome.
Queda a pregunta de se este Iuliani tén que ver co lugar de San Xillao, a priori descoñecemos documento que os relacione.
INLLAO (microtop. da Devesa)
Aínda sen termos documentación que o probe, penso que vén de "anllao", remitindo ao posesor destas terras, que sería alguén oriúndo dunha poboación chamada Anlle.
A formación "anllao' oriúndo de Anlle" é común no galego desta zona, o mesmo que "mariñao" remite a alguén oriúndo da Mariña.
Por outro lado, o paso Anllao > Inllao é un fenomeno normal no galego, consistente na palatalización da vogal por influxo da consoante palatal posterior. Así na toponimia atopamos Inllares, que procede de Anllares (latín angulares). No léxico galego igualmente atopamos por exemplo folloa>filloa, ou na toponimia.
INSUA, A (microtopón. de Vilaselán)
O termo "Insua" vén do latín insula 'illa', que deu tanto no portugués como no galego, as variantes "illa" e mais "insua".
Aínda que o apelativo "insua" refire a terreo rodeado en parte pola auga, podendo ser unha península no río, ou incluso un lugar no medio de dous ríos, non é este o caso, pois trátase de illas costeiras.
Topónimo derivado do latín ecclesĭa, que tivo unha evolución patrimonial no galego, similar a "Eirexa", presente tamén neste concello, ou "Eirexe" presentes noutras zonas galegas.
LAVARQUEIRAS, AS (microtopón. de Couxela)
Debe remitir a un lugar onde se xuntan as lavercas. A forma en abundancial para aves non sería estraña, igual que atopamos (sen sermos exhaustivos): Corveiras, Gralleiras (grallas), Pegueiras, Aguieiras, Azoreiras, Gaveiras (gaivotas). Temos neste concello tamén "As Bixoteiras" (bexatos, buxatos ou miñatos).
Aínda que semella estraño un lugar propicio para as lavercas, tamén atopamos un As Laverqueiras en Oimbra (Ourense).
Sexa como for, hai outro Lavarqueiras en Xinzo e outro en Trás-os-Montes (Portugal). Con distinta grafía aparece As Labarqueiras en Oia (Pontevedra), así como en Portugal "Labarqueira".
O paso de "laverqueira" a lavarqueira é común en galego, de feito o dicionario recolle "lavarquela" como sinónimo de laverca, e tamén "namarquela" (cf. FrampasIII)
Por outro lado, un "As Labarceiras" en Riotorto non tería que ver, pois aplica a lugar onde abunda a "labarza" (tamén chamada "labaza").
LIMPADOIRO, O (microtopón. de Ove)
Este topónimo remite ao lugar, xeralmente unha aira, común ou particular, onde aventaban o cereal, despois de o mallar co mallo (separada a palla do gran). Este aventamento era realizado para retirar a "muña" (a cuberta do gran) e o po que viñan mesturados coa gra. Para seren alimpados escollíase un lugar aireado para poder aventar a gra e deixar escapara a dita "muña", "puxa" ou "cascabello"
En efecto, os dicionarios de galego recollen a voz "limpadoiro" e "alimpadoiro" como o lugar ou eira onde se alimpaba a gra (cf. DdD). Os cereais, unha vez mallados , eran "alimpados" .
LIÑEIRAS, AS (microtopón. da Devesa)
LIÑEIRAS, AS (microtopón. de Covelas)
LIÑEIRAS, AS (microtopón. de Vilausende)
LIÑEIRO (A Devesa)
A voz "liñeira" é sinónimo de "liñar, terreo onde se cultiva o liño". Cf. DdD.
En canto a "liñeiro", ten dúas acepcións principais: "liñar, terreo onde se cultiva o liño", e "persoa que se adica ao comerzo do liño". Xa en portugués, a acepción de "linheiro" é a de "persoa que negocia co liño" e "persoa que carda o liño".
É difícil unha escolla, por tanto, entre calquera das dúas acepcións principais: un terreo onde se cultiva o liño ou un terreo pertencente a unha persoa que trata co liño. No entanto, G. Navaza inclínase pola acepción de "liñar" (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
A artesanía do liño tivo relevancia en Galiza, especialmente nas zonas do litoral e nalgúns vales do interior. O maior apoxeo desta industria artesanal deuse de mediados do século XVIII ata primeiro terzo do XIX. Neste período tecíase liño do país pero tamén de fóra, que entraba polos portos de Ribadeo, Carril e Vigo. Unha vez confeccionado o lenzo, era exportado para Castela e para América.
É de notar que, aínda que "liñeiro" ten outras dúas acepcións máis residuais, a de sinónimo de "leñeiro", lugar onde abunda a leña, e a de sinónimo de niño, cremos que non son usadas nesta zona, e non semella probable de teren sido usadas nun pasado.
LODEIRA, A (microtopón. de Vilaselán)
Topónimo transparente, que alude a "(terra) lodeira", e por tanto remite a unha "lameira, terreo con lama".
LOURIDO (Vilausende)
Os topónimos "louredo", lourido", louridal" son abundanciais de "louro", antiga forma por "loureiro". Remite, xa que logo, a un lugar onde abundan os loureiros.
LOUSADOS, OS (microtopón. da Devesa)
Este topónimo parece máis transparente do que é na realidade.
A voz "lousado" remite sen dúbida a un conxunto de lousas que cobren unha superficie, polo xeral un tellado. É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, e polo xeral aludiría a un lugar onde había casas lousadas, por oposición ao xeral daquel momento, que serían de palla (pallazas) ou de tella.
Ao non ser un núcleo de poboación, podemos pensar nun muro "lousado", que recolle o dicionario commo sinónimo de "capia", polo que remitiría a un muro rematado en lousa. Alternativamente, podería aludir á abundancia de lousas no predio.
MAIZÁN (Couxela)
Orixe incerta. Semella a forma típica en xenitivo dun antropónimo.
Rocío Dourado apunta a que talvez proviñese de *Manicĭānŭs ou similar, e menciona un texto do mosteiro de Xunqueira de Ambía do 1150 onde figura un Martinus Manici, onde Manici podería ser o patronímico en xenitivo dun hipotético Manicius (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados").
MALATA, A (microtopón. da Devesa)
MALATA, A (microtopón. de Arante)
MALATA, A (microtopón. de Couxela)
Terras pertencentes a un "malato" ou a unha persoa do lugar dos Malatos (Ove).
Ver "Malatos" para máis información.
MALATOS, OS (Ove)
Relativo a "malatos", persoa con enfermidades na pel, incluíndo a lepra.
Rocío Dourado indica que seguramente este topónimo veña referido á malataría de Ribadeo, fundada no s. XIV (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela,Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados").
MARELLE (Covelas -lugar de Marelle)
No Catastro de Ensenada para Vilaselán (1753) aparece atestado na descrición dos muíños da freguesía.

MANGAS, AS (microtopón. de Piñeira)
Derivado do latín manica 'manga', prenda de vestir. Metaforicamente, alude a unha faixa do terreo, peza alongada de prado ou de terra de labor, que sai do corpo máis central da paraxe e que se introduce noutro. Neste caso concreto, "As Mangas" tanto puideron aludir a zona alongada de prados ou de cultivos.
É un topónimo relativamente frecuente, atopamos p. ex. outro en Riobarba (O Vicedo).
MARELLE (Covelas -lugar de Marelle)
No Catastro de Ensenada para Vilaselán (1753) aparece atestado na descrición dos muíños da freguesía.
Topónimo que remite a unha *(uilla) Amarelli, forma en xenitivo do antropónimo latino Amarellus. J. M. Piel interpreta deste modo o topónimo portugués Amarelhe, así como o Amarelá (dunha *(uilla) amarellāna) existente en Viveiro (cf. J. M. Piel, 1948. "Nomes de “possessores” latino-cristiãos na toponímia asturogalego-portuguesa").
MAZO, O (microtopón. de Couxela)
Lugar no que houbo no río un "mazo" ou "batán", máquina composta de grandes mazos que xiran para pisar os tecidos e darlles maior consistencia.
MEIRENGOS (A Devesa)
Este topónimo aparece atestado no século XIII con formas como Meyringos, Meyrengos, Mairengos, Meirengos (cf. Tombo de Lourenzá).
Rocío Dourado apunta a posibilidade de se tratar dun xentilicio, referíndose a oriúndos de Meira (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela, ...").

Esta interpretación encaixaría con casos como "cervantengo" 'natural do conc. de Cervantes', que recolleu Eladio Rodríguez (cf. E. Rodríguez (1958-1961): "Diccionario enciclopédico gallego-castellano"). Porén, na toponimia galega, soamente aparece adicionalmente Mourengos (Vilasantar), amais do coñecido Labacengos (Moeche), este último atestado desde antigo (Lapatiancos no Parrochiale).
Nota: Poderíamos pensar nun carácter despectivo, como ocorre con pendengo, mullerengo, meixengo, fradengo, ou co topónimo "Vilarengo", nas Somozas; no entanto, o sufixo era puramente relacional e o carácter pexorativo parece que o tomou non tan cedo, como indica Mário Viaro, dependeu daquela máis da palabra á que cualificaba, non deste (cf. Mário E. Viaro, 2016. "Morfologia histórica").
Nota: Poderíamos pensar nun carácter despectivo, como ocorre con pendengo, mullerengo, meixengo, fradengo, ou co topónimo "Vilarengo", nas Somozas; no entanto, o sufixo era puramente relacional e o carácter pexorativo parece que o tomou non tan cedo, como indica Mário Viaro, dependeu daquela máis da palabra á que cualificaba, non deste (cf. Mário E. Viaro, 2016. "Morfologia histórica").
MINGUXA, A (microtopón. de Covelas)
Terras pertencentes a unha persoa chamada "Minguxo" ou "Minguxa", hipocorístico de Domingo/a.
MOA, A (microtopón. de Covelas)
Unha "moa" é unha pedra redonda, tanto a que se usa de pedra de muíño como a que se usa para afiar. Deriva do latín mola 'moa do muíño, muíño'.
Debe estar referido a un penedo de forma de moa, redondo, ainda que descoñecemos o lugar concreto. Por veces, o termo "moa" é tamén usado por extensión (sinécdoque) para designar o "muíño" (xa ocorría en latín). De feito, "A Moa" está situada nunha zona de prados.
MOLEDA, A (microtopón. da Devesa)
MOLEDA, A (microtopón. de Cedofeita)
MOLEDA, A (microtopón. de Piñeira)
MOLEDAS, AS (microtopón. da Devesa)
MOLEDAS, AS (microtopón. de Arante)
O termo "moledo" podería corresponder coa acepción para molletum rexistrada no latín medieval, co significado de "túmulo de terra, colina" (cf. Du Cange). Aínda que esta acepción non a atopemos nos dicionarios de galego, si se atopa nos dicionarios de portugués, xunto coa acepción relacionada de "monte, xeralmente cónico, formado por pequenas pedras" (cf. Priberam).
O significado da forma en femenino "moleda" sería similar.
Por outro lado, Figueroa Panisse recolle para "moledo" a acepción de "Termo vulgar que indica rocha fortemente alterada (solo residual) que ainda preserva a estrutura e textura da rocha intacta" (cf. A. Figueroa, 1988. "O problema da fixaçao da linguagem científica numa lingua em vias de normalizaçao: O caso do galego").
O uso tería sido a partir de "pedra moleda". A forma "pedra morta", con significado similar, é usada na Mariña tamén.
Finalmente, considerar adicionalmente que, dada a xenericidade do termo "moleda", tamén vén recollido no dicionarios como "terreo brando, húmido", o cal podería corresponderse con algúns destes topónimos.
É un topónimo relativamente frecuente, o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outras Moledas no concello de Foz.
MONDIGO, O (Covelas)
Topónimo probabemente derivado do monte do mesmo nome ("Pico do Mondigo"). De feito, no Catastro de Ensenada para Vilaselán (1753) aparece atestado

.. "Pena que se halla a las faldas del monte de Mondigo y nombran Pedron das liñeiras"...
Igualmente no da Devesa :
.. "por las faldas del dicho monte de Mondigo"..
Este topónimo figura atestado como Mondiso nun documento de 1002 (probable erro de transcrición).
A etimoloxía sería a mesma que a de topónimos similares como Mondego, a partir da raíz indoeuropea *men- ‘elevarse, dominar’ (IEW 726, 732), raíz da cal provén igualmente o latín mons, montis ‘monte’. O sufixo -igo é prerromano e podería pensarse no sufixo céltico -īko, presente en topónimos como Amarigo ou Nariga (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega", in Verba 51).
MONXILLUEIRA (microtopón. da Devesa)
Este topónimo de beiramar ten o significado transparente de "lugar onde abundan os mexillóns".
O termo "monxillón" é a forma local de se referir ao "mexillón" e figura recollido por Ríos Panisse en Rinlo (cf. M. do Carme Ríos, 1977. "Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces" in Verba anexo 7).

O MORGULLÓN (Piñeira)
Os topónimos O Morgallón, coas variantes O Morgollón, O Morgullón, Murgullón, Os Morgallós, son relativamente frecuentes na toponimia galega, en particular na área mindoniense (Ortegal e A Mariña).
Aínda que se teñen postulado outras hipóteses, en base ao estudo das situacións de todos eles e do léxico galego, portugués e asture-leonés, pensamos que remiten á presenza das herbáceas Ranunculus bulbosus ou Ranunculus repens, tendo un significado similar aos topónimos O Bugallón.
Ver para máis detalles o estudo (X. L. González, 2024. "O Morgallón e outros topónimos relacionados").
MORTORIOS, OS (microtopón. de Covelas)
O dicionario Estraviz recolle para mortorio a acepción de "terreo estéril ou en desuso", así como "ficar em mortório: diz-se de um terreno que ficou por semear". Esta alusión metafórica é a mesma que se dá no caso dos topónimos As Mortilleiras, desta freguesía, e Os Mortullos (Arante).
MORTILLEIRAS, AS (microtopón. de Covelas)
MORTULLEIRAS, AS (microtopón. de Ove)
MORTULLOS, OS (microtopón. de Arante)
No Catastro de Ensenada para Piñeira (1752) aparece atestado como divisoria da freguesía o "Marco que llaman mortulleiras".
No Catastro de Ensenada para A Devesa (1752) aparece atestado como divisoria da freguesía outro marco "que llaman das Martulleiras de Pudia" (sic).
Aínda que nos dicionarios "mortullo" apareza como sinónimo de "exequia", obviamente non ten moito encaixe para un topónimo.
Aludirá metaforicamente á falta de uso do terreo, tal como recolle o dicionario Estraviz para "mortorio". A falta de uso pode ser neste caso debida á mala calidade do terreo, e de aí a énfase pexorativa co sufixo -ullo.
A forma As Mortilleiras, por vez de Mortulleiras, pódese explicar doadamente polo influxo palatalizante do -ll-, tal como ocorre en filloa (<folloa). Trátase dun fenómeno común no galego, de palatalización da vogal átona pretónica fronte de consoante palatal (cf. P. Martínez "Toponomástica, documentación medieval y fenomenología lingüística: contribución para una gramática histórica de la lengua gallega").
MOSENDE (microtopón. da Devesa)
O termo "Mosende" deriva dunha *(uilla) Manosindi, forma en xenitivo de Manosindus, nome de orixe xermánica que remite ao antigo posesor ou fundador da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola, casal).
Ao non tratarse dun núcleo de poboación, polo menos actualmente, quédanos saber se neste lugar existiu a dita uilla altomedieval ou se este microtopónimo alude ao posesor do lugar.
MOURAL (Couxela, Cedofeita)
Derivado de mouro, co sufixo -al aludindo a un abundancial.
O dicionario de Aníbal Otero recolle "moural" co valor de "bestiego. Aplícase a la tierra de
aspecto negruzco y a sendas variedades de urce, carpanza y roble".
MURUXAL, O (microtopón. de Arante)
Terreos onde nace a "muruxa", ou "meruxa", unha herba de flores brancas, que se dá en sitios húmedos, moi común en Galicia. Tamén chamada "herba paxareira". Cf. DdD.
Este lugar aínda figuraba como núcleo de poboación, transcrito como "MURUJAL" no Dicionario de Madoz (cf. P. Madoz e L. Sagasti, 1848. "Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar").
NABAREGOS, OS (microtopón. da Devesa)
Topónimo que alude ao cultivo dos nabos, aludindo a un lugar onde se cultiva ou propicio para o seu cultivo.
O sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, aparece na toponimia por veces ligado ao cultivo dos cereais e doutras plantas, así atopamos tamén "Aviega" (avea), "Millarega" (millo miúdo), "Escanarega" (escanla), "Pallarega", ou "Pomarega".
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa"(cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
NAVIAOS, OS (microtopón. de Ove)
Xentilicio que remite aos antigos posesores do lugar, que serían oriúndos de Navia.
NEGUEIROA (microtopón. de Vilausende)
Derivado do latín nucariola 'nogueira pequena'. As variantes "negueira" e "nigueira" por "nogueira" están rexistradan na toponimia galega, como p. ex. o concello de Negueira de Muñiz (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Aludirá metaforicamente á falta de uso do terreo, tal como recolle o dicionario Estraviz para "mortorio". A falta de uso pode ser neste caso debida á mala calidade do terreo, e de aí a énfase pexorativa co sufixo -ullo.
A forma As Mortilleiras, por vez de Mortulleiras, pódese explicar doadamente polo influxo palatalizante do -ll-, tal como ocorre en filloa (<folloa). Trátase dun fenómeno común no galego, de palatalización da vogal átona pretónica fronte de consoante palatal (cf. P. Martínez "Toponomástica, documentación medieval y fenomenología lingüística: contribución para una gramática histórica de la lengua gallega").
MOSENDE (microtopón. da Devesa)
O termo "Mosende" deriva dunha *(uilla) Manosindi, forma en xenitivo de Manosindus, nome de orixe xermánica que remite ao antigo posesor ou fundador da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola, casal).
Ao non tratarse dun núcleo de poboación, polo menos actualmente, quédanos saber se neste lugar existiu a dita uilla altomedieval ou se este microtopónimo alude ao posesor do lugar.
MOURAL (Couxela, Cedofeita)
Derivado de mouro, co sufixo -al aludindo a un abundancial.
O dicionario de Aníbal Otero recolle "moural" co valor de "bestiego. Aplícase a la tierra de
aspecto negruzco y a sendas variedades de urce, carpanza y roble".
MURUXAL, O (microtopón. de Arante)
Terreos onde nace a "muruxa", ou "meruxa", unha herba de flores brancas, que se dá en sitios húmedos, moi común en Galicia. Tamén chamada "herba paxareira". Cf. DdD.
Este lugar aínda figuraba como núcleo de poboación, transcrito como "MURUJAL" no Dicionario de Madoz (cf. P. Madoz e L. Sagasti, 1848. "Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar").
NABAREGOS, OS (microtopón. da Devesa)
Topónimo que alude ao cultivo dos nabos, aludindo a un lugar onde se cultiva ou propicio para o seu cultivo.
O sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, aparece na toponimia por veces ligado ao cultivo dos cereais e doutras plantas, así atopamos tamén "Aviega" (avea), "Millarega" (millo miúdo), "Escanarega" (escanla), "Pallarega", ou "Pomarega".
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa"(cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
NAVIAOS, OS (microtopón. de Ove)
Xentilicio que remite aos antigos posesores do lugar, que serían oriúndos de Navia.
NEGUEIROA (microtopón. de Vilausende)
Derivado do latín nucariola 'nogueira pequena'. As variantes "negueira" e "nigueira" por "nogueira" están rexistradan na toponimia galega, como p. ex. o concello de Negueira de Muñiz (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
NOCEDA (A Devesa)
Abundancial de noz, lugar onde se dan as nogueiras. Derivado do latín nŭcēta.
NOVAL, O (microtopón. de Piñeira)
De "o (agro) noval", finca nova. O termo "anovar" significa "volver un monte ou bouza en labradío, convertir un lugar inculto en terra cultivable".
OLGA DO CARREIRO DOS CAIS, A (microtopón. de Piñeira)
En canto a "olga", aínda que na Mariña Occidental, de Viveiro a Foz, ten a acepción de "alga", do Eo ata Valdés ten a acepción de "en ciertas riberas y playas del mar, sitio de profundidad y abrigo que forma remanso, en el cual se depositan las algas marinas" (cf. DdD).
No caso deste topónimos, a interpretación é , xa que logo, a dun recuncho costeiro que fai remanso e se xuntan as algas. No caso da "Olga do Carreiro dos Cais", nome dun con, a mención dun "carreiro dos cais" semella metafórica aludindo á forma do penedo.
OLLEIROS, OS (Ove)
Un "ulleiro" ou "olleiro" remite a un "lugar no que aflora a auga", "manancial en sitio chan" (cf. DdD). Ao nacer nun sitio chan, por veces tamén é aplicada esta voz a unha poza, "pantano". É un derivado do substantivo ollo, na acepción metafórica de ‘nacente de auga’.
Destaca Rocío Dourado a abundancia de topónimos relacionados nos lugares costeiros deste concello, facendo alusión á auga do mar que entra en terra: Ollo Redondo, Ollo de Porto, Ollo de Estornín, Ollo Cheirón, etc.
OLVIDAL, O (microtopón. da Devesa)
O termo é unha deturpación de "erbedal". Un erbedal refire a un lugar onde abundan os érbedos, tamén chamados alvedros ou esvedros (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
É interesante notar que nesta zona tamén tivo/ten uso a forma "esvedro", de feito o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra un O Esvedreiro nesta mesma freguesía.
Tamén se rexistra A Olvideira (Viana do Bolo), Rego dos Olvideiros (Porto do Son), Rego do Olvideiro (Muros), así como Solvidros (Verea) e Suolvido (Vigo).
ORDIAS, AS (microtopón. de Couxela)
Este microtopónimo, que se rexistra tamén en Cariño, pode ter orixe no tema hidronímico antigoeuropeo *ord-, da raíz indoeuropea *er- 'fluír, moverse', que foi amplamente estudado por Edelmiro Bascuas, entre outros. Bascuas non menciona este microtopónimo concreto, pero estaría en relación con outros topónimos galegos como os varios "Ordes ", algún deles atestado como Ordines (1061) ou Hordines (1007). Cf. E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega".

Tería evoluído dun *Órdinas > Ordias, tal como ocorreu con Barcena > Barcia.
A presenza do artigo pode tratarse dun engadido posterior, como ocorre noutros topónimos galegos.
OUSAL, O (microtopón. de Cedofeita)
Abundancial de "ousa", que o dicionario define como "estruga" (Torpedo marmorata).
OUTARIGO, O (microtopón. de Covelas)
Topónimo que remite a un Autaricus, nome de orixe xermánica usado na Alta Idade Media, que correspondería co antigo o nome do antigo posesor do predio.
Aínda que non teñamos constatación, puido haber nestes predios unha uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval que pertencería a este posesor.
É un nome atestado en Galiza na Idade Media. O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra na Mariña un Outariz en Viveiro, que tería orixe na forma en xenitivo (uilla) Autarici, remitindo a un posesor do mesmo nome.
OUTÓN, O (microtopón. de Piñeira)
Aumentativo de "outo", forma antiga por "alto".
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra o mesmo topónimo noutras zonas da comarca, como en Cervo, no Vicedo, así como noutras comarcas, como en Carballo, Porto do Son, etc.
OVE (Ove)
Este topónimo, foi analizado por varios autores como Bascuas. Ten orixe nun tema da hidronimia prerromana antigo-europea, no mesmo tema que o río Eo e por tanto que o topónimo Ribadeo.
Ove figura ben atestado na documentación medieval, como Eouo (1002), sancto Iohanne de Eoue (1002), sanctus Iohannes Euue (1124), Oue (1343) e San Juan d-Obe (1488).
Bascuas interprétao como un composto *Oiw-upe, formado a partir dun tema *oiwo- (da raíz indoeuropea *ei- ‘corrente’), a mesma que en Eume. O segundo elemento dese composto é a forma atemática *-upe, do raíz hidronímica *up-, a mesma que en Pontoibo.
PAGÁ, A (microtopón. de Couxela)
PAGÁ DA SOPA, A (microtopón. de Couxela)
O dicionario define "pagá" como "castiñeiro novo, sen enxertar". Cf. DdD.
O castaño foi unha árbore moi importante antigamente. Ata o século XVIII o seu fruto constituíu un dos alimentos básicos indispensábeis, antes da introdución da pataca. Para que dese un bon fruto tiña que estar enxertado. No caso contrario, metafóricamente como as persoas que non estaban bautizadas, chamábaselle ‘pagás’.
Este topónimo atopámolo, de feito, en Xove, Foz, Ribadeo, A Pontenova, Riotorto, polo que podería ter, alternativamente, relación co lugar da Pagá.
En efecto, podería aludir ás terras pertencentes a unha persoa oriúnda do lugar da ermida de Santo Estevo da Pagá, en San Miguel de Reinante. Esta capela está rexistrada en 1128 como S. Stephanus de Pagadi (cf. E. Flórez, "España Sagrada, ..."Vol. 18).
O Proxecto Toponimia de Galicia de Galicia dános unha pista significativa ao rexistrar o nome de "O Pagaedo", na Pontenova. A terminación en -edo indícanos un abundancial, xeralmente de árbores. Por tanto, apunta claramente a que a interpretación referida de "castiñeiro novo". Tamén o topónimo "A Pagá da Sopa" sinala na mesma dirección (pagá que produce castañas para o caldo).
PAMPILLAIS, OS (microtopón. da Devesa)
Topónimo que alude a un lugar onde abunda a herba chamada "pampillo".
PARAMIOS, OS (microtopón. de Covelas)
A voz "paramio" recóllena os dicionarios como sinónimo de "paraño". Leandro Carré Alvarellos define "paraño" no seu dicionario galego como "lugar amparado, protexido" (cf. DdD). Podería significar "terra con certos "privilegios", tamén recollido así no cognado portugués paranho.
Outros significados, como "aparador" ou o tamén recollido en portugués de "pedra da parte superior da boca do forno, en forma de viseira" parecen máis improbables dada a cantidade de topónimos que aparecen nos concellos cercanos. Así e todo, podería estar relacionado con pedras asociadas a construcción megalítica antiga, de feito as furadas dos dolmens son chamadas na nosa toponimia "fornos" ou "fornos dos mouros".
PARDIÑAS (microtopón. da Devesa)
PARDIÑAS (microtopón. de Rinlo)
PARDIÑAS (microtopón. de Vilaframil)
O topónimo "Pardiña" deriva do latín parietina "casa en ruínas, paredes", e despois pasou a ter un significado de "devesa ou terreo acoutado".
De Petra Ficta ''pedra chantada', lugar onde posiblemente houbo un marco medieval de separación, ou talvez un menhir prehistórico.
A evolución pedra> para é común na toponimia galega, así temos tamén unha "Paraxuga". Temos igualmente no galego medieval o nome Pero < Pedro.
PARAXUGA, A (microtopón. de Covelas)
Aludindo á existencia dunha "pedra xuga", pola forma da pena. A evolución pedra> para é común na toponimia galega, así temos Petra ficta > Parafita (cf. Xosé L. Gonzalez, 2022. "O nome Pero na (micro) toponimia").
É un topónimo único en Galiza. Atopamos outra "Murias de Pedraxuga" en Oviedo, que tería a mesma orixe. A precedencia de "Murias" parece reforzar esta hipótese.
Con respecto a "xuga", recólleo Eladio Rodríguez como "Yugo de mayor longitud que el corriente" (cf. E. Rodríguez, 1958-1961. "Diccionario enciclopédico gallego-castellano").
Confirma Xulia Márquez que no veciño concello de Trabada é usada esta acepción, e menciona ademais o caso dunha "Pena Xuga" no dito concello, atestado no Tombo de Lourenzá no séc. X (cf. X. Marqués, "Toponimia de Trabada)

[...] et per iuga montis ad penna Cagidi, per iuga montis ad Portella / et per iuga montis super Couarcos [...] (TLourenzá, 1-2),
[...]ad mamulas Sancti Justi et per iuga montis usque Ibia [...] (1087 - TLourenzá, 19).
PALLAREGA, A (microtopón. da Devesa)
PALLAREGA, A (microtopón. de Covelas)
PALLAREGAS, AS (microtopón. de Ove)
O termo "pallarega" ten tres acepcións: "casa pequena cuberta con palla", "Palleiro", "Restrebas".
Tendo en conta a frecuencia na toponimia deste concello dos fitónimos en -ega (Aviega), cremos máis probable que a motivación destes topónimos sexa unha alusión ao cultivo do cereal, aludindo a un lugar onde se cultiva ou propicio para o seu cultivo.
O sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, aparece na toponimia por veces ligado ao cultivo dos cereais e doutras plantas, así atopamos tamén "Millarega" (millo miúdo), "Escanarega" (escanla), "Fabega", ou "Pomarega".
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa"(cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
Tampouco podemos rexeitar a acepción de "casa cuberta de palla", pois moitos topónimos "A Pallarega" e "As Pallaregas" refiren xeralmente a núcleos de poboación.
PALMEIRA, A (Ove)
Pode remitir á árbore do mesmo nome, aínda que semella probábel que aluda a unha "(casa) Palmeira", casa "do Palmeiro", construción frecuente na toponimia. De feito é un apelido frecuente na Mariña Oriental (cf. CAG), e é un apelido xa usado no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
Sen documentación antiga que o ateste ou desminta, podemos interpretalo no antigo sentido que rexistrara Viterbo para "palmeiro", de "peregrino ou estrangeiro" (cf. Viterbo, "Elucidário", 1798), e tamén Du Cange recollera para Palmarius, e explicaba que tomaron o nome de "palmeiros" por traeren unha rama de palma de Terra Santa (cf. Du Cange, 1883-87. "Glossarium mediae et infimae latinitatis"). Igualmente Eladio Rodríguez define "palmeiro" como “Peregrino de Tierra Santa, que traía palma, como los de Santiago llevaban conchas o veneras en señal de su romería”.
Atopamos Palmeira no concello de Viveiro e no de Ribeira (Co), así como a poboación "O Palmeiro" nas Pontes.
PANDOIRAS, AS (microtopón. de Piñeira)
O dicionario de recolle a voz "pandoira" co significado de "lugar chan no que agroma a agua formando un charco" (cf. DdD).
No topónimo que nos ocupa, trátase dunha zona de prados, polo que semella encaixar a acepción indicada.
PASADA, A (microtopón. de Arante)
PASADA, A (microtopón. da Devesa)
PASADA, A (microtopón. de Covelas)
PASADA, A (microtopón. de Ove)
O apelativo "pasada" indica un "lugar de paso do río, xeralmente a través de pedras colocadas como "pasos" formando unha liña" (poldras).
Esta acepción consérvase na toponimia de toda a zona: en Foz, en Mañón, en Viveiro, en Muras ("A Pasada do Río", "A Pasada do Portancho", "A Pasada do Cal do Medio", ..).
PEDRA CHANTADA (microtopón. de Covelas)
Este é un topónimo bastante frecuente, e podería indicar a presenza no lugar dun marco, ás veces prehistórico (menhir), outras veces un marco, medieval ou máis moderno, limitador de territorios (por exemplo de parroquias).
Coñecemos o exemplo da "Pedra Chantada" no Vicedo, onde existiu unha pedra chantada dun metro e medio de altura, co suficiente desgaste erosivo para ser prehistórica.
PEDRIDO (microtopón. de Arante)
Significado transparente: os termos "pedrido" e "pedragal" designan un "lugar onde abundan as pedras".
É un topónimo frecuente en toda Galiza. Nos concellos da Mariña Central tamén figura coa variante Pedride.
PEDRÓN, O (microtopón. de Cedofeita)
PEDRÓN, O (microtopón. de Covelas)
PEDRÓN DE BAIXO, O (microtopón. de Piñeira)
PEDRÓN DE RIBA, O (microtopón. de Piñeira)
Os dicionarios galegos inclúen "padrón" e "pedrón" como "Marco; poste de pedra alta e grosa que serve de indicador ou sinal" (cf. L . Carré, DdD).
Igual significado é recollido no portugués antigo:
"marco ou marcos de pedras altas que ainda hoje vemos nos antigos coutos" (cf. Viterbo, "Elucidário", 1798).
Para o apelativo "pedrón", Eladio Rodríguez indica que "llaman también así nuestros campesinos al menhir".
Aínda que puntualiza Filgueira Valverde en que“no siempre el topónimo indica un monumento prehistórico, puede tratarse de un miliario, de un hito liminar o sencillamente de una “piedra hita” natural” (cf. X. Filgueira Valverde e A. García Alén. , 1977. "Inventario de monumentos megalíticos. ..").
En calquera caso, aluden a unha pedra singular, marco, un menhir, un miliario. É análogo ao portugués pedrão ou padrão, para os que Machado (DEP) dá a seguinte atestación do século XIV: “acharom sobre uũ pedram letras escritas dentro da pedra”.
Estes topónimos foron tamén analizados por J. Moralejo coas mesmas conclusións (cf. J. Moralejo, 2007. "Callaica Nomina") con similares conclusións.
Por outro lado, o termo petronus está tamén rexistrado no latín tardío, e Du Cange dálle o significado de acervus lapidum 'morea de pedras' (cf. Du Cange. "Glossarium mediae et infimae latinitatis" aquí).
Finalmente, indicar que Corominas apunta a posibilidade de que algún deles remonte en realidade a un celtismo petronu, adxectivo formado sobre petru, que nas linguas celtas é o número "catro", en referencia a unha encrucillada ou xuntanza de catro camiños (cf. Corominas, DCECH, s.v. padrón).
PEDROUZOS (microtopón. de Couxela)
A voz "pedrouzo" designa unha "morea de pedras", e tamén un "penasco elevado", ou "cima penascosa". Cf. DdD.
O sufixo -ouzo dálle un matiz despectivo, o mesmo que ocorre no homólogo portugués pedrouço. Cf. Priberam.
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza e en particular na Mariña Central e Oriental; o Proxecto Toponimia de Galicia recólleo en Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo.
PEGA, A (microtopón. de Ove)
Este topónimo debe remitir ao sobrenome Pego dun antigo posesor destes terreos. É a construción adxectival-xenitiva de "A terra do Pego" > "A Pega", frecuente na microtoponimia galega.
Rosario Soto indica que este alcume xa está documentado no séc XIII:
".. Petro Gundisalvi, dicto Pego .." (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
Xa como apelido xa figura tamén atestado no séc XIII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
PELAMIO, O (microtopón. da Devesa)
PELAMIOS, OS (microtopón. de Covelas)
Refire a un lugar onde houbo curtidorías de peles, ou tamén referindo a posesores que foron curtidores de peles.
É un topónimo frecuente en Galiza, incluíndo as formas "Pelaimo" e "Palaimo".
PENA ESQUERDEIRA, A (microtopón. da Devesa)
Ver "A ESQUERDEIRA".
PENA MOSQUEIRA (microtopón. da Devesa)
Do latín muscaria, referiría á abundancia de insectos que fan "moscar" o gado. Así o dicionario de Carré Alvarellos define "mosqueiro" como 'lugar onde abundan as moscas' (cf. L. Carré, 1928-1931 - DDD). Tamén podería indicar o contrario; así xa fora do territorio galego atopamos nos dialectos navarro-aragoneses "mosquera" 'paraje con arboledo o matorrales altos donde sestea el ganado' (cf. J. A. Frago, "Toponimia navarro-aragonesa del Ebro (V)" in "Archivo de filologia aragonesa XXXVIII").
Alternativamente, talvez algún dos topónimos "mosqueira" poderían estar orixinados pola existencia de "mosqueira", unha clase de herba silvestre.
Atopamos outra "Pena Mosqueira" en Viveiro, así como Rego Mosqueiro noutros lugares, etc.
PEREIRA SENDIÑA, A (microtopón. de Cedofeita)
Este microtopónimo refire a unha pereira pertencente a Sendiño, hipocorístico, posiblemente de Gumersindo. Alternativamente, "Sendiña" pode indicar a pertenza a unha persoa oriúnda do lugar de Sendín (Couxela), análogo ao caso da Valadoura (Covelas), que remite á pertenza a unha persoa oriúnda do Valadouro.
PENA DO GATO, A (Arante)
Este topónimo debe aludir, máis que ao animal indicado, ao apelido ou alcume dun antigo propietario do lugar. De feito, o alcume Gato xa figura rexistrado como Catus no séc. XIII, ".. Martinus Iohannis cognominato Catus.." (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
Un "piago" ou "peago", do latín pelagus 'pozo', é unha poza profunda de auga, xeralmente nun río, o cal é o caso deste piago. O termo piago é recollido por J. M. Piel como "sítio fundo do mar ou de um rio" (cf. p. 323, J. Piel "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII).
No caso que nos ocupa, o adxectivo "negro" acrecentaría esta idea de profundidade, ou ben aludiría a se atopar rodeado de arboreda que dá sombra ao lugar.
No Catastro de Ensenada para Vilaselán (1753) aparece atestado como límite da freguesía:
.. "el puente que llaman de Area y de este ala Pasada de Piago negro adonde llega la marea de la olga de Reme y prosiguiendo hasta el aguillon y punta de la citada olga"...
PICHO, O (microtopón. de Ove, microtopón. de Cedofeita)
O apelativo "picho" indica " cal de uma fonte por onde sai o líquido" e tamén "Montículo de forma cónica." (cf. dic. Estraviz).
Tamén podería aludir ao alcume dun antigo posesor, en relación ao viño.
Tamén podería aludir ao alcume dun antigo posesor, en relación ao viño.
O apelativo "picha" indica "fonte pequena que deita auga" (cf. dic. Estraviz), e está relacionada con "picho", "pichoca", "pichel" e "picheira". Hai cerca de 400 topónimos rexistrados con estes termos.
Canto á súa etimoloxía, os vocábulos picho, picha, picheira deben provir dunha voz onomatopeica *picc- ou *bicc- ‘punta, pico’ pola forma bicuda e sobresaínte dos pichos.
PICÓN, O (microtopón. de Couxela)
PICÓN, O (microtopón. da Devesa)
PICÓN DA CORVEIRA, O (microtopón. da Devesa)
En canto ao Picón da Devesa, trátase dun con, e o Picón da Corveira, tamén na Devesa, dun illote. Nestes dous casos, a motivación sería por estaren rematadas nun gran pico, tal como ocorre tamén no Picón de Loiba (Ortigueira), e así o interpreta Cabeza Quiles para os "Picón" (cf. F. Cabeza, "Toponimia de Galicia").
No caso do Picón de Couxela, tratarase posiblemente dunha finca que remata por un lado nun ángulo, e por tanto percibida en forma de pico. Non debe refereirse ao apelido dun antigo propietario pois o apelido Picón non se dá na Mariña.
PIÑEIRO (Cedofeita -lugar de Piñeiro)
O nome deste núcleo de poboación deriva dun fitónimo, indicando a existencia da árbore deste nome que sirveu de referencia xeográfica.
Esta lugar podería corresponder co atestada como Pignario e Pinario no ano 1024:

PIÑEIRA (Piñeira)
Este topónimo remite a un lugar onde abundan (abundaron) os piñeiros.

Figura atestada nun documento en latín do ano 1124:
"sancta Eolalia de Deuesa sanctus Iohannes de Pinnaria sancta Maria de Uillaselani" (ITGM)
Aparece noutro documento dunhas décadas despois (1164)
.. sanctam Mariam de Uillaselam et sanctum Iohannem de Pineira cum omnibus suis integris ..
O nome deste núcleo de poboación deriva dun fitónimo, indicando a existencia da árbore deste nome que sirveu de referencia xeográfica.
Esta lugar podería corresponder co atestada como Pignario e Pinario no ano 1024:
hec sunt ecclesia sancti Petri de Pignario sancte Eolalia de Uiladosindi sancto Iacobo de Ables et alia uila in Pinario uilla de Castro alia uilla in Coiegella et alia in Asanza Ueiga de Tobulata et stat concampiata pro uilla de Monte Auto Ueiga de Ables.
Descoñecemos a existencia da igrexa ou capela de San Pedro que habería daquela nese lugar, se a posible mención nese documento fose correcta. Non cremos que o documento se refira a Piñeira, pois xa tiña a advocación a San Xoán, polo menos no 1124 (ver "Piñeira").
PIMPELO, O (microtopón. de Covelas)
PIPELO, O (microtopón. de Piñeira)
Os topónimos Pimpelo, Pipelo, así como pipela e pimpela, remiten a un canaliño polo que verte auga. De aí, por extensión, tamén aluden a unha fontaíña da que mana un fío de auga ou que pinga (cf. DdD).
PODRIQUEIRA, A (microtopón. de Ove)
Son frecuentes os topónimos resultado de adxectivacións relativas a podre" "en estado de descomposición" , tal como como esta Podriqueira en Ribdeo e outra n Pol, Podriqueiro en Castroverde e Mondoñedo, Podrizo en Coristanco, etc. Incluso un Rego dos Podres (Vimianzo).
Existen varios montes chamados Mompodre no Norte da Península, así como unha Fonte Podre en Taboada (Lu) outra en Oia (Po), e varias Lamapodre en Sarria, Paradela e no Saviñao (Lu), así como xa fóra de Galiza unha "Peña Podre" en Asturias. Alén destes,
A motivación para "podre" para un topónimo é incerto. Podería remitir á existencia de turbeiras, nas que o material vexetal descomposto dá unha idea de podredume. Tamén pode en xeral aludir a calveiras na vesetación, tal como ocorre cos topónimos Tiñoso ou Sarnoso.
Pascual Riesco indica, alén das anteriores, a posibilidade de se tratar de rochedos cheos de alvéolos e cavidades, frecuente en determinados sustratos xeolóxicos calcáreos (cf. P. Riesco, 2018. "Toponimia de la provincia de Zamora. Panorámica documental, descriptiva y comparativa").
PONTE DO VAO (microtopón. de Covelas)
PONTE DO VAO DE SA (microtopón. de Covelas)
No Catastro de Ensenada para Vilaselán (1753) aparece atestado como "Bao de Sá" na descrición dos muíños da freguesía.
Topónimos transparentes, remitindo a unha ponte que se construíu no lugar polo que previamente xa se cruzaba (vadeaba) o río sen necesidade de barca.
PORCILLÁN (Arante)
O nome deste núcleo de poboación costeiro remite a Portum Iuliani, coa forma en xenitivo de Iulianus, "porto (de mar) pertencente a Xiao".
En efecto, aparece atestado en latín como per "portum Iuliani" en 1183:

.. discurrit per illum uallatum antiquum usque ad portum Iuliani .. (CDMACM 24: 44)
No Catastro de Ensenada de Vilaseán (1752) aparece atestado como "Porzillan" ao establecer os límites da freguesía.
PORTOBRAGÁN (Arante)
Probablemente de Portu Africani, aludindo ao antropónimo Africanus, nome do posesor do porto (paso de río ou montaña).
De feito, atopamos Abragán nos concellos de Ribeira, no Corgo e na Estrada.

Indica Rocío Dourado que en Pereiro de Aguiar documéntase un topónimo Abregón, e que J. M. Piel (1948: 24) identifica en Portugal outros topónimos da mesma orixe, como Abregão, Abregã e Abragão.
POSTA DA VOLTA, A (microtopón. de Piñeira)
POUSADOIRO, O (Covelas)
Topónimo frecuente en Galiza, designa o lugar que quedaba á fin ou remate dunha subida, onde naturalmente o camiñante descarga e pousa o seu peso e carga. Esta definición xa vén recollida no portugués antigo (cf. s.v. "pousadouro", in Viterbo, "Elucidário", 1798).
Así mesmo, designa o poio ou similar onde se acostumaba pousar a carga transportada ás costas.
Talvez nalgún destes topónimos, frecuentes en Galiza, encaixe a interpretación de Ferreira Priegue (1988: 32-33), ao indicar que “al pie de los cruceros, y en previsión de estas estaciones estaba el pousadoiro, especie de banco o mesa donde se depositaba la caja o andas con el cuerpo del difunto mientras se hacía un alto y se le rezaba un responso”.
POUSAFOLES (microtopón. de Ove)
POSTA ALTA, A (microtopón. de Piñeira)
POSTA DA HEDRA, A (microtopón. de Piñeira)POSTA DA VOLTA, A (microtopón. de Piñeira)
Estes tres topónimos, dous entrantes costeiros e unha furna mariña, deben aludir á acepción de posta pesqueira, "Lugar no mar assinalado previamente para lançar as redes de pesca" (cf. dicionario Estraviz). Aínda que poderían encaixar outras acepcións, esta é a máis probábel tendo en conta que a maioría dos topónimos Posta quedan na costa, tales como "A Postiña" (Cariño) e "A Posta Longa" (Cervo).
O CERCADO DE POUSADA (microtopón. de Cedofeita)
PONTE DE POUSADA (microtopón. de Cedofeita)
Os topónimos Pousada, probabelmente elipse de uilla pausata, parecen remitir no latín a construcións dunha menor dimensión que unha vivenda permanente, talvez habitacións temporais de labradores ou pastores, próxima á explotación agraria. A partir desa acepción desenvolveríase a actual de ‘hospedaxe de características modestas onde habitualmente se aloxa xente que vai de paso’ (cf. DRAG), mais a que motivou os topónimos foi xeralmente a primeira (cf. A. Boullón, 2021. "Panorama da toponimia galega (a través dos seus nomes máis frecuentes)". In Estudos Linguísticos e Literários 71).
Canto á etimoloxía, trátase do participio de pausare 'deterse', 'descansar' (cf. p. 301 de M. Pilar Álvarez, 1994. "Diplomática asturleonesa. Terminología toponímica").
POUSADOIRO, O (Covelas)
Topónimo frecuente en Galiza, designa o lugar que quedaba á fin ou remate dunha subida, onde naturalmente o camiñante descarga e pousa o seu peso e carga. Esta definición xa vén recollida no portugués antigo (cf. s.v. "pousadouro", in Viterbo, "Elucidário", 1798).
Así mesmo, designa o poio ou similar onde se acostumaba pousar a carga transportada ás costas.
Talvez nalgún destes topónimos, frecuentes en Galiza, encaixe a interpretación de Ferreira Priegue (1988: 32-33), ao indicar que “al pie de los cruceros, y en previsión de estas estaciones estaba el pousadoiro, especie de banco o mesa donde se depositaba la caja o andas con el cuerpo del difunto mientras se hacía un alto y se le rezaba un responso”.
POUSAFOLES (microtopón. de Ove)
O dicionarios de galego asignan ao nome "pousafoles" a acepción de "pousadoiro" (tamén á pedra situada aos lados da porta dun muíño). Aludiría a un lugar propicio para descansaren, no remate dunha costa ou nunha fonte, os que cargaban os foles (odres, pelellos) usados para carretar viño, fariña, cereais, en particular para carretar a fariña do muíño.
Tamén no astur-leonés existe o cognado posafuelles ‘posa, sitiu onde se fai una parada nun camín’ ‘casa onde suel parar muncha xente’(cf. "Revista de Filoloxía Asturiana, vol. 11/12").
Alternativamente, podería nalgúns casos aludir ao alcume dun antigo posesor dos terreos, xa que o termo "pousafoles" ten unha segunda acepción como alcume, referindo ao "presto en pousar a carga", en xeral a "persoa lenta e preguiceira". Igualmente no portugués antigo, "pessoa muito vagarosa ou indolente, que descansa ao menor trabalho".
Dada a relativa frecuencia de "Pousafoles" na toponimia, semella máis probable a primeira hipótese de "pousadoiro, lugar de descanso ao final dunha costa".
Son topónimos de certa frecuencia en Galiza, con equivalentes en Portugal e no noroeste da Península.
Xa figuran atestados no séc. XII:
[...] per Aluarellam inter sanctam Eulaliam et Galegos, per pausa Foles inter riuum et Armeam, et per mamonas de Lama [...] (cf. Tombo de Samos, CODOLGA)
[...] et inde ad lacunam de Latronibus et inde ad Pausa Folles et inde ad Barradelum et inde ad fogium Lobalem et [...] (cf. Tombo Catedral de Santiago, CODOLGA)
[...] et ad portellam de Villa Cova et inde ad Pousa Foles et ad portellam de Bezerros et inde ad terminum de [...] (cf. Braga, CODOLGA)
PRADO DE AENLLE, O (microtopón. de Cedofeita)
Prado que pertenceu a unha persoa de apelido "Aenlle". Ver "AENLLE" para máis detalles.
PRADO DE GASALLA, O (microtopón. de Cedofeita)
O termo "Gasalla" neste contexto alude ao apelido dun antigo posesor do prado. Dos datos da CAG, deducimos que este apelido debeu ter a orixe no veciño concello de Trabada.
O termo "gasalla" ten orixe xermánica, pasando ao lat. medieval, remite a un "camarada, compañeiro de sala". As "sala" xermánicas son a orixe dos topónimos Sa, Saa, así como en compostos de tipo Saavedra, remiten a unha "casa solarega", ou a un "edificio principal cunha única sala".
Os dicionarios recollen para "arnela" a acepción de "praia en costa aberta, que se mete entre dous montes, e na que xeralmente desauga un río ou regato" (cf. DdD).
Xeralmente atribúese a orixe etimolóxica de "arnela" do latín *arenella 'praia pequena', o cal encaixa co significado de praia citado. Hai casos moi claros, tal como a praia de Arnela (Viveiro) que está xusto despois da praia de Area, moito máis longa e ampla.
PREIXOANA, A (A Devesa)
Seguindo a Rocío Dourado, trataríase dunha evolución a partir dun *A Pereira Xoana, "onde por posición proclítica, se perde a última sílaba (A Perei’Xoana) para finalmente sincoparse a vogal pretónica". Menciona outros exemplos similares, como Fontexoana, no concello de Cervantes (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados").
PUMAREGA, A (microtopón. da Couxela)
PUMAREGA, A (microtopón. de Covelas)
PUMAREGA, A (microtopón. de Vilausende)
PUMAREGAS, AS (microtopón. da Devesa)
Unha "pumarega" e un "pumar" son sinónimos, co significado de "finca plantada de froitas, maiormente maciñeiras (maceiras)".
O sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, aparece na toponimia por veces ligado por veces ao cultivo dos cereais e doutras plantas, así atopamos tamén "Aviega" (avea), "Millarega" (millo miúdo), "Escanarega" (escanla), "Pallarega".
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa"(cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega"). De feito, "Pumarega" atopámolo na Mariña de Viveiro ata Ribadeo.
QUEIXOIRO (Cedofeita)
Este topónimo, igual que os relacionados Requeixo, Queixeiro, Queixada, Queixa, son derivados do latín vulgar *capsĕŭm ‘da forma de caixa’.
A motivación para o topónimo sería, por tanto, metafórica aludindo un lugar cun relevo de características análogas do "queixo" humano. Ou sexa, cunha parte chá rematando nunha pendente pronunciada.
Etimoloxicamente, Edelmiro Bascuas interprétao doutro modo, e relaciona Requeixo co hidrónimo *rek-, tema que explica o termo rego e derivados (cf. E. Bascuas, 2000. "Rego y requeixo. Una pervivencia hispana de la raíz ind. er- ‘moverse", in Verba 27).
Atopamos este topónimo tamén no concello da Fonsagrada e no de Trabada.
RANGALLEIRA, A (microtopón de Ove)
Elixio Rivas recolle o termo "rangalleira" como " Destrozo de cosas tiradas por el suelo, reguero de cosas, destrozo de comida", e relaciónao con ringuilleira, ringuileira, ringla (hilera). (cf E. Rivas (1978): "Frampas, contribución al diccionario gallego").
Podemos interpretalo dese modo, como remitindo a certo desorde que quedou na finca, ou materiais depositados.
Por outro lado, Aníbal Otero recolle a expresión "andar á rangalleira" como "Vestido de cualquier forma" (cf. A. Otero (1977): "Vocabulario de San Jorge de Piquín"). Asumindo que esta voz chegase a esta zona, podemos pensar que aluda aoalcumen dunha antiga propietaria ou propietario.
REBELADA, A (microtopón da Devesa)
Podería tratarse dun alcume dun posesor ou dun feito anecdótico, pero intuímos que talvez sexa unha reinterpretación dun topónimo "Rebolada". Ver "REBOLADA" para máis detalles.
REBOLADA, A (microtopón de Arante)
REBOLADA, A (microtopón de Vilausende)
Aínda que o dicionarios de galego rexistran "rebolada" como "golpe de rebolo", "acción de rebolar", no caso destes topónimos o significado sería o de "bosque de carballos", "arboreda". O portugués actual conserva para "rebolada" este significado de "grupo de árbores" (cf. Priberam).
A orixe destes topónimos está directamente relacionada co latín vulgar roboria 'carballo'.
REBOREDO DE BAIXO (A Devesa)
REBOREDO DE RIBA (A Devesa)
Este apelativo é un sinónimo de “carballedo” ou “carballeira”, soamente que neste caso a orixe é no latín robur 'carballo', co sufixo abundancial –edo (do latín -etum), en canto “carballedo” vén de voz prerromana, xunto co mesmo sufixo abundancial.
RECANTO DA OLGA, O (microtopón. de Piñeira)
Para "recanto" os dicionarios remiten a "recuncho, lugar apartado".
En canto a "olga", pola Mariña Occidental, de Viveiro a Foz, ten a acepción de "alga", mentres que do Eo ata Valdés ten a acepción de "en ciertas riberas y playas del mar, sitio de profundidad y abrigo que forma remanso, en el cual se depositan las algas marinas" (cf. DdD).
A interpretación do topónimo, en calquer caso é a mesma, a dun recuncho da costa que fai remanso e se xuntan as algas.
RECHAVE, A (microtopón. de Covelas)
Probabelmente se trate dunha alusión a unha "chave", coa partícula re- engadindo intensidade.
Unha "chave" na toponimia alude á forma do terreo en "L", de feito este é o termo para caracterizar, por analoxía, esta clase de terreos.
Analogamente en portugués "chave" denominaba un "recanto ou cotobelo que uma belga ou um terreno faz para algum dos lados" (cf. Elucidário).
RECONCO, O (microtopón. de Arante)
Este lugar aparece no Catastro de Ensenada para Arante (1752) ao referir a situación dun muíño:
.."otro al de reconco"..
En canto ao significado, a voz "reconco" designa un "meandro" dun río (cf. DdD).
REGO DA ROMIÑA (microtopón. da Devesa)
Podería remitir ao apelido ou alcume Romiña dunha antiga posesora do lugar.
Xa figura atestado como apelido en 1309 en Lugo:
[...] in civitate lucensis in vico de Burgo Novo, in qua modo moratur Marina Romina, et iacet inter domun Pelagii Roderici [...] (cf. CODOLGA).
Alternativamente, pode aludir ao apelido Romeo dunha antiga posesora do lugar. Ver ROMEU para máis detalles.
O Nomenclator recolle outro Romiña en Celeiro de Mariñaos (Barreiros), que figura atestado como Rumiña no Catastro de Ensenada (1753) ao detallar os límites da freguesia.
O Proxecto Toponimia de Galicia recolle os microtopónimos A Romiña (Muros, ACo) e As Romiñas (Ramirás, Ou).
REGO DE MEL (Arante -lugar de Remourelle)
Debe aludir a un posesor de nome Merius, a partir dunha *(uīlla) Merīī. Sería a mesma orixe que postula García Arias (2000: 278) para Villamir.
Martínez Lema identifica Soutomel (A Bola) como o atestado salto Meri (P. Martínez, 2010. "Toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do Tombo de Toxos Outos (s. XII-XIV)").
Rocío Dourado indica a outra posíbel explicación en *(uīllāre) Gemellī, referindo ao nome de posesor Gemellus, xa identificado por J. Piel (cf. J. M. Piel , 1984. “Novissimas achegas à história da tradição antrotoponomástica mais antiga latina no Noroeste galaico” in Verba 11).
REGO DO GRUÑIDO (microtopón de Arante)
O mesmo que "abruñido", lugar onde abundan os "abruños".
As variantes con g- para o nome desta árbore, existen desde antigo, como "gruñeiro", xa recollida por Sarmiento en Ourense. En efecto, aínda que "gruñido" non é recollido explicitamente nos dicionarios de galego, si figura recollido "gruñedo" co significado de "abruñedo"(cf. DDD E. Rodríguez. "Diccionario enciclopédico gallego-castellano").
Atopamos neste concelloo tamén a forma "Os Sagruñeiros", que alude á mesma planta (ver SAGRUÑEIROS).
Existe un "Agruñido" en Galdo, e outro en Mañón, asemade, múltiplos "Agruñedo", "Abruñido", "Abruñedo" noutros lugares da Galiza.
REGO DOS NAVALLOS (microtopón de Arante)
Topónimo frecuente en Galiza, así na Mariña e no Ortegal, o Nomenclator rexistra tamén "O Navallo" en Ortigueira, Mañón, O Valadouro e Os Navallos no Vicedo e Barreiros.
Este apelativo aínda fica vivo en portugués, na zona de Trás-os-Montes, onde "navalho" é o "mesmo que navalhão; pedaço de terreno húmido entre as searas que se não cultiva para que dê erva" (cf. Terrasquentes www.terrasquentes.pt)
Formacións da mesma orixe atopamos no portugués navalhão, o salmantino navazo 'valle pantanoso' e mais no aragonés navajo "balsa para el ganado". Da mesma raíz, ademais da indicada Nava, temos Navia (co cognado portugués Neiva) e Navaza. En resumo, Os Navallos deben remitir a lugar no que, pola súa orografía, quedaban encharcados con facilidade.
A etimoloxía é controversa, tal como comentamos de seguido.
Tradicionalmente interprétase como derivado da voz prerromana "nava" 'val, chaeira rodeada de montes', 'lugar pantanoso', xunto co sufixo diminutivo do lat. -culos, sufixo presente noutras formas de orixe prerromana, como "Os Covallos", que deriva de "cova".
Por outro lado, outros autores sinalan a inexistencia na toponimia da forma "Nava", así como que para algúns dos topónimos Navallos, están atestadas formas antigas Lavallos, que apuntarían á orixe nun étimo con L-. Así, por exemplo: [...] se vadit ad cimam de Teyxoneyras et per portum de Laualo et [...] (cf. CODOLGA).
Por tanto, podería tratarse dun derivado da raíz hidronímica indoeuropea *lou- 'lavar', da cal provén igualmente a nosa voz lavar, do latín lavare 'lavar'.
En soporte desta interpretación, está atestada esta vacilación N-/L- na toponimia, así Novexilde < Lovegildi < Leovegildi, Lebozán < Nebozan < Nepotiani (cf. CODOLGA), igual ca no sentido oposto, e.g. Landoi < Nandoi (cf. CODOLGA). Esta vacilación explícase por disimilación de consoantes laterais (-l-,-ll-) ou nasais (-n-,-m-).
É de notar que, independentemente da etimoloxía, o que segue sendo bastante clara é a motivación, de remitiren a lugares que, pola súa orografía, quedaban encharcados con facilidade.
REME DE ARRIBA (Covelas)
Este topónimo figura atestado como Raeme (1286, 1287, 1297) e Reeme (1297, 1373).
No Catastro de Ensenada de Ove (1752) aparece atestado o "Seijón de Reme", o "Lugar de Reme" e mais o "Aguillon de Reme" ao establecer os límites da freguesía. No correspondente para Covelas (1753) aparece ademais "la olga que llaman de Reme adonde llega la marea".
Canto á orixe to topónimo, o Nomenclator rexistra tamén unha Vilarreme no concello do Saviñao que, como indica Rocío Dourado, apunta para unha orixe nunha forma en xenitivo dun antigo nome persoal de posesor dunha antiga uilla (casal, granxa). Indica tamén que non encaixaría a explicación de Nicandro Ares a partir do cognome latino Remus pois as formas atestadas indican a queda dunha consoante intermedia.
REMOURELLE (Arante -lugar de Remourelle)
Derivado de *Rivu Maurelli ou *Rivu Maurillii, seguindo a Edelmiro Bascuas, que indica que está atestado como Rio Maurilii ou Riu Maurelli, xenitivo en latín de Maurellus ou Maurilius (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega", in Verba 51).
REQUEIXO, O (microtopón de Vilausende)
REQUENO, O (microtopón de Ove)
Este topónimo remitirá ao alcume dun antigo posesor do predio. O dicionario define "requeno" como "persoa curta, ben de corpo pequeno ou ben de curto á hora de dar (agarrado)", (cf. Estraviz).
REQUIANDE (Cedofeita)
Este lugar está atestado no Catastro de Ensenada para Cedofeita (1753)

O dicionario define "requeixo" como "baixada dun monte en declive para un vale" (cf. DdD) ou tamén lugar apartado, nun recanto. Rivas Quintas especifica que é a zona 'parte inferior do monte, ao pé do vale' (cf. E. Rivas, 2007. "Natureza, Toponimia e fala").
Estes topónimos, frecuentes na toponimia galega e moitos xa atestados na Idade Media, aluden polo xeral a recunchos ou recantos no terreo, por veces xerados por ángulos do río e outras veces remitindo a pregas e entalladuras montañosas. En efecto, neste caso trátase da segunda acepción de "lugar nun recanto", xa que se trata dun lugar relativamente chan situado nun triángulo entre montes relativamante altos.
No galego das Médulas (León) aínda se conserva viva esta voz, co significado de ‘Terreo resgardado; quebra do terreo; vagoada pendente e resgardada’ (cf. F. Bello, "Lexico, literatura y tradición oral en el entorno de las Médulas").
Segundo E. Bascuas (cf. VERBA, 2000), viría da forma prerromana *rek-, presente en palabras como "rego" (con "e" aberto), e do sufixo -asio, presente en topónimos como "Arteixo".
REQUENO, O (microtopón de Ove)
Este topónimo remitirá ao alcume dun antigo posesor do predio. O dicionario define "requeno" como "persoa curta, ben de corpo pequeno ou ben de curto á hora de dar (agarrado)", (cf. Estraviz).
REQUIANDE (Cedofeita)
Este lugar está atestado no Catastro de Ensenada para Cedofeita (1753)
.."marco que llaman da Foxola vuelve jirando acia el N. a otro que se nombra de Requiande"...
Tamén no de Vilaselán (1753) aparece atestada, nos límites con Cedofeita, a "pasada de Requiande".
O topónimo deriva de (uilla) Reccinandi, forma en xenitivo dun nome persoal *Reccinandŭs, nome de orixe xermánica. Esta foi a interpretación dada por Piel para a orixe deste topónimo (cf. J. M. Piel, 1976. "Hispano-gotisches Namenbuch").
Rocío Durado menciona, de todos os xeitos, a posible alternativa, tamén antroponímica, a partir da variante feminina Rekenanda documéntase nun texto catalán do ano 927.
REVERTE (microtopón de Piñeira)
Derivado dun (uīlla) Raniverti, forma en xenitivo de Ranivertus, nome do antigo posesor da uilla (casal, granxa). É un nome de oixe xermánica, así está atestado en Galiza o femenino Raniverta (e.g cf. Tombo Celanova, ano 995).
O Nomenclator de Galiza rexistra tamén un Reiberte en Viveiro.
RIBADEO (Ribadeo)
Provén de Ripa de Euue 'beira do río Eo'.
Este topónimo foi estudado por Edelmiro Bascuas, como parte da análese filolóxica do hidrónimo "Eo". Bascuas indica os distintos atestamentos que aparecen:
In Riba de Euue 969, in ripa de Euue 1125, ripa de Euue 1127, concilio de Ripa de Euo 1177, ad ripam de Euue 1192, Alcaldes in Ripa d'Euue 1239, etc (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega", in Verba 51).
En canto á orixe do hidrónimo "Eo", ver a entrada para "RÍO EO".
RINLO (Rinlo)
Este topónimo foi estudado por Bascuas, dentro da serie Rielo, Rilo e Rinlo, diminutivos de río. En efecto, as atestacións medievais indicarían que Rilo e Rilo derivan do diminutivo latino *Riuillus, variante de *Riuellus > Rielo, a partir do máis frecuente medieval riuulus (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega", in Verba 51).
Para este Rinlo, indica Bascuas que figura como Rilo no mapa de Ojea (c. 1600) e no de Tomás López (1784), "e incluso he oído a personas mayores que la pronunciación local en su niñez era Rilo".

No Catastro de Ensenada para Piñeira (1752) xa aparece como Rinlo.
Río EO
Este hidrónimo foi amplamente estudado por Edelmiro Bascuas, que recolle os distintos atestamentos que aparecen: "Inter Iube et Masoma (775 ?), inter Euve et Masma 935, inter Euue et Masma 1078, etc.
Río CABALAR (microtopón da Devesa)
Este topónimo dá nome a un pequeno regato que desemboca nunha zona de coídos.
O adxectivo "Cabalar" por veces remite a unha "(pedra) cabalar" ou cabaleira, unha pedra que monta sobre doutra (cf. E. Rivas, 1989. "Lingua galega, historia e fenomenoloxía"). Xa aparecen atestadas desde antigo:
- ano 572: " ...Portelam de Angares veniens ad Petram Cavalar .."
- ano 1169 : " ... ad illam magnam petram nativam que est juxta portum cavalar .."
Tamén na toponimia actual, nagúns casos semella aludir a unha"pena". Así, nas Somozas o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra "A Leira das Cabalares", e en Pobra de Trives "A Cabalar", ambos en femenino, polo que encaixaría que o nome destes topónimos elíptico foi "pedra" ou "pena". En Vigo (Pontevedra) atopamos un "A Cabalaria" e ao pé del "A Pedra Cabalaria", onde se conservou o suxeito, así como a forma culta.
Alternativamente, por veces pode tratarse dun zootopónimo, remitindo á presenza de cabalos, talvez selvaxes, mais no caso que nos ocupa semella plausíbel a interpretación de pedra cabalar, aínda que non o verificásemos no lugar.
Este hidrónimo foi amplamente estudado por Edelmiro Bascuas, que recolle os distintos atestamentos que aparecen: "Inter Iube et Masoma (775 ?), inter Euve et Masma 935, inter Euue et Masma 1078, etc.
Bascuas interprétao como un composto *Oiw-upe, formado a partir dun tema *oiwo- (da raíz indoeuropea *ei- ‘corrente’), a mesma que en Eume. O segundo elemento dese composto é a forma atemática *-upe, do raíz hidronímica *up-, a mesma que en Pontoibo (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega", in Verba 51).
ROCHELA, A (A Devesa)
Forma en diminutivo mediante o sufixo -elo (< latín -ĕllŭs) do substantivo rocha ‘pedra, penedo’.
Os topónimos Rocha e derivados son moi frecuentes na toponimia galega.

ROXO, O (microtopón. de Covelas)
ROZAS, AS (microtopón. de Ove)
ROZAS VELLAS, AS (microtopón. da Devesa)
Estes topónimos remiten a sitios de monte onde se facían actividades de "roza": facían borralladas ao queimaren os toxos e outros arbustos, que servían de abono para logo plantar o cereal, maiormente centeo (o "centeo de monte").
Di Risco:
Probablemente remita ao alcume ou apelido dun antigo posesor, de feito este apelido xa está atestado no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
Temos tamén, "A CORTIÑA DO ROXO", tanto en Covelas como en Vilaselán, confirmando a alusión a apelido de posesor.
ROZAS, AS (microtopón. de Ove)
ROZAS VELLAS, AS (microtopón. da Devesa)
Estes topónimos remiten a sitios de monte onde se facían actividades de "roza": facían borralladas ao queimaren os toxos e outros arbustos, que servían de abono para logo plantar o cereal, maiormente centeo (o "centeo de monte").
Di Risco:
"Nas terras de montaña, vese ao lonxe polo vrau arder o monte en moitos lados, dando de día un basto fume azul que vai empardecendo conforme sube, e véndose de noite as luces e o resprandor das flamas baixas, coma se estiveran acendendo braseiros eiquí e acolá. Ollando ao lonxe, as máis das veces é o fume o único que se move na calma azul da largancía". (cf. Vicente Risco, "Terra de Melide").
SA (Covelas)
O topónimo "Sa", moi abundante en Galiza e no Norte de Portugal, e amplamente documentado, tamén coa grafía "Saa", posiblemente deriva do xermánico *sala. Así, para J. M. Piel, "sala" tería un significado similar a "casa de campo, casarío, quinta", unha explotación agraria, que incluía a residencia señorial.
Segundo D. Kremer, tería "un significado primario de "casa de liñaxe nobre ou antiga", significado próximo ao latín uilla ou palatium, aos que substituíu” (cf. pp. 133-148 de D. Kremer, "El elemento germánico y su influencia en la historia lingüística peninsular", en "Historia de la lengua española". 2004. Barcelona).
Por outro lado, Roberts e Pastor derívano dunha base preindoeuropea *sel- 'estancia humana', raíz da que derivan termos como o búlgaro antigo selo ‘aldea’, selitva ‘vivenda’, e que orixinaría nas linguas xermánicas *sal- 'habitación, cuarto' (cf. Roberts, E. A. e Bárbara Pastor "Diccionario etimológico indoeuropeo de la lengua española". 1996. Madrid).
SALCEDO (Covelas)
Forma abundancial, do latín tardío salicetu, referindo a un lugar onde abundan os salgueiros. Remítenos, xa que logo, á vexetación existente cando se fundou este lugar. É un topónimo relativamente frecuente, así, por exemplo, atopamos Sacido en Covas (Viveiro) e no Vicedo.
SALDOIRA DE DENTRO, A (microtopón. de Rinlo)
SALDOIRA DE FÓRA, A (microtopón. de Rinlo)
Estes dous topónimos trátase duns illotes en Rinlo.
Os topónimos "Saldoiro" e "Saldoira", relativamente frecuentes en Galiza e Portugal, son de orixe prerromana, tal como se indica de seguido.
A priori, poderíamos pensar nunha pronuncia de "saladoiro", no sentido de "salgadoiro" "pía, baño para salgar". No entanto, semella difícil ese paso de salgadoiro>saldoiro, máxime se temos en conta a relativa frecuencia deste topónimo: "río Saldoiro", "Saldoiro" (Narahío), "A Saldoira" (punta costeira) en Ribadeo, "Poza de Saldoiro" na Laracha, "Fonte de Saldoiro" en San Sadurniño, "O Saldoiro" na Pastoriza, "Pena Saldoira" na Pontenova.
Tendo en conta que a maioría deles corresponden con hidrónimos, Bascuas derivaos como formacións con sufixo romance a partir do tema hidronímico *sald-, da raíz indoeuropea *sal- 'auga axitada, sal, suxo' (cf. p. 223 de E. Bascuas, 2014. "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega").
Coa mesma raíz hidronímica están os topónimos galegos Saldante (A Laracha), Saldunxe (A Pastoriza), e fóra de Galiza o topónimo Salduero, da mesma orixe que Saldoiro, e tamén temos as varias Saldanha e Saldaña, así como a Saldavia de Plinio o Vello.
SANGOÑEDO, O ( (microtopón de Couxela)
Lugar onde abundan os sanguiños (planta). É un topónimo relativamente frecuente na comarca.
SAGROÑEDOS, OS (microtopón de Piñeira)
Posiblemente estamos perante unha reinterpretación dun "Os Agruñedos", onde "agruñedo", o mesmo que "abruñido", remite a un lugar onde abundan os "abruños".
As variantes con g- para o nome desta árbore, existen desde antigo, como "gruñeiro", xa recollida por Sarmiento en Ourense. En efecto, aínda que "gruñido" non é recollido explicitamente nos dicionarios de galego, si figura recollido "gruñedo" co significado de "abruñedo"(cf. DDD E. Rodríguez. "Diccionario enciclopédico gallego-castellano").
Atopamos neste concello tamén a forma "(Rego do) Gruñido", que alude á mesma planta.
Existe un "Agruñido" en Galdo, e outro en Mañón, asemade, múltiplos "Agruñedo", "Abruñido", "Abruñedo" noutros lugares da Galiza.
Alternativamente, non é totalmente descartable que se tratase dunha deturpación de "Os Sangoñedos", aínda que semella máis improbable.
SAN ROXEL (microtopón. da Devesa)
Santo único na haxiotoponimia galega. Se realmente se trata dunha referencia a un santo, correspondería co nome Roger / Rogier de orixe francesa provenzal ou catalán que recolle Boullón na Antroponimia medieval galega (cf. A. I Boullón, "A estrutura do Dicionario dos apelidos galegos").
Na toponimia galega, amais deste Roxel, atopamos "As Roxelas" en Coirós (A Co).
Coa mesma raíz hidronímica están os topónimos galegos Saldante (A Laracha), Saldunxe (A Pastoriza), e fóra de Galiza o topónimo Salduero, da mesma orixe que Saldoiro, e tamén temos as varias Saldanha e Saldaña, así como a Saldavia de Plinio o Vello.
SANGOÑEDO, O ( (microtopón de Couxela)
Lugar onde abundan os sanguiños (planta). É un topónimo relativamente frecuente na comarca.
SAGROÑEDOS, OS (microtopón de Piñeira)
Posiblemente estamos perante unha reinterpretación dun "Os Agruñedos", onde "agruñedo", o mesmo que "abruñido", remite a un lugar onde abundan os "abruños".
As variantes con g- para o nome desta árbore, existen desde antigo, como "gruñeiro", xa recollida por Sarmiento en Ourense. En efecto, aínda que "gruñido" non é recollido explicitamente nos dicionarios de galego, si figura recollido "gruñedo" co significado de "abruñedo"(cf. DDD E. Rodríguez. "Diccionario enciclopédico gallego-castellano").
Atopamos neste concello tamén a forma "(Rego do) Gruñido", que alude á mesma planta.
Existe un "Agruñido" en Galdo, e outro en Mañón, asemade, múltiplos "Agruñedo", "Abruñido", "Abruñedo" noutros lugares da Galiza.
Alternativamente, non é totalmente descartable que se tratase dunha deturpación de "Os Sangoñedos", aínda que semella máis improbable.
SAN ROXEL (microtopón. da Devesa)
Santo único na haxiotoponimia galega. Se realmente se trata dunha referencia a un santo, correspondería co nome Roger / Rogier de orixe francesa provenzal ou catalán que recolle Boullón na Antroponimia medieval galega (cf. A. I Boullón, "A estrutura do Dicionario dos apelidos galegos").
Na toponimia galega, amais deste Roxel, atopamos "As Roxelas" en Coirós (A Co).
Por outro lado, atopamos varios "Arroxelo", por exemplo no Grove (Po). Cabe a posibilidade de que "San Roxel" se trate dun "So Arroxel", ou aínda un "Os Arroxelos" que fose reinterpretado como "Os Sanrroxelos", e de aí singluarizado a "O Sanroxel". Aínda que semella unha evolución estraña, de feito E. Rivas rexistra un Sagra (O Carballiño) que procede de "As Agras", que sufriu igualmente unha reinterpretación e despois unha singularización. Sería, xa que logo, un fenómeno equivalente ao de San Lucas > As Sanlucas.
SANTALLA (Vilausende)
SANTABALLA (Vilausende)
As formas Santalla e Santaballa son evolucións do latín Sancta Eulalia para o galego. Refírese ao nome dunha mártir cristiá do final do século III .
SANTIAGO DE VIGO (microtopón de Ribadeo)
O lugar de Santiago de Vigo foi no século XII a poboación relevante de toda a contorna. Está atestado en 1151 nunha doazón feita por García Vermúdez ao mosteriro de Lourenzá. Nela quedan demarcadas as propiedades
“… quantum habeo et habere debeo ab aqua de Vigo usque ad aquam de Masma”, “das augas de Vigo ata as do Masma”.
Este barrio de Vigo foi despois chamado "Vilavella", por oposición á Vila Nova onde se edificou a catedral.

Sancta Eulalĭa pasou á toponimia galega coas formas Santa Baia, Santaballa, Santalla, Santaia e Santoalla. O seu culto debeu ser ben importante, pois Santa Alla é titular de 138 parroquias, a oitava máis frecuente. Como haxiotopónimo mantense na denominación parroquial en 21 casos.
SANTIAGO DE VIGO (microtopón de Ribadeo)
O lugar de Santiago de Vigo foi no século XII a poboación relevante de toda a contorna. Está atestado en 1151 nunha doazón feita por García Vermúdez ao mosteriro de Lourenzá. Nela quedan demarcadas as propiedades
“… quantum habeo et habere debeo ab aqua de Vigo usque ad aquam de Masma”, “das augas de Vigo ata as do Masma”.
Este barrio de Vigo foi despois chamado "Vilavella", por oposición á Vila Nova onde se edificou a catedral.
Conservouse dando nome ao Río de Vigo, que figura atestado no 1752 no Catastro de Ensenada para A Devesa
“… que llaman Rio de vigo”.
“… que llaman Rio de vigo”.
En canto a "Vigo", topónimo frecuente en Galiza, provén do latín vicus 'aldea' e remite a un asentamento semiurbano ou rural sen fortificar (cf. F. Pérez Losada: «Entre a cidade e a aldea. Estudio arqueohistórico dos “aglomerados secundarios” romanos en Galicia»: 26-34, in Brigantium, 13).
A voz "vigo" non tivo continuidade no galego, por tanto estes topónimos deberon conformarse nun marco cronolóxico antigo. En efecto, deberon ser asentamentos anteriores ao século IX, xa que na documentación que coñecemos a partir desta data non parece atoparse referencias posteriores a vicus, senón que se fala de uilla ou uillare,e máis tarde tamén de casale.
Por outra banda, a súa orixe non debe ser anterior ao século III, pois foi entón cando comezan a estenderse este tipo de asentamentos aldeáns polo Noroeste (cf. José C. Sánchez, 2008."Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media" : 78).
En resumo, o seu interese arqueolóxico pode ser importante, ao referenciar poboamentos abertos fundados nunha época coincidente co abandono dos castros.
O reparto maioritario destes topónimos nas provincias da Coruña, Lugo e no occidente asturiano é relacionado por algúns autores cos modelos sociais existentes antes da conquista romana. Ao sur de Galicia –con continuidade a Portugal– existen dende o século II a. C. grandes uillae de ata 20 hectáreas, integradas en redes comerciais que ligan co Mediterráneo e cunha acentuada hierarquización social (González Ruibal, 2006: 410-419). Por outra banda, ao Norte e tocando parte do occidente asturiano, atopariamos unha poboación non hierárquica, con pequenas poboacións e que evita a aparición de núcleos territoriais como os do sur (cf. A. Menéndez Blanco, 2015. "Toponimia ya arqueoloxía: dalgunos apuntes sobre’l sou usu complementariu a partir d’experiencias investigadoras na Asturias occidental": 92-93).
Este topónimo, abundancial en diminutivo de seixo, remite a un seixedo pequeno, lugar onde abundan os seixos ou coios.
A formación en diminutivo pode indicarnos que a extensión do lugar non era moi grande, ou ben que a abundancia de seixos no lugar era relativa. O que si confirma é a antigüidade do topónimo: xa na Idade Media este sufixo antigo -elo foi desprazado polo actual -iño, conservándose na toponimia e en voces específicas.
Por outro lado, a forma "Seixadelo" en lugar da esperada "Seixedelo" procede dunha disimilación vocálica, para evitar o triplo "e" na palabra. Poderíamos pensar nunha relación con "seixada" (golpe cun seixo), pero nese caso sería "seixadela", e aínda así non encaixaría moito para un topónimo.
SENDÍN (Couxela)
Procedente dunha (uīlla) Sendīnī, forma en xenitivo de Sendīnŭs, nome do antigo posesor da uilla (casal, granxa). É un nome de oixe xermánica, formado a partir do do xermánico *sinths ‘camiño’
SENRA, A (A Devesa, Vilaselán)
O termo "senra" designa unha "porción de terra cultivada, herdade, terreo de cultivo".
Tanto Senra como Seara teñen unha orixe prerromana común, na forma *sénara. Corominas asígnalle unha orixe celta, talvez de sen-ara 'cultivo separado' ou similar (cf. Corominas, DCECH, s.v. serna). E. Bascuas interprétaa tamén como celta, aínda que distinta etimoloxía, a partir de seno co suf. -ara
Ambas as dúas formas,"Seara" e "Senra", son topónimos frecuentes en Galiza. É interesante reparar que na parroquia de Insua (Ortigueira) conviven os dous topónimos, "A Senra" e "A Seara", o cal pode indicar que foron usados con acepcións distintas desde antigo.
Tanto "Seara" como "Senra" son topónimos frecuentes en Galiza.SESMO (microtop. de Cedofeita)
A voz "sesmo" remite á "sexta parte". Tratándose dun topónimo, aludirá a unha finca resultante da partición en seis partes dunha finca previa.
Xa está atestado na Idade Media (cf. GMH).
SILVEIRA, A (Covelas)
SILVEIRA, A (Vilaframil)
Aínda que na actualidade o apelativo "silveira" refira a unha extensión de silvas (o arbusto con espiñas que dá as amoras), neun topónimo é máis probable que se trate da acepción orixinario, como no latín silvaria "fraga desbrozada para o cultivo; lugar boscoso".
SIÑEIRA, A (A Devesa, Vilaselán)
De "señeira", posiblemente referido a unha "(casa) señeira", aludindo á situación que tivo a casa ou lugar, separada dun núcleo principal ou cunhas características particulares.
O dicionario de Cuveiro Piñol (1876) define o adxectivo señeiro como "Solo, separado, particular, especial ó sin par".
Por outro lado, ese mesmo dicionario define "señeiro" "(ant.) El pueblo ó territorio que tenia facultad para levantar pendon en las proclamaciones de los reyes". Penso que non sería o caso desta vila, non atopamos atestamentos para ela que lle dean un carácter particular que apoiaría esta interprtación.
É de notar que o dicionario de Aníbal Otero Álvarez (1967) recolle "siñeira" e "señeira" como "Aplícase a una castaña que está sola en el erizo". Esta acepción non semella que teña aplicación toponímica.
SOLIÑEIRA, A (microtopón. de Covelas)
Composto de "So-liñeira", referindo a unha terra situada ao pé dunha liñeira.
En canto a liñeira, indicaría un lugar onde se plantaba o liño, ou propicio para iso. O liño requería boa terra e con lentura. De feito, para este topónimo concreto, trátase dun lugar actualmente a prados.
SOMEDO (microtop. de Covelas)
Este topónimo alude, o mesmo que o seu cognado asturiado Somiedo e mais os varios Somedo galegos, a un cume, e deriva do latín summetum, conxunto de somos, a partir do latín summus 'o máis alto'. De feito, na mesma freguesía de Covelas atópase O Somo e mais O Corno do Somo.
SOMO, O (Covelas)
Tanto este "O Somo" como "O Corno do Somo", corresponden co apelativo "somo", do latín sŭmmus ‘o máis alto’.
O Somo queda nunha altura do terreo, o cal reforza esta interpretación.
O termo é recollido no dicionario de Marcial Valladares como “Cumbre, cima, pináculo, cresta” e “Lo más alto”.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra máis dunha ducia de "Somo" en Galiza, amais dun "Somos" .
Vexamos outros tres exemplos:
-"O Somo" de Santalla (Ribeira de Piquín) está preto do curuto dunha zona de monte.
- "O Somo" da Muxueira (Riotorto) está nun sitio chan pero ao pé tamén dun outeiro.
- No caso de Somos, en Bretoña (A Pastoriza), atópase nunha terra chá, aínda que ten pretiño del unha terra chamada "Os Castros", e a uns cen metros outra chamada "A Coroa", ambas as dúas semellando ser dous outeiros no medio dunha chaeira.
Dado o encaixe orográfico que semellan ter, así como a confirmación da acepción do dicionario, os "Somo" da toponimia deben remitir a unha cima ou outeiro.
TEIXEIRO (microtopón. de Vilausende)
Este topónimo alude a un lugar no que abundan as árbores chamadas "teixos (do latín taxu).
En efecto, este lugar xa é citado en 1373 con este nome:

"... em Teixeiro que he em frygesia de Santaalla de Vilousende .." (cf. E. Cal, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos". 1999).
TEIXIDO (Cedofeita -lugar de Piñeira)
Este topónimo alude a un lugar no que abundan as árbores chamadas teixos (do latín taxu).
TILLEIRA, A (microtopón. da Devesa)
TILLEIRA, A (microtopón. de Couxela)
Lugar onde fabricaban tellas, aproveitando as terras barrentas do lugar.
TOLDA, A (microtopón. de Vilausende)
Os topónimos Tolda foron estudados por E. Bascuas. A Tolda remitiría á tolda do muíño, ou talvez terían orixe máis antiga nunha idea de ‘charco ou canle de agua’. De feito, tal como indica Bascuas, estes topónimos quedan á beira de ríos ou regatos. Dada a "presenza constante" do artigo, interprétaos como de orixe moderna. Outra alternativa que indica Bascuas é a relación con tolda ‘emparrado’.
No caso que nos ocupa, nunha zona de prados, ten mellor encaixe a acepción relativa a augas.
TOLEIRAS, AS (microtopón. de Vilausende)
A voz "toleira" os dicionarios recollen tres acepcións que encaixarían na toponimia, unha relativa ás augas "canle pola que entra a auga na finca", e dúas relativas a morea, monte "morea de terróns para queimar, tola’, ‘monte que se cava e queima para sementar’ (cf. DdD). O cognado castelán "tollera" é recollido en Tierra de Aliste (Zamora), como «lugar de mucho barro».
Os topónimos "Toleira" foron estudados por Bascuas, quen remite a esas acepcións, e indica a súa orixe prerromana, en dous radicais homónimos *tul- , o primeiro derivado da raíz indoeuropea *ta- 'derreter, fluír' e o segundo da raíz indoeuropea *teu 'inchar', da cal proviría a acepción de "morea, monte" (cf. E. Bascuas, 2006. "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
TOMBO, O (microtopón. de Couxela)
TOMBO, O (microtopón. de Covelas)
TOMBO, O (microtopón. da Devesa)
TOMBO, O (microtopón. de Piñeira)
TOMBO, O (microtopón. de Vilaframil)
TOMBO, O (microtopón. de Vilaselán)
TOMBO, O (microtopón. de Vilausende)
O termo "tombo" ten varias acepcións. Neste caso, debe ser interpretado como "lomba, ribazo". Cf. A. Otero (1956), "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", DdD.
TORTELAS DE ABAIXO, AS (microtopón. de Vilausende)
TORTELAS DE ARRIBA, AS (microtopón. de Vilausende)
Probablemente aludan a unha característica torta (curva) do terreo, ou ao regato que por alí pasa, ao ser unha zona de prados.
É de notar que, aínda que Francisco Villar liga os topónimos "Tortela", "Tortilla" e similares co tema antigoeuropeo (prerromano) *tur-, tal como indica Edelmiro Bascuas, non hai razón para pensar nunha orixe alternativa á romance derivada do latín tortus (cf. E. Bascuas, 2006. "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
TRANCOEIRAS, AS (microtopón. de Piñeira)
Topónimo único en Galiza e de interpretación complexa.
Podería aludir metaforicamente á forma do terreo, combado. Sería por tanto un sinónimo de "camba": en efecto, nos Azores consérvase este termo "trancoeira",
'as concavidades que assentam nos pescoços dos bois, situadas entre os canzis' (cf. p. 235, J. dos Santos, 1989. "Os Açores nos sécs. XV e XVI - Volume 1" aquí).
En Portugal atópase un Trancoeira na freguesía de Marrazes (Leiria).
TRASGUNDÍN (microtopón. de Covelas)
Topónimo que remite á situación do lugar tras (detrás, ao outro lado) de Gundín.

No entanto, na contorna non temos contancia de ningún Gundín, o que si hai é un Gudín preto, por tanto é plausíbel pensar que este Trasgundín remite a ese Gudín, cunha nasal espúrea.
Ver "GUDÍN" para máis detalles.
Ver "GUDÍN" para máis detalles.
TRAPA, A (Cedofeita)
TRAPELA, A (Piñeira)
Remitirá a un lugar onde se armaba unha ‘trampa para animais’. Tamén poderíamos interpretalo nun sentido metafórico de lugar encaixado ou similar.
No caso de Trapela, diminutivo de trapa, ao ser recollido na beiramar, pode aludir a un sentido máis xocoso.
O apelativo "trapa" figura nos dicionarios con diversas acepcións. Eladio Rodríguez recólleo como
“Porta ou trampa no piso”, e Elixio Rivas recolle a acepción de “Pequeña madera, accionada por medio de un larguero, para cortar el agua del molino”. Constantino García indica a acepción de “Puerta abatible en un agujero que da paso a un lugar bajo, o sobre la cocina” (o mesmo que "trapela") e mais como “Trampa”.
TRAVESA, A (microtopón. da Devesa)
TRAVESAS, AS (Ove)
Os topónimos "Travesa(s)" aluden en xeral a terras dispostas nun sentido "cruzado" con respecto á disposición doutros terreos.
Porén, para o caso do lugar de Ove, indica Rocío Dourado que a motivación podería vir das barreiras do paso a nivel do antigo ferrocarril do mineral que alí se encontran (cf. R. Dourado. "Aproximación á toponimia das freguesías de Arante, Cedofeita, Couxela,Covelas, A Devesa e Ove do concello de Ribadeo: núcleos habitados").
TREITA, A (microtopón. de Ove)
A voz "treita" recóllena os dicionarios con dúas acepcións que encaixan na toponimia:
- Camiño pendente por onde se arrastan cousas costa abaixo.
- Tira de terreo que se separa por ramos ou palla para guiar o semeador. Por extensión, tira estreita de terreo.
Similarmente, Manuel Lorenzo indica para Treita e Treitoiro que "tanto en galego coma en portugués son camiños estreitos" (cf. M. Lorenzo, "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga").
TROBO (microtopón. da Devesa)
TROBO, O (microtopón. de Piñeira)
TROBOS, OS (microtopón. de Ove)
O dicionario define "trobo" como "colmea, tronco oco de árbore". Cf. DdD.
Xeralmente refírese á colmea feita de cortiza ou do tronco de árbore.
Con todo, os dicionarios recollen tamén acepcións relacionadas máis xerais, como ‘oquedade’ ou ‘concavidade’, o cal tamén podería encaixar no caso dun topónimo.
A súa etimoloxía é prerromna, dunha forma *trobanu. Así Bascuas relacionouno coa raíz indoeuropea *treb- ‘construción de madeira’, vivenda’, da mesma raíz que no latín trabs ‘trabe’, o irlandés medieval treb ‘casa’ e antigo galés treb ‘vivenda’.
É un topónimo con certa presenza na provincia de Lugo, en Barreiros, na Fonsagrada, Ourol, Vilalba, Abadín. Atopamos tamén Os Trobos en Cospeito, así como El Trobo nos concellos Eonaviegos de Castropol e a Veiga.
ULLEIRO, O (microtopón. da Devesa)
Ver "OLLEIROS, OS".
VALIÑA DE BAIXO, A (microtopón. de Ove)
VALIÑA DE RIBA, A (microtopón. de Ove)
VALIÑA DE CORVELLE, A (microtopón. de Ove)
O termo "valiña" é a forma en diminutivo do substantivo "val". A preservación neste caso do xénero femenino (tal como tiña o seu étimo latino) apunta para un topónimo ben antigo.

O nome Corvelle deriva de *(uilla) Corvilii, forma en xenitivo de *Corvilius, nome do posesor alto-medieval da uilla (granxa, explotación agríola), nome de orixe latina (cf. J. M. Piel, 1947. "Nomes de ‘possessores’ latino cristiãos na toponímia asturogalego-portuguesa").
VAO, O (microtopón. de Covelas)
VAO DE SA, O (microtopón. de Covelas)
Topónimos transparentes, remitindo a un lugar polo que se cruzaba (vadeaba) o río sen necesidade de barca.
VEDRAL, O (microtopón. de Covelas)
VEDRAL, O (microtopón. de Cedofeita)
VEDRALES, OS (microtopón. de Ove)
Un "vedral" remite a un lugar onde abundan os "bedros", ou "bredos", a planta de nome científico amaranthus blitum.
O profesor Navaza fai igualmente esta interpretación destes topónimos, aínda que indica a posibilidade dalgún deles de provir alternativamente dun abundancial de bidro 'bedueiro' ou aínda de vidra 'vástago de vide, videira' (cf. G.G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
VEDRAS, AS (microtopón. de Ove)
O adxectivo arcaico "vedra" deriva do latín uetera(m) 'vella'. A forma elítica "As Vedras" remite á antigüidade dalgún elemento do lugar. Na toponimia galega atopamos Casas Vedras, Bouzas Vedras, Eiras Vedras, Rozas Vedras, etc. O elemento concreto é difícil de establecer. Talvez "(eiras) vedras", por estar preto das casas.
O que si é seguro é a antigüidade do topónimo, pois a voz"vella" axiña reemprazou a forma "vedra".
É de notar que. aínda que nalgúns casos a forma "vedra" vén dunha forma "vreda" < vereda, non sería neste caso pois non hai montes our ríos que cruce, trátase dun sitio chan preto do mar.
VEDRO O (microtopón. de Covelas)
VEDRO O (microtopón. de Arante)
A voz "vedro" ten dúas acepcións na toponimia, a primeira como sinónimo de "vello", calificando a un elemento do lugar ou en relación a el
A segunda acepción, en xeral a máis probable, un "vedro" designa un "monte de rozas, que se cava para cultivalo con trigo ou centeo" (cf. DdD).
VEIGA DE SANTE, A (microtopón. de Cedofeita)
Veiga pertencente ao lugar de Sante.
Este lugar está atestado no Catastro de Ensenada de Couxela (1753), no cal se atopaba a "Feligresia de San Julian de Sante".

O topónimo terá orixe nunha *(uilla) Sancti, forma en xenitivo de Sanctius, nome do antigo posesor. É un nome de orixe latina (cf. p. 1163 N. Ares, 2011, "Estudos de toponimia galega").
VEIGA DE ZAPIA, A (microtopón. de Arante)
Esta Veiga de Zapia, ao pé do Rego do Fraguín, ten un nome interesante pero de orixe incerta.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra tamén un "Rego de Zaipa" en Xermade. Ademais, existe o topónimo Zapia en San Miguel de Reinante. Semella que estamos fronte dun hidrónimo, algunha referencia a augas, talvez charca ou similar.
Podemos aventurar que Zaipa e Zapia deriven dunha forma prerromana *Sal-ap-p-ya , hidronímico de orixe indoeuropea, cun significado de 'charca, arroio da charca, lagoa' . Estaría composto polas raíces indoeuropeas *sal- 'sal, auga estancada' e *ap- 'auga, río' .
A evolución de *Salappya para Zapia non presenta ningunha particularidade (*Salappia>Saapia> Zapia)
A hipótese desta orixe en *Salappia é detallada na entrada Zaipa Mirachi do blog A Pena da Cataverna.
VENDA, A (Couxela -lugar da Venda)
topónimo transparente, referido á ‘acción de vender, aludindo á antiga existencia dunha "venda" ou a un terreo ou porción de terra que foi vendida nalgún momento da historia.
VERDEAL, O (microtopón. de Covelas, microtopón. da Devesa)
Tal como indica Gonzalo Navaza, este topónimo debeu remitir á flora do lugar (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Podemos interpretalo como aludindo ao vizosa e produtiva que era o terreo.
VESADA, A (A Devesa)
Derivado do latín terra versata "terra virada", de versu ‘rego aberto polo arado’ e de versare ‘virar, voltear’.
VIACOVA (microtopón. de Couxela)
Composto "vía cova", que alude a unha vía ou camiño cóncava, profunda, unha congostra que queda entre valados.
VILANDRIZ (A Devesa)
Dada a forma con Vila e a terminación -riz, é clara a alusión ao nome dun antigo posesor dunha uīlla (casal, granxa, explotación agrícola) altomedieval.

Está atestada no 1002 nos Tombos da Catedral de Mondoñedo como uilla Aldrisi e villam Aldrit. ".. uilas cum suas adprestancias id sunt pernominatas Sisto, Sindi, Uilare, Manosindi, uilla Fredimiri, uilla Aldrisi, uilla Uolisi, Felcosa et Quintana et Eouo et Uilela ..."
".. et familia Braladuiro cum hereditate et familia Villam Aldrit cum hereditate ..." (cf. E. Cal, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo).
Aparece novamente atestada no mesmo arquivo como Villa Aldriz en 1258 e como Vilaldrís en 1418.
Debe provir, xa que logo, dunha Uilla Alderici, forma en xenitivo de Aldericus, nome do antigo posesor (cf. p. 318 de N. Ares, 2011, "Estudos de toponimia galega").
Aldericus é un nome de orixe xermánica, o cal non quere decir que o posesor tivese tal orixe, senón que estaban de moda estes nomes nesa época altomedieval.
VILAFRAMIL (Vilaframil)
Composto cunha orixe en Uilla Fradimiri, forma en xenitivo de Fradimirus, nome do antigo posesor da uilla (casal, granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
En efecto, aparece atestado nun documento do ano 1002 como "uilla Fredimiri":
".. uilas cum suas adprestancias id sunt pernominatas Sisto, Sindi, Uilare, Manosindi, uilla Fredimiri, uilla Aldrisi, uilla Uolisi, Felcosa et Quintana et Eouo et Uilela ..." (cf. E. Cal, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo).
No ano 1202 aparece como "Uilla Fraamir":
".. cautum de sancta Eolalia de Diuisa cum uilla que dicitur Uilla Fraamir et cum hereditate sancte Marie de Monte villam que dicitur Uillaurt cum..." (CDMACM 25: 45)
Notar, como sempre, que o feito de o nome ter orixe xermánica non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Alta Idade Media.
VILAGOÍZ (A Devesa -lugar de Vilagoíz)
Este topónimo remite a unha uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola), onde Goíz é a forma evoluída dun nome ou patronímico ("apelido") dun antigo posesor. Canto ao detalle da orixe concreta de tal nome, hai varias interpretacións, tal como se comenta de seguido.
Aparece atestado nun documento do ano 1002 como uilla Uolisi :
".. uilas cum suas adprestancias id sunt pernominatas Sisto, Sindi, Uilare, Manosindi, uilla Fredimiri, uilla Aldrisi, uilla Uolisi, Felcosa et Quintana et Eouo et Uilela ..." (cf. E. Cal, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo).
Segundo Joseph Piel, o patronímico Gaudizi, viría do nome persoal Gaudius (cf. J.M. Piel, 1948. "Nomes de “possessores” latino-cristiãos na toponímia asturogalego-portuguesa").
Nunha liña interpretativa similar, Rocío Dourado remite a unha *Uilla Gauditii, a partir do nome Gauditĭŭs ou Gaudicĭŭs.

Por outro lado, Nicandro Ares interpretouno, en base ao documento indicado, como derivado do xentilicio latino Volisius (cf. p. 370 de N. Ares, 2011, "Estudos de toponimia galega").
VILAMARIZ (Arante -lugar de Vilamariz)
Figura atestado como "Maariz" nun documento do século X (cf. GMH). Aparece como "Villamariz" no Catastro de Ensenada para Arante (1752).
O topónimo vén dunha Uilla Malarici, forma en xenitivo do antropónimo Malaricus, posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola) que debeu haber nese lugar. É un nome de orixe xermánica.
VILAR (Piñeira)
VILAR, O (A Devesa)
VILAR, O (Covelas)
VILAR, O (Ove)
O termo "vilar" inicialmente indicaba unha explotación agraria situada na estremeira dunha uilla, da cal se vai progresivamente escindindo ou esguizando ata adquirir entidade propia" (Cf. p. 221 de C. Baliñas. "Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na Alta Idade Media (séculos VIII e IX)").
É moi probábel que na orixe de moitos dos topónimos baseados en "vilar" ou derivados proveñan de significados de carácter máis ben agronímico, máis que de núcleos habitados.
Porén, na actualidade, os dicionarios refiren a un "casarío", "aldea pequena, lugar pequeno", se ben tamén recollen o termo como "conxunto de terras a labradío, cercadas ou pertencentes a varios donos". Rivas Quintas rexistra en Vilalba a acepción "Conjunto de fincas que siguen los mismos cultivos, polígono de labradíos", e F. J. Rodríguez nesa mesma zona: "heredad grande, que descansa y se aplica a centeno [...], de varios partícipes". Unha acepción de Leandro Carré, que pasou logo para dicionarios posteriores, foi "Campo en barbeito ou restreva despois de recollido o froito".
VILARÍN (Vilaframil)
Diminutivo de vilar, vilar pequeno. Ver "VILAR" para máis detalles.
VILASELÁN (Vilaselán)
Derivado un Uīlla Sanillani, forma en xenitivo de Sanilla, nome do antigo posesor da uilla (casal, granxa). É un nome de oixe xermánica, atestado en Galiza (e.g cf. 1032, Tombo Celanova TC, fol. 134r.).
É de notar que a orixe do nome xermánica non é significativa en canto á etnia do posesor da uilla, pois eran os nomes de moda na Alta Idade Media.
Esta freguesía figura atestada como sancta Maria de Uillaselani no 1124:
Unhas décadas despois (1164) aparece transcrito como Uillaselam (reflexando a nasal final).
Esta freguesía figura atestada como Uiladosindi no 1024:

... sanctus Iohannes de Pinnaria sancta Maria de Uillaselani sanctus Iohannes Euue sancta Eolalia de Uillaausendi (CDMACM 11: 25)
Unhas décadas despois (1164) aparece transcrito como Uillaselam (reflexando a nasal final).
.. sanctum Iacobum de Uigo et sanctam Mariam de Uillaselam et sanctum Iohannem de Pineira (CDMACM 17: 34)
VILAUSENDE (Vilausende)
Derivado de Uilla Ausindi, forma en xenitivo de Ausindus, nome do antigo posesor da uilla altomedieval (casal, granxa). É un nome de oixe xermánica, atestado en Galiza (e.g cf. Tombo Celanova 1025).
Nicandro Ares postulou o nome ser Audesindus (HGN, 31/13-14).
ecclesia sancti Petri de Pignario sancte Eolalia de Uiladosindi sancto Iacobo de Ables et alia uila in Pinario uilla de Castro alia uilla in Coiegella et alia in Asanza Ueiga de Tobulata et stat concampiata pro uilla de Monte Auto Ueiga de Ables.
Por outro lado, no 1124 aparece como Uillaausendi
" .. sanctus Uincencius de Couelas sancta Maria de Citofacta sanctus Iulianus de Cauarcos sanctus Iustus sancta Christina de Cellario et duas ermidas sanctus Stephanus de Pagadi et sanctus Stephanus de Aquis Sanctis. Post partem regis sancta Eolalia de Deuesa sanctus Iohannes de Pinnaria sancta Maria de Uillaselani sanctus Iohannes Euue sancta Eolalia de Uillaausendi sanctus Iacobus de Coegela sancta Eolalia de Sanci sancta Maria de Tabulata / et duas ermidas sanctus Iulianus de Reuoredo et sanctus Tomas de Asanza et Porto.
No ano 1373 aparece coa forma actual Vilousende:
".. que he em frygesia de Santaalla de Vilousende ..
VILAVELLA, A (Ove)
Topónimo transparente.
Topónimo transparente.
A enseada de Vilavella foi o emprazamento orixinal da freguesía de Ribadeo, tal como consta a mediados do séc. XII. Alí quedaba, ademais, a primitiva igrexa de Santiago de Vigo.
VILELA (Covelas -lugar de Vilela)
Diminutivo de "vila", usando o antigo sufixo diminutivo -ela. O termo vila, do latín uilla, foi aplicado na documentación antiga galega aos casais ou granxas rurais. Posteriormente triunfou a acepción de "poboación de tamaño medio", que é a acepción actual. Así, recollemos aínda na actualidade na zona de Viveiro a expresión "ir á vila" por "ir a Viveiro" ou na Comarca de Ortigueira para se referiren a Ortigueira.
Dada a antigüidade do topónimo, atestada polo antigo sufixo -ela, debeu aludir a un pequeno casal, granxa.
VISO, O (microtopón. de Cedofeita)
Un "viso" designa un sitio alto, sitio elevado.
XABARIZA, A (microtopón. de Covela)
Posiblemente a "A (terra) xabariza" aludindo á orixe do posesor, que sería de Xabariz (Barreiros).
Alternativamente, estaría relacionado con 'xabaril', se comparamos este topónimo con outros topónimos galegos da mesma terminación, como Ovellariza, Pastoriza, Vacariza, e talvez Gatariza ou Valariza. Dubidamos, no entanto, que o apelativo "xabariz" tivese uso na comarca.
XALFREA, A (microtop. de Piñeira)

Este micropónimo remitiría á "A (terra de) Xalfreu". O uso da forma en femenino nos microtopónimos para se referir ás terras dun posesor é relativamente frecuente.
En canto ao nome Xalfreu, podería vir de Wilfredu, nome de orixe xermánica atestado en Galiza na época altomedieval. De feito, a súa pegada consérvase na toponimia coa forma "Guilfrei" (Becerreá). Esta hipótese, aínda que poida resultar estraña a evolución, está en coherencia con varias series de topónimos (cf. X. L. González, 2021. "O topónimo Ximarás e o seu elenco").
XAN GALO (microtopón. de Couxela)
Posiblemente refira á mesma persoa que a "ILLA DE XAN GALO".
Ver "OS GALOS" para máis detalle..
XARDÍN, O (Ove)
XARDÍN, O (microtopón. de Vilausende, A Devesa, Vilaframil)
Topónimo transparente. Probablemente cun senso metafórico (positivo, desiderativo ou pexorativo), pois hai moitos topónimos "xardín" localizados en sitios non apropiados para ser un xardín (e.g. cando están lonxe de lugares habitados).
Segundo Crespo Pozo, tería a acepción de "horto, horta pequena" (cf. J. S. Crespo, "Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego ..". Vol II, 1979).
XARELA, A (microtopón. de Covelas)
Os dicionarios definen "xarela" como "persoa descarada e pouco formal no falar". Estaríamos, por tanto, diante dun topónimo que remitiría ao alcume do dono ou dona destas fincas.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outra Xarela en Cariño, así como un O Xarelo, núcleo de poboación das Pontes.
XÍMAROS, OS (microtopón. de Covelas)
Topónimo que remite ao alcume duns antigos posesores do terreo, posibelmente orixinarios dun lugar Xímara.
O topónimo Xímara deriva do nome altomedieval Uimara, nome de orixe xermánica. Aínda que poida resultar estraña a evolución, con palatalización da consoante inicial, está en coherencia con varias series de topónimos (cf. X. L. González, 2021. "O topónimo Ximarás e o seu elenco").
Relacionados con este nome, o Nomenclator rexistra outra Xímara na Pontenova e varios Ximará(s), como en Viveiro, Moeche, Xuances, Alfoz e Cospeito. Tamén atopamos a Pena de Ximarao en Cedeira, Ximarei en Cospeito, Xemaré en Xermade, etc.
Comentarios
Publicar un comentario