A toponimia do concello de Ribadeo é un reflexo da rica macro e micro historia das poboacións que aquí se asentaron e medraron. Xa que logo, atopamos desde innúmeros topónimos de orixe prerromana, entre os que temos o río Eo e posiblemente tamén Arante. De aí pasamos aos de orixe romana e seguimos cos ecos de antigas uillae altomedievais como Cinxe, Marelle ou Vilausende. A Graña tamén é de orixe medieval, como puideron ser tamén Os Bestilleiros. Xa máis preto dos nosos tempos, as doenzas d'Os Malatos tamén se achegan á toponimia do concello. A páxina achega, pois, este percorrido, en orde alfabética, que pretendemos sexa usado como material de consulta para aqueles que tivesen interese polo que hai agochado tras dos nomes dos lugares. Nota: non reproducimos a lista exhaustiva, excluímos aqueles con significado transparente. ---------- ABAIRA, A (microtopón. de Ove) ABAIRA, A (microtopón. de Arante) Comezamos a lista cun topónimo interesante pero cunha int...
Toponimia do Concello de Ribadeo